Tiermes
Tipo | sitio arqueolóxico romano | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Montejo de Tiermes, España | |||
| ||||
Características | ||||
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio | ||||
Data | 6 de xullo de 2009 | |||
Data de remate | 30 de novembro de 2017 | |||
Identificador | yacimiento_arqueologico_tiermes | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 1 de outubro de 1999 | |||
Identificador | RI-55-0000591 | |||
Tiermes (Termancia; en latín, Termantia) é un sitio arqueolóxico situado no concello de Montejo de Tiermes, no suroeste da provincia de Soria entre os límites da meseta superior e o val do Texo a 1.200 metros de altitude nun outeiro de arenito vermellos na que varios edificacións foron talladas na rocha.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Termes foi un poboado dos arévacos na Celtiberia durante a Idade do Ferro que estaba nun outeiro. Ao se produciren as Guerras celtiberas, aliouse con Numancia e, durante este período, resisitiu aos romanos cando foi atacado polo cónsul romano Q. Pompeio no 141 a.C., quen asinou un tratado con Termes e Numancia no 139 a.C.
O tratado foi anulado polos romanos, aínda que as hoistilidades non afectaron a Termes. Finalmente, a finais do século II a.C., Roma continuou a súa conquista alén de Numancia e no 98 a.C., Termes foi asaltada e vencida polo cónsul Tito Didio, quen destruíu a Termes celtibérica inicial e obrigou aos termestinos a abandonar o lugar. Uns marcharon mais a maioría trasladouse á zona cha á beira da rocha orixinal, dando lugar á un novo poboado que foi romanizado como Termantia.[1] Posteriormente, tivo que pagar tributo (civitas stipendaria), comenzando un lento proceso de romanización.
A partir do ano 70 a.C., a cidade comezou unha importante renovación urbana, utilizando os tres sucalcos do outeiro, especialmente o do medio, onde se situarían os edificios máis importantes no futuro. A cidade probablemente recibiu o título de Municipium durante o reinado do emperador Tiberio. Termantia foi asignada ao Conventus cluniensis e a partir de entón comezou a tomar forma a cidade hispano-romana, cuxo período de maior esplendor foi entre os séculos I e II d.C. Estaba dotada de grandes edificios públicos, dous foros (primeiro foro xulio-claudiano e despois un foro flavio), termas, un posible teatro, un acueduto e desenvolvemento urbano adecuado para a situación da cidade nun penedo de arenitos rodeado de gargantas fluviais e bosques.
Unha característica particular de Termes, e a máis espectacular hoxe en día, é a técnica de escavar edificios en rocha sólida, posteriormente perfeccionada coa introdución de técnicas de construción romanas. A cidade ten numerosos restos de edificios con este tipo de arquitectura, tanto edificios privados (Casa dos Hornaceros, Casa del Acueducto ...) como públicos (chanzos de rocha, Teatro, ...) e infraestruturas (acuedutos urbanos, drenaxes, estradas, ...). A construción da muralla a finais do século III indica que a cidade mantivo o seu carácter que durou polo menos ata mediados do século IV, mais trala caída do Imperio Romano perdeu importancia e converteuse nunha pequena aldea que baseaba a súa riqueza nos gandos, montes e minas.[2]
Época postromana
[editar | editar a fonte]Coñécese moi pouco dos períodos visigodo e islámico.
Idade Media e Moderna
[editar | editar a fonte]Hai unha ermida románica do século XIII, Nosa Señora de Tiermes.[3]
O núcleo desapareceu no século XIV a xulgar polos restos dos enterramentos da necrópole, aínda que se mantivo como parroquia ata o século XVI.
Época contemporánea
[editar | editar a fonte]Narciso Sentenach realizou a primeira campaña oficial de escavación en 1910-1911 e Blas Tarracena na década dos 30 comezou as escavacións sistemáticas. Entre os restos arqueolóxicos de época romana salientan o acueduto, unha mansión denominada Casa do Acueduto con restos de pinturas murais; o Castellum Aquae, coñecido popularmente na zona como El Castro e que tiña a función de distribuír a auga que viña polo acueduto aos diferentes puntos da cidade; o foro, a muralla e a necrópole.
-
Vista xeral do conxunto arqueolóxico de Tiermes
-
Bancadas escavadas na rocha
-
Esquina das termas
-
Restos dos foro Flavio
-
Casas escavadas na rocha
-
Túnel do acueduto
-
Canalización
-
Ermida románica de santa María de Tiermes
-
Cabeza de Tiberio procedente de Tiermes, no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid).
Conservación e Museo
[editar | editar a fonte]O sitio está protexido como Zona Arqueolóxica. Hai un museo no lugar, un posto avanzado do Museo Numantino de Soria. A Asociación de Amigos do Museo de Tiermes - AAMT - é unha ONG que se creou en 1988. A AAMT está preocupada pola protección do medio ambiente e a promoción dun turismo sostible. O programa europeo LIFE proporcionou financiamento no período 2003-2006 para desenvolver o turismo ecocultural por ser unha zona economicamente marxinada. Implementáronse accións para a conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico e natural.[4] O proxecto identificou o potencial para a declaración dunha zona de especial protección para as aves.[5]
A vida salvaxe tamén inclúe lobos e Encinares de Tiermes, un lugar de importancia comunitaria, foi designado Área especial de conservación da especie en 2015. As actividades dispoñibles en Tiermes inclúen visitas guiadas e astronomía no ceo escuro.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rabal 1888, p. 454
- ↑ Olmeda 1975, p. 57
- ↑ Rabal 1888, p. 465
- ↑ "TIERMES-CARACENA VALLEY". webgate.ec.europa.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2021.
- ↑ "Solicitan que Tiermes-Caracena obtenga la declaración de Zona de Especial Protección para las Aves". heraldodiariodesoria.elmundo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2021.
- ↑ "Jornadas Astronómicas AstroTiermes. Montejo de Tiermes, Soria". astrotiermes.es. Consultado o 25 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tiermes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Olmeda, Mauro (1975). El desarrollo de la sociedad española. Vol. I. Los pueblos primitivos y la colonización (en castelán). Madrid: Editorial Ayuso. ISBN 84-336-0069-9.
- Rabal, Nicolás (1888). "Una visita a las ruinas de Termancia". Boletín de la Real Academia de la Historia XII: 451–470. ISSN 0034-0626.