Castelo de Viana do Bolo
Castelo de Viana do Bolo, Torre de Viana do Bolo | |
---|---|
Conxunto Histórico-Artístico | |
A torre da homenaxe que se conserva. | |
Parroquia | Viana do Bolo, Viana do Bolo |
Concello | Viana do Bolo |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°10′50″N 7°06′57″O / 42.180539, -7.115825 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Viana do Bolo, agora máis coñecido como Torre de Viana do Bolo, foi un castelo construído na Idade Media en Viana do Bolo, cando a vila gozaba de foro e goberno propios. Consérvase a torre da homenaxe, de base cadrada e 32,7 metros de altitude.[1] O soto da torre está cuberto cunha bóveda de canón reforzada por tres arcos transversais apuntados. Consérvase a porta de entrada ao patio de armas e a porta do patio de honra. Hoxe alberga o Museo Etnográfico de Viana e unha sala de exposicións con cadros doados do pintor vianés, Nelson Zume.[2] Foi declarada Monumento Histórico-Artístico o 22 de abril de 1949.
Historia
[editar | editar a fonte]Construído no século IX para a defensa contra os musulmáns e posteriormente destruído na defensa da vila. En 1180 o rei Fernando II chegou a Viana, que daquela estaba deshabitada, e ordenou a reconstrución da torre e a repoboación da vila. A torre pasou a pertencer a Casa de Lemos, en primeira instancia a Fernando Osorio de Castro, despois Henrique II cedeullo a Pedro Enríquez. Foi reconstruída no século XV tras sucesivos conflitos, e Filipe II converteuna en cabeza de marquesado a favor de Pedro Pimentel, fillo do conde de Benavente,[1] que colocou o escudo que vemos hoxe.[2]
(A torre de Viana) “é unha das máis grandes deste Reino (de Galicia), tanto en fábrica como en altura (...). Posúe un gran valado e contramuro, foso e contrafoso, e desde el baixaba unha escaleira abovedada baixo terra para sacar auga do río Bibei. Tiña un castro como todos os demais do Reino, moi parecido en todo ao de Ponferrada, por ter tres valados, e os antigos señores del habitárono ata os últimos tempos do rei Filipe II o Prudente, pois ademais da fortaleza e casa vella fixeron cuartos e galerías ao seu redor, de gran custo e consideración, e máis tarde viviron nela os seus alcaldes, escribáns e mordomos, e había sitio para todos.
Nas guerras carlistas do século XIX foi de novo escenario de duros enfrontamentos. O reloxo da torre foi instalado no ano 1889. Durante a guerra civil foi utilizada como prisión.[1]
Á esquerda érguese o cumio triangular, cheo de breixos, do monte Bernabé, e finalmente vese Viana do Bolo, branca sobre un outeiro en pendente, ao pé dunha torre cadrada e alta, agora usada como prisión, no lugar onde conflúen os ríos Bibei e Támega.Aubrey F. G. Bell (Londres, 1922)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Torre de Viana". vianadobolo.gal. Consultado o 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Torre de Viana do Bolo". galiciamaxica.eu. Consultado o 2024.