Saltar ao contido

Velociraptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Velociráptor»)

Velociraptor
Rango fósil: Cretáceo

Recreación do esqueleto de Velociraptor mongoliensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Familia: Dromaeosauridae
Xénero: Velociraptor
Osborn, 1924
Especies

Velociraptor (lat. "ladrón veloz"), é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos que viviron durante o Campaniano, cara a finais do período Cretáceo, hai uns 70 a 65 millóns de anos. Aínda que hai só unha especie recoñecida, V. mongoliensis, outras foron nomeadas no pasado. Acháronse fósiles desta especie en Asia Central, en Mongolia e a China.

Aínda que máis pequeno que outros dromeosáuridos tiña moitos trazos anatómicos similares a eles. Foi un carnívoro bípede, cunha cola longa e ríxida, e tres garras, unha alargada e curva en cada pata, a cal usaba para matar ás súas presas. A diferenza doutros posuía un cranio baixo e alargado, e un fociño chato, dirixido cara a arriba. Posuía patas traseiras de gran lonxitude, o que parece supor unha gran velocidade.

Debido á súa destacada aparición na novela de Michael Crichton Parque Xurásico, o Velociraptor (comunmente alcumado "raptor") é un dos xéneros de dinosauros máis coñecidos polo público xeral. Tamén é ben coñecido polos paleontólogos, con non menos dunha ducia de esqueletos fósiles recobrados, a maior cantidade descuberta dun dromeosáurido. Unha imaxe particularmente famosa é a que mostra un Velociraptor enleado nunha batalla cun Protoceratops.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma segue unha análise de 2009 realizada por Longrich e Currie.[1]

Eudromaeosauria
Saurornitholestinae

Saurornitholestes

Atrociraptor

Bambiraptor

unnamed

Deinonychus

unnamed
Velociraptorinae
unnamed

Velociraptor

Itemirus

unnamed

Adasaurus

Tsaagan

Dromaeosaurinae

Dromaeosaurus

Utahraptor

Achillobator

A continuación, amósanse os resultados da filoxenia de Eudromaeosauria baseado na análise filoxenético realizada por James G. Napoli e o seu equipo en 2021 durante a descrición de Kuru, que mostra a posición de Velociraptor.[2]

Eudromaeosauria

Saurornitholestes

Bambiraptor

Dromaeosaurinae

Achillobator

Utahraptor

Dromaeosaurus

Velociraptorinae

Linheraptor

Tsaagan

Deinonychus

Adasaurus

Kuru

Balaur

Shri

Velociraptor

  1. Longrich, N.R.; Currie, P.J. (2009). "A microraptorine (Dinosauria–Dromaeosauridae) from the Late Cretaceous of North America". PNAS 106 (13): 5002–7. Bibcode:2009PNAS..106.5002L. PMC 2664043. PMID 19289829. doi:10.1073/pnas.0811664106. 
  2. Napoli, J. G.; Ruebenstahl, A. A.; Bhullar, B.-A. S.; Turner, A. H.; Norell, M. A. (2021). "A New Dromaeosaurid (Dinosauria: Coelurosauria) from Khulsan, Central Mongolia" (PDF). American Museum Novitates (3982): 1–47. ISSN 0003-0082. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.