Théâtre des Champs-Élysées
Aparencia
Théâtre des Champs-Élysées | |
---|---|
Cidade | Quartier des Champs-Élysées |
País | Francia |
Inauguración | 1913 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Théâtre des Champs-Élysées é un teatro que se atopa na 15, Avenue Montaigne, no 8º arrondissement de París, Francia. Aberto ao público en 1913 por iniciativa do xornalista e empresario de espectáculos Gabriel Astruc, foi deseñado polo arquitecto francés Auguste Perret. En principio, pretendía ser unha sala de espectáculos adecuada para música contemporánea, danza e ópera, en contraste coas institucións máis tradicionais e conservadoras como a Ópera de París. Foi no Teatro dos Campos Elísios que a compañía de ballet rusa Ballets Russes fixo a estrea mundial de "Le Sacre du printemps" de Igor Stravinsky, a 29 de maio de 1913.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.history.com (ed.). "Stravinsky's Le Sacre du printemps makes its infamous world premiere" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19/02/2017. Consultado o 18/02/2017.
- ↑ Ramos, Paul-John (2003). www.classical.net, ed. "Stravinsky's Le Sacre at 90".