Voleibol praia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
O voleibol praia é un deporte practicado na area da praia, nun campo dividido en dúas metades por unha rede. Cada un dos equipos tenta pasar sobre a rede un balón, que os adversarios devolven sen deixar caer na súa metade. É un deporte moi popular en diversos países, principalmente no Brasil e nos Estados Unidos de América.
Nos diversos campionatos realizados por todo o mundo, hai modalidades para equipos de dous a catro atletas. Nos Xogos Olímpicos só se disputa a modalidade con equipos de dous atletas, nas versións masculina e feminina.
Historia
[editar | editar a fonte]O voleibol praia evolucionou a partir dos xogos de voleibol disputados socialmente nas praias de Santa Monica (California), na década de 1920, e chegou a Europa na década seguinte. Na década de 1940, disputábanse dous torneos amadores nas praias de Santa Monica onde mais tarde se tentou, sen éxito, comezar un campionato profesional. Tamén en Santa Monica, durante a década de 1970 comezaran a realizarse algúns torneos profesionais, patrocinados por empresas de cervexa e cigarros. En 1996, nos Xogos Olímpicos de 1996, o voleibol de praia pasou a integra-lo programa dos Xogos Olímpicos. Na categoría feminina, a primeira medalla douro na modalidade foi conquistada por unha parella brasileira, Jacqueline Silva e Sandra Pires, tendo como medalla de prata as tamén brasileiras Mónica Rodrigues e Adriana Samuel. Os dobres de portugueses Miguel Maia e João Brenha conseguiron dúas cuartas posicións consecutivas, nos xogos de 1996 e de Sidney 2000.
Caracteriza este deporte a súa adecuación ao contorno e temperatura, polo que os xogadores visten cadanseu traxe de baño e xogan descalzos. Tamén se caracteriza polo uso de música de ambiente, e abundancia de publicidade, mesmo na rede de división do campo.
O tamaño do campo foi de 18 m por 9 m, mais actualmente é de 16 m por 8 m. Sendo disputado por dous xogadores de cada lado, ten algunhas regras diferentes do voleibol tradicional. A bóla do voleibol ten o mesmo peso, de 260 a 280 gramos, mais a presión interna é menor.
Regras
[editar | editar a fonte]- Gaña o set o equipo que primeiro chegue aos 21 puntos (pola regra da FIVB, pola CBV son 18 puntos), sempre que exista unha diferenza mínima de dous puntos sobre o equipo adversario.
- A invasión por debaixo da rede é permitida, sempre e cando non atrapalle a xogada do rival.
- Non existe substitución de xogadores. Ao xogador mancado concédenlle cinco minutos de recuperación. De se-lo caso e non se recupere, o seu dobre é considerado incompleto.
- Un contacto no bloqueo é considerado coma un toque da parella. O equipo que bloqueou terá dereito só a dous toques máis na bóla.
- Cada parella terá dereito a un tempo de trinta segundos en cada set. No voleibol son dous tempos.
- A defensa "cargada" (cando o xogador retén momentaneamente a bóla entre os dedos) é permitida no voleibol de praia soamente na defensa dunha bóla violenta. A bóla pode bater en calquera punto do corpo do xogador.
- O contacto simultáneo entre dous xogadores por riba da rede, provocando a chamada "bóla retida", non é considerado falta.
- O compañeiro do sacador non poderá impedir a visión do adversario, agachando a xogada ou a traxectoria da bóla a través da barreira. Se é solicitado polo adversario, el deberá moverse no sentido lateral.
- O saque pode ser dado de calquera punto do fondo da cuadra. A área de saque ten oito metros de largura despois da liña de fondo.
- No levantamento da bóla existe unha grande diferenza en relación ao voleibol. A bóla levantada no volei de praia non pode dar un xiro total en torno do seu eixo, no caso de que haxa rotación é caracterizado os dous toques.
Resultados olímpicos
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Voleibol praia masculino
[editar | editar a fonte]Voleibol praia feminino
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Voleibol praia |