The Village Voice
The Village Voice | |
---|---|
Fundación | 1955 |
Editorial | Voice Media Group |
Lingua | lingua inglesa |
Localidade | Nova York |
ISSN | 0042-6180 |
Na rede | |
http://www.villagevoice.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Village Voice é un periódico estadounidense coñecido por ser o primeiro semanario do país. Fundado en 1955 por Dan Wolf, Ed Fancher e Norman Mailer, Voice comezou como unha plataforma para a comunidade creativa da cidade de Nova York. Dende a súa fundación, The Village Voice recibiu tres Premios Pulitzer, o Premio National Press Foundation e o Premio George Polk. The Village Voice contou cunha gran variedade de escritores e artistas, incluíndo o escritor Ezra Pound, a debuxante Lynda Barry e os críticos de arte Robert Christgau, Andrew Sarris e J. Hoberman. Dende que cesou a súa publicación impresa en 2017, Voice fai publicacións diarias a través da súa páxina web.
En outubro de 2015, The Village Voice cambiou de dono e cortou tódalas ligazóns coa compañía Voice Media Group (VMG).[1] The Voice anuncou o 22 de agosto de 2017 que deixaría de publicar impreso e comezarían a publicar completamente en Internet.[2] A derradeira edición impresa, que tiña unha foto de 1965 de Bob Dylan na portada, foi distribuída o 21 de setembro de 2017.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joe Pompeo, "Village Voice sold to new owner,"
- ↑ John LeLand and Sarah Maslin Nir, "After 62 Years and Many Battles, Village Voice Will End Print Publication,"
- ↑ Helmore, Edward (21 de setembro de 2017). "The Village Voice prints its final edition – with Bob Dylan on the cover". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)