Saltar ao contido

Wolf Erlbruch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWolf Erlbruch
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata
Wuppertal, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Wuppertal (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoGráficos, ilustración, livro infantil (pt) Traducir, Libreto, Literatura infantil e literatura xuvenil Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Wuppertal Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de literatura infantil, artista gráfico, profesor universitario, ilustrador, libretista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1968 Editar o valor en Wikidata)
EmpregadorHochschule Düsseldorf (en) Traducir
Universidade de Wuppertal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteIedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3953689 Allocine: 496457
BNE: XX1012816 Musicbrainz: 1766e540-8cac-4827-bb31-8909f9a658b2 Discogs: 2003849 Editar o valor en Wikidata

Wolf Erlbruch, nado en Wuppertal o 30 de xuño de 1948 e finado na mesma cidade o 11 de decembro de 2022,[1] foi un ilustrador alemán e escritor de libros infantís quen tamén exerceu como profesor en varias universidades.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era técnico téxtil. De neno, o rapaz prefería debuxar a xogar.[2] Erlbruch estudou deseño gráfico no Folkwang Universität der Künste en Essen de 1967 a 1974.[3] Durante os seus anos de estudante traballou en publicidade e tamén como ilustrador para revistas como Stern e Esquire.[3] Recibiu as súas primeiras encomendas como ilustrator de libros infantís en 1985. Peter Hammer, un editor de Wuppertal, encargoulle as ilustracións de Der Adler, der nicht fliegen wollte, de James Aggrey. Leonard, o fillo de Erlbruch, acabara de nacer, e el quería que fose quen de dicir: «Ei, o meu papá fixo un libro infantil».[3] Desde entón, el dedicouse a ilustrar e escribir moitos libros.[4]

Erlbruch Ensinou deu aulas de ilustración na Hochschule Düsseldorf de 1990 a 1997. Dende ese ano foi profesor no departamento de arquitectura, deseño e arte da Universität Wuppertal. Entre 2009 e 2011 exerceu como profesor de ilustración na Folkwang Universität der Künste.[3]

Erlbruch finou en Wuppertal o 11 de decembro de 2022 con 74 anos.[1][3][5]

Erlbruch abordou temas complexos, como a morte ou o significado de vida, nos libros infantís, aínda que non sempre lle agradaba ser considerado un autor de literatura infantil.[4] Algúns dos seus libros teñen detalles autobiográficos, como Leonard (un «conto deliciosamente excéntrico»), inspirado en parte polo seu fillo Leonard, quen tiña entón seis anos (agora un ilustrador).[6] Moitas das personaxes dos seus libros, como a toupa de Vom kleinen Maulwurf, der wissen wollte, wer ihm auf den Kopf gemacht hat (en galego, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza), leva unhas pequenas lentes negras, similares ás do propio Erlbruch.[4]

Foi enxalzado o orixinal e surreal do seu traballo.[7] Silke Schnettler escribiu no diario alemán Die Welt que no «estilo Erlbruch» os protagonistas están distorsionados e mesmo esaxerados, mais son recoñecíbeis. Así mesmo, dito estilo foi moi imitado dentro e fóra de Alemaña.[8]

A morte é un tema recorrente na obra de Erlbruch. O protagonista de Ente, Tod und Tulpe («O parrulo, a morte e o tulipán»), de 2008, é un parrulo que se fai amigo da Morte. En Ein Himmel für den kleinen Bären («Un ceo para os osiños») unha cría de oso tenta atopar o seu avó, acabado de falecer, no ceo dos osos.[4]

Schnettler recolle en 2003 a ensinanza das historias de Erlbruch, segundo el mesmo. «As persoas teríanse que ver a si mesmas desde a distancia e aceptaren o que é único e estraño nelas, e tamén o que ás veces non é tan fermoso, noutras palabras, as súas peculiaridades. Velaquí o que Erlbruch considera para ter consciencia dun mesmo.»[8]

Ilustracións

[editar | editar a fonte]

Erlbruch creou moitas das súas ilustracións combinando técnicas mixtas e colaxe.[8] Para A Historia da Toupiña, por exemplo, debuxou as personaxes en papel de embalar marrón e pegounas sobre papel branco.[9]

O xornal británico The Guardian cualificou Ente, Tod und Tulpe («O parrulo, a morte e o tulipán») como un «libro excepcional»: «É inmensamente tenro o xeito que ten a Morte de acariñar a súa plumaxe, levantar o seu corpo e colocalo suavemente no río, en canto ve como se vai afastando».[10]

As ilustracións de Erlbruch para Die fürchterlichen Fünf (traducido a inglés como O Temíbel Cinco) foron adaptadas ao escenario polo Landestheater Tübingen da cidade homónima, no estado alemán de Baden-Württemberg.[11]

Galardóns e legado

[editar | editar a fonte]
  • Illustrationspreis für Kinder- und Jugendbücher (1992) por Leonard
  • Deutscher Jugendliteraturpreis (1993) polo libro ilustrado Das Bärenwunder [4]
  • Schnabelsteherpreis (1996) por Frau Meier, die Amsel
  • Zilveren Griffel (1998) por Frau Meier, die Amsel [12]
  • Zilveren Griffel (1999) por Leonard [12]
  • Troisdorfer Bilderbuchpreis (2000) por Das Neue ABC-Buch[13]
  • Bologna Ragazzi Award (2000) por Das Neue ABC-Buch[13]
  • Premio Gutenberg da Cidade de Leipzig (2003)[8]
  • Deutscher Jugendliteraturpreis (2003), premio especial polas súas ilustracións [4][14]
  • Premio von der Heydt da cidade de Wuppertal (2003) [15]
  • Bologna Ragazzi Award (2004) por Die große Frage[16]
  • Zilveren Griffel (2004) por Die Schöpfung
  • Zilveren Griffel (2005) por Waarom jij er bent
  • Premio Hans Christian Andersen (2006) pola súa «destacada contribución» como ilustrador de literatura infantil.[17]
  • Kröte des Monats September (2006) por Olek schoss einen Bären und nähte sich aus dem Pelz eine Mütze
  • Zilveren Griffel (2008) por Ente, Tod und Tulpe
  • e.o.plauen Preis (2014)
  • Litteraturpriset till Astrid Lindgrens minne (2017), o primeiro alemán en obter este premio.[18][19]

En 2004 a súa familia creou a Fundación Wolf Erlbruch co propósito de custodiar a obra do escritor e debuxante.[20] A contía económica do Premio Astrid Lindgren, de cinco millóns de coroas suecas foi destinada integramente á fundación.[21]

Como escritor

[editar | editar a fonte]
  • Leonard (1991)
  • Das Bärenwunder (1992)
  • Frau Meier, die Amsel (1997)
  • Nachts (1999)
  • Das Neue ABC-Buch (2001)
  • Die große Frage (2005)
  • Ente, Tod und Tulpe (2008)
  • Die fürchterlichen Fünf (2009)
  • Der König und das Meer (2015)

Como ilustrador

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Illustrator Wolf Erlbruch Gestorben". Thüringische Landeszeitung (en alemán) (Wuppertal: FUNKE Mediengruppe). 12 de decembro de 2022. Consultado o 16 de decembro de 2022. 
  2. Lenz, Susanne (12 de decembro de 2022). "Zum Tod von Wolf Erlbruch: Das Kind, das nicht spielte, sondern zeichnete". Frankfurter Rundschau (en alemán). Consultado o 16 de decembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Kinderbuchillustrator Wolf Erlbruch ist tot". Der Spiegel (en alemán) (Spiegelgruppe). 12 de decembro de 2022. Consultado o 16 de decembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Von Maulwürfen und Menschen". Die Welt (en alemán). 5 de febreiro de 2000. Consultado o 16 de decembro de 2022. 
  5. Brown, Lauren (14 de decembro de 2022). "Wolf Erlbruch, illustrator of The Story of the Little Mole, dies aged 74". The Bookseller (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2022. 
  6. "Book Review Holiday Special Section". Los Angeles Times (en inglés). 3 de decembro de 1995. p. 16. 
  7. Catinchi, Phillipe-Jean; Noiville, Florence (16 de marzo de 2001). "Des images secrètes et riches de sens caché". Le Monde (en francés). Consultado o 24 de decembro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Schnettler, Silke (21 de marzo de 2003). "Der Vater des kleinen Maulwurfs". Die Welt (en alemán). Consultado o 24 de decembro de 2022. 
  9. "Zwaarte en lichtheid bij Wolf Erlbruch". Trouw (en neerlandés). 
  10. Rosoff, Meg (19 de decembro de 2009). "Duck, Death and the Tulip by Wolf Erlbruch". The Guardian (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2022. 
  11. Jahnke, Manfred (7 de maio de 1997). "Keine Zeit für Pausen: Eine Bilanz des Kinder- und Jugendtheatertreffen in Berlin". Stuttgarter Zeitung (en alemán). 
  12. 12,0 12,1 de Vries, Anne (febreiro de 2012). "Gouden en Zilveren Griffel". En van Coillie, Jan; van der Pennen, Wilma; Staal, Jos; Tromp, Herman. Lexicon van de jeugdliteratuur (1982-2014) (en neerlandés). Groningen: Nijhoff. ISBN 9065004505. 
  13. 13,0 13,1 "Gewinner*innen der Vorjahre". Stadt Troisdorf (en alemán). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  15. Kroemer, Michael (8 de decembro de 2003). "Wuppertals Kulturpreis an Illustrator Prof. Wolf Erlbruch". IDW - Informationsdienst Wissenschaft (en alemán) (Wuppertal). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  16. "2004 - Biblioteca Salaborsa Ragazzi". Biblioteca Salaborsa (en italiano). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  17. Garrett, Jeffrey (26 de marzo de 2006). "IBBY Announces the Winners of the Hans Christian Andersen Awards 2006". International Board on Books for Young People (IBBY) (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  18. Platthaus, Andreas (5 de abril de 2017). "Aus dem kleinen feinen Reingarnichts". Frankfurter Allgemeine (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  19. "Wolf Erlbruch pristagare av Astrid Lindgren Memorial Award". Astrid Lindgren Memorial Award (en sueco). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  20. "Wolf-Erlbruch-Stiftung". Ministerium des Innern des Landes Nordrhein-Westfalen (en alemán). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  21. Platthaus, Andreas (12 de decembro de 2022). "Der Bilderbuchkünstler". Frankfurter Allgemeine (en alemán). Consultado o 25 de decembro de 2022. 
  22. "Ficha técnica" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 25 de decembro de 2022.