Villamartín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital de | |||||
Capital | Villamartín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.165 (2023) (57,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 210 km² | ||||
Altitude | 167 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Luis Morales Gallardo (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11650 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11041 | ||||
Páxina web | villamartin.es | ||||
Villamartín é un concello andaluz pertencente á provincia de Cádiz. No ano 2005 tiña 12.145 habitantes. A súa superficie é de 210 km² e ten unha densidade de 57,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 52' N, 5º 38' O, no centro da Serra de Cádiz. Atópase a unha altitude de 167 metros e a 92 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Máis preto de Sevilla (77 km) que da propia capital provincial (92 km), o seu termo municipal ocupa unha extensión de 210 quilómetros cadrados. Linda cos termos municipais sevillanos de Utrera e El Coronil ao norte e cos termos municipais gaditanos de Espera, Bornos, Arcos de la Frontera, Prado del Rey, Algodonales e Puerto Serrano, no resto do seu contorno, de oeste a leste. A unha altitude de 167 metros sobre o nivel do mar, o seu termo é a transición da Campiña á Serra.
Vías de comunicación
[editar | editar a fonte]A súa estratéxica situación, como nó artellador das comunicacións entre as localidades da comarca e entre as provincias de Cádiz, Sevilla e Málaga, convertérona nun centro de servizos públicos comarcais.
A principal vía de comunicación é a estrada A-382 Xerez-Antequera, tramo da antiga estrada nacional CN-342 Xerez-Cartagena. En Villamartín, a 55 km de Xerez da Fronteira e a 100 km de Cartaxena, prodúcese a distribución das vías de comunicación co contorno.
As estradas A-371 Villamartín-Las Cabezas de San Juan (Sevilla) e A-376 Sevilla-Ronda (Málaga) comunican a capital andaluza e o sur da provincia de Sevilla coa Serra de Cádiz e o norte da provincia de Málaga. A estrada A-373 Villamartín-Gaucín (Málaga) comunica a Serra coa costa malagueña.
Esta situación convértea na vía de entrada ao Parque Natural da Serra de Grazalema polo noroeste e ao Parque Natural de los Alcornocales, polo norte.
A autoestrada Xerez-Antequera, agora en construción, pasará pola localidade gaditana nos próximos anos.
Historia
[editar | editar a fonte]Habitada ininterrompidamente dende a prehistoria (Campo Dolménico de Alberite), foi un conxunto de vilas romanas adicadas á agricultura, cuxos restos aínda se conservan nos seus numerosos casaríos. Despois dun breve dominio visigodo, pasou a ser de dominio musulmán.
Da Idade Media consérvase o Castelo de Matrera, que gardaba a fronteira sur do reino de Sevilla dos ataques musulmáns procedentes do reino nazarí de Granada. A actual cidade foi fundada o 4 de febreiro de 1503, mediante Carta-Puebla outorgada pola cidade de Sevilla a un grupo de 118 veciños procedentes na súa maioría das vilas circundantes. Durante 2003 celebráronse os actos do quinto centenario da súa fundación.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de: Villamartín desde | ||||||
2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | |
12.069 |
12.069 | 12.038 | 12.145 | 12.291 | 12.362 | 12.385 |
Fonte: INE
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Son populares as sopas de tomate e de espárragos. Na confeitaría destacan doces como os roscos brancos, os pitisús, os cornos de crema, os paus de nata e torpedos, as Canas e cordobesas, as sultanas de coco ou de améndoa, as palmeiras, os piononos e demais pasteis artesáns. Tamén se fabrican alfaxores e turrón. Tamén ten pan artesán.
Fan carne de marmelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Villamartín |
- Concello de Villamartín
- Villamartín Arquivado 23 de decembro de 2006 en Wayback Machine. - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía