Saltar ao contido

Ueda Shizuteru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUeda Shizuteru

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 上田閑照 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 2019 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Uji, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kyoto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kyoto
Koyasan University (en) Traducir
Hanazono University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de

Ueda Shizuteru (上田 閑照 Ueda Shizuteru?), nado en Toquio o 17 de xaneiro do 1926 e finado en Uji o 28 de xuño do 2019, foi un filósofo xaponés da relixión.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun sacerdote budista da seita shingon, estudou filosofía na Universidade de Kyoto.[3] O seu mentor, Nishitani Keiji, orientou os seus estudos cara aos místicos medievais.[3] A continuación, doutorouse na Universidade de Marburgo cunha tese sobre o pensador cristián Meister Eckhart.[3] Tras regresar ao Xapón, entrou a traballar como profesor na Universidade de Kyoto.[3] Ueda ocupou a cátedra de Filosofía da Relixión dende 1977 até a súa xubilación en 1989.[2]

Tras a súa xubilación, seguiu impartindo clases nas universidades de Kyoto e Hanazono, intensificando os seus contactos con Europa como profesor visitante e conferenciante nas universidades de Marburgo, Basilea, Bonn, Düsseldorf, Tubinga, Múnic, Viena ou Zürich.[2][3] Tamén participou nos encontros anuais do Círculo Eranos en Ascona (Suíza).[3]

Finou o 28 de xuño de 2019 aos 93 anos, dunha pneumonía.[1]

Ueda especializouse no pensamento de Nishida Kitarō e, coma el, estudou o budismo zen baixo as categorías filosóficas occidentais. O propio Ueda foi practicante do zen.[3] Foi considerado un membro da Escola de Kyoto.[4]

Entre as súas publicacións, destacan dous dos seus estudos sobre a filosofía de Nishida: Nishida Kitarō wo yomu 西田幾多郎を読む ("Lendo a Nishida Kitarō", 1991) e Nishida Kitarō tetsugaku e no michibiki: Keiken to jigaku 西田哲学への導き 経験と自覚 ("Guía da filosofía de Nishida Kitarō: A experiencia e a autoconciencia", 1998).[3] Tamén escribiu numerosos ensaios, algúns deles en alemán, recompilados pola editorial Iwanami.[3]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "上田閑照氏が死去 京都大名誉教授". 日本経済新聞 (en xaponés). 2019-07-11. Consultado o 2023-12-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ":: Herder Editorial ::". web.archive.org. 2012-06-30. Archived from the original on 30 de xuño de 2012. Consultado o 2023-12-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Davis, Bret W. (2022-05-04). "The Legacy of Ueda Shizuteru: A Zen Life of Dialogue in a Twofold World". Comparative and Continental Philosophy (en inglés) 14 (2): 112–127. ISSN 1757-0638. doi:10.1080/17570638.2022.2124051. 
  4. Davis, Bret W. (2023). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. The Kyoto School (Winter 2023 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  5. ":: Herder Editorial ::". web.archive.org. 2012-06-30. Archived from the original on 30 de xuño de 2012. Consultado o 2023-12-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]