Delegación do Goberno en Galicia
Aparencia
A Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia depende do Ministerio de Política Territorial e Función Pública de España.
Constitución española de 1978. Título VIII, Artigo 154: Un delegado nomeado polo Goberno dirixirá a administración do Estado no territorio da Comunidade Autónoma e coordinaraa, cando proceda, coa administración propia da Comunidade.
Delegados do Goberno en Galicia
Datas do mandato | Delegado | Partido | ||
---|---|---|---|---|
20-08-1981 | 17-05-1996 | Domingo García-Sabell | PSOE | |
17-05-1996 | 12-05-2000 | Juan Miguel Diz Guedes | PP | |
15-05-2000 | 30-01-2004 | Arsenio Fernández de Mesa | PP | |
23-04-2004 | 24-09-2009 | Manuel Ameijeiras Vales | PSOE | |
24-09-2009 | 01-04-2011 | Antón Louro Goyanes | PSOE | |
01-04-2011 | 14-10-2011 | Miguel Ángel Cortizo Nieto | PSOE | |
14-10-2011 | 05-01-2012 | Xosé Manuel Pose Mesura | PSOE | |
05-01-2012 | 14-11-2014 | Samuel Juárez Casado | PP | |
14-11-2014 | 19-06-2018 | Santiago Villanueva Álvarez | PP | |
19-06-2018 | no cargo | Francisco Javier Losada | PSOE |
Subdelegacións provinciais
O Delegado do Goberno en Galicia está asistido por catro subdelegados, un por cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, con funcións similares as que anteriormente tiñan os gobernadores civís, aos que substituíron no ano 1997.[1]
Os titulares, con indicación do período do mandato de cada un deles, foron os seguintes:
Subdelegación do Goberno na Coruña
- Véxase tamén: Gobernadores civís da Coruña.
- 1997-2001: Fernando Rodríguez Corcoba
- 2001-2004: José Manuel Pérez Díaz
- 2004-2007: Obdulia Taboadela Álvarez
- 2007-2011: Xosé Manuel Pose Mesura
- 2012-2018: Jorge Atán Castro
- No cargo dende 2018: Pilar López-Rioboo Ansorena
Subdelegación do Goberno en Lugo
- Véxase tamén: Gobernadores civís de Lugo.
- 1997-2004: José Antonio Labrada Losada
- 2004-2009: Jesús Otero Calvo
- 2009-2012: José Vázquez Portomeñe
- 2012-2017: Ramón Carballo Páez
- No cargo dende 2018: María Isabel Rodríguez López
Subdelegación do Goberno en Ourense
- Véxase tamén: Gobernadores civís de Ourense.
- 1997-2000: Jesús de Juana López
- 2000-2004: Rosendo Luis Fernández Fernández
- 2004-2012: Camilo Isaac Ocampo Gómez
- 2012-2018: Roberto Castro García
- No cargo dende 2018: Emilio González Afonso
Subdelegación do Goberno en Pontevedra
- Véxase tamén: Gobernadores civís de Pontevedra.
- 1997-2004: Alejandro Millán Mon
- 2004-2012: Delfín Fernández Álvarez
- 2012-2016: Antonio Coello Bufill
- 2017-2018: Ana María Ortiz Álvarez
- No cargo dende 2018: Carmen Larriba García
Notas
- ↑ Ley 6/1997, de 14 de abril, de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina da Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia no sitio web do Ministerio de Política Territorial e Función Pública.