37
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez
Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Peninsular
Departamento de Historia I
Universidade de Santiago de Compostela
“Os que nas grandes e espidas chairas chantaron os menhires,
non estarían xa a conxurar o baleiro?”
Manuel Rivas
Da clásica tríade megalítica decimonónica – dolmen,
menhir e crómlech, nas súas xa tradicionais denominacións
extraídas das linguas bretoa e galesa –, o territorio que
ocupa a actual Galicia, igual que todo o Noroeste peninsular
ibérico, semella ser unicamente abondoso en dolmens. Pero
mesmo estes, aínda que frecuentes, non son na práctica máis
que o vértice dun iceberg moito maior que na actualidade
denominamos fenómeno tumular. Porque é o túmulo, mámoa
ou medoña nas súas designacións populares máis
estendidas, que mesmo teñen transcendido ao mundo
científico, o auténtico elemento uniformizador. Estes
montículos artificiais, de planta tendente a circular e alzado
en forma de casquete de esfera, están construídos con terra,
ou terra e pedras, e presentan polo xeral no seu centro unhas
estruturas moi variadas feitas con laxes de mediano e grande
tamaño, entre as que os dolmens, sendo os máis
monumentais, non son os únicos, e mesmo é posíbel que nin
sequera fosen maioritarios [Fig. 1]. É tradicional considerar
que a finalidade destas construcións era estritamente
funeraria, fundamentalmente por comparación con
monumentos semellantes doutras zonas peninsulares onde
se conservan restos orgánicos, xa que a alta acidez dos solos
galaicos impide a conservación dos ósos1.
Fronte aos máis de 10.000 túmulos que probablemente se
conservan aínda en Galicia (Vilaseco, 2001: 64, nota 2),
semella existir un certo consenso entre os investigadores
actuais sobre a escasa ou practicamente nula presenza das
outras dúas manifestacións megalíticas no noso territorio,
así como da dificultade da súa atribución cronolóxica
(Rodríguez Casal, 1990: 93-94; Fábregas e mais Vilaseco,
2003: 285), até o punto de que en ocasións nin sequera son
Figura 1) O dolmen da Cova da Moura (Argalo, Noia) co
túmulo no que se insire.
nomeados en estudos de conxunto (Bello e mais Peña, 1995;
Fábregas e mais Vilaseco, 2006). Por menhir enténdese unha
pedra de mediano ou grande tamaño, xa se presente cos
cortes naturais ou regularizada no seu contorno, en ocasións
decorada con gravados, que foi espetada en vertical no
terreo, un concepto ao que responden perfectamente os
topónimos galegos pedrafita e mais pedrachantada,
relativamente abundantes na nosa xeografía. En diversos
puntos de Europa é frecuente que os menhires aparezan
agrupados, ben en aliñamentos rectilíneos, como os
coñecidos de Carnac (Bretaña, Francia), ben formando
estruturas máis ou menos circulares, das que a máis
espectacular é o popular monumento de Stonehenge
(Wiltshire, sur de Inglaterra). Estas estruturas circulares
1 Unha posta ao día recente sobre o fenómeno tumular galego pódese consultar en Fábregas e mais Vilaseco, 2006.
38
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
recibiron en Francia o nome de crómlech, aínda que
nalgunhas zonas europeas, como Gran Bretaña, este
apelativo está hoxe en desuso, mentres noutras, como
Portugal, se aplica a estruturas moito máis complexas que
un círculo, como sucede co caso dos Almendres (Évora).
adscrición prehistórica, cando non dificilmente asumíbeis
como obras artificiais, até o punto de incluír nesta caterva
de monumentos presuntamente célticos unha serie de
elementos curiosos, como os “altares naturais”, ou pedras
oscilantes.
O feito de que non coñezamos en galego ningún nome
popular específico para designar as estruturas circulares de
que vimos de falar pode darnos unha idea de que estas non
debían de ser moi frecuentes, fronte á relativa abundancia
de pedrafitas no territorio, independentemente de que a
estas últimas non lles poidamos atribuír unha cronoloxía
prehistórica con seguridade. Así e todo, desde a publicación
dos círculos da Mourela, porque en orixe eran dous, a maior
parte dos investigadores témolos convertido nos mellores e
en ocasións únicos exemplares coñecidos de círculos líticos
en Galicia (Saralegui, 1918: 56; Fábregas e mais Vilaseco,
2003: 285). Isto tamén, probablemente, porque se trata do
mellor exemplo publicado dos que se teñen sinalado como
tales, ao racharse con toda unha tradición anterior que se
limitaba a citar unicamente a súa situación xenérica, ou
incorporando como moito un debuxo fantasioso en exceso.
Coa Mourela, porén, procédese por primeira vez a realizar
unha impecábel descrición acompañada dunha profusa
(mesmo para hoxe) documentación gráfica (Maciñeira, 1895
e 1929).
Ao longo do século XIX, ou mesmo nos vinte primeiros
anos do XX, resulta difícil aceptar a existencia dunha
investigación propiamente arqueolóxica en Galicia, en canto
que os diferentes historiadores que abordan as épocas
prehistóricas son máis ben anticuarios, persoas que
describen os monumentos sen chegar a realizar auténticas
investigacións sobre os mesmos. Os autores da primeira
metade do século XIX, como José Verea y Aguiar ou Leopoldo
Martínez Padín, apenas aportan información algunha sobre
monumentos concretos, xa que fan un uso moi “superficial e
escaso” dos mesmos á hora de empregalos nos seus
escritos: case non se citan monumentos concretos, senón
formas xerais (castros, megálitos), que se introducen no texto
como meros ratificadores dun discurso histórico previamente
artellado en torno ás fontes clásicas e aos seus propios
preconceptos ideolóxicos persoais (Pereira, 1996). Esta visión
aínda se mantén en Benito Vicetto, quen na súa Historia de
Galicia (1865) cita moi poucos monumentos, como algúns
menhires cara a Lindín, e mais un espazoso dolmen entre
Adelán e mais Ferreira, todo eles no norte da provincia de
Lugo. Así e todo, ditos monumentos serán postos en dúbida
apenas oito anos despois por José Villaamil y Castro (1873:
X), ao ser un profundo coñecedor da zona e non atopar a
ninguén que lle saiba dicir deles.
1. Crómlechs e círculos líticos na
investigación anticuaria galega do
século XIX
Como xa sinalou no seu día Florentino López Cuevillas
(1980: 91), o entusiasmo polo celtismo segundo os principios
de Théophile Malo Corret de la Tour d’Auvergne, pioneiro, na
última década do século XVIII, no estudo dos monumentos
megalíticos armoricáns, que el denominaba “celto-bretóns”,
acabará callando profundamente en Galicia ao longo do
século XIX, e mesmo a comezos do XX. La Tour d’Auvergne
foi, ao parecer, o introdutor dos termos “dolmen” e mais
“menhir” na bibliografía arqueolóxica, inspirados na lingua
bretoa; e foi tamén, senón o primeiro, quen popularizou a
errónea atribución destes tipos de monumentos aos celtas.
Con posterioridade a el, e amparados na “innegábel”
celticidade galega, os diversos autores comezarán a buscar
no noso territorio as manifestacións físicas deses celtas, que
indubidablemente debían de existir, desde dolmens até
outros monumentos megalíticos, xa fosen menhires illados,
aliñamentos ou crómlechs. Mesmo moitas veces sinaláronse
como tales algunhas construcións de máis que dubidosa
Será coa Historia de Galicia de Manuel Martínez Murguía
cando atopamos as primeira referencias máis ou menos
concretas a aliñamentos e “kroummleac’hs ou círculos
druídicos” (1865: 494). Así, ademais de numerosos dolmens,
cita menhires “no monte Lobeira” (Vilagarcía, Pontevedra),
ou o grupo que existe preto da Pobra do Caramiñal (A
Coruña), “na faldra dun montiño, desviación da cordilleira do
Barbanza”, ou aquel “curioso aliñamento” que segundo el se
vía indo de Vilagarcía a Cambados. Pero de todos eles non se
di máis nada ca estas referencias xenéricas, sen moitos
datos concretos sobre a súa situación, e cunha ausencia total
de descrición detallada ou levantamento gráfico (debuxo ou
fotografía) que nos amose a súa forma, polo que na
actualidade nos resultan imposíbeis de identificar, sendo moi
probábel que en realidade fosen parte de valos de fincas.
Máis curiosos son os supostos monumentos de Faxildre e
mais Corzán (Martínez Murguía, 1865: 489-492), que, porén,
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
non poden considerarse aínda auténticos crómlechs, a pesar
de que en ocasións son citados con posterioridade como
tales (p. ex., Maciñeira, 1929: 218, nota 1). O outeiro de
Faxildre sitúao como a media legua (uns 2,7 km.) de Noia, á
dereita do xa daquela “antigo camiño” que unía a vila con
Santiago de Compostela. Estaba cuberto de pedras de
pequeno tamaño, entre 30 e 50 cm., que se dispuñan en
todas as direccións, tanto formando fileiras como segmentos
de círculo desde a base até o cumio, acompañadas de
numerosos seixos esparexidos pola superficie do outeiro.
Resulta difícil entender hoxe esta descrición, e aínda que
Murguía compara estas pedras cos aliñamentos de Carnac,
feitos con penedos de 2 a 3 m. de altura, as diferenzas, aínda
que só sexan en tamaño, son evidentes. O monumento de
Monte Corzán, en Negreira (A Coruña), situábase fronte a
unha mámoa, e consistía en “círculos ..., uns maiores ca
outros, algúns de notábeis dimensións, uns enteiros, outros
desfeitos en parte, pero todos eles formados por pequenas
pedras unidas unhas ás outras e postas sobre o terreo, a
xeito dun apenas perceptible valado, interrompido de cando
en cando por pedras espetadas maiores cás outras, aínda
que pequenas, pois apenas miden máis dun decímetro de
altura”. Sexan o que fosen as estruturas que se agachan
baixo esta descrición, hoxe sabemos que non se trata de
ningún tipo de monumento megalítico, algo dificilmente
sostible tendo en conta que as pedras apenas acadaban unha
altura de 10 cm.! Así as cousas, e debido tanto a unha
descrición un tanto escura como á nula documentación
gráfica existente sobre os mesmos, hoxe en día tanto
Faxildre como Corzán deben ser rexeitados como posíbeis
crómlechs ou círculos de pedras.
Dous anos despois da obra de Murguía saía do prelo o
libro Estudios sobre la época céltica en Galicia, de Leandro
de Saralegui y Medina (1867). No mesmo, á parte de recoller
algún dos menhires xa citados por Murguía (Monte Lobeira
e mais A Pobra), incorpora outros, como o de Fecha, nas
proximidades de Santiago, sen citar máis nada cá súa
existencia. Respecto aos agrupamentos de menhires, non
cita ningún crómlech en concreto, pero afirma que “non é
difícil atopar grandes agrupacións de menhires estendidos
por un espazo máis ou menos extenso, sen orde simétrica,
formando, cando menos na aparencia, inmensos carneillous”
(p. 181). Un aliñamento deste tipo sinálao nas altura de
Chamorro, preto de Ferrol, onde xunto a restos de dolmens
asegura ter visto un número considerable de rochas
espetadas de punta. Tampouco incorpora representacións
gráficas do monumento; de feito, os gravados na obra de
Saralegui, aínda que presentes, non como na de Murguía,
Figura 2) Crómlech. Unha das imaxes bucólicas que
acompañan á primeira edición da obra de L. de Saralegui y
Medina (1867: 113).
son escasos e unicamente decorativos, recreacións ideais de
tópicos xerais (menhir, castro, crómlech, pedra oscilante,
dolmen e cista), sen indicacións sobre a súa orixe ou
procedencia (agás no caso do castro), e de moi baixa calidade
na súa reprodución [Fig. 2]. Por todo o anterior, novamente
carecemos de datos suficientes para interpretar a descrición
do aliñamento ferrolán, pero seguramente esteamos de novo
ante restos de valados tradicionais.
Será con José Villaamil y Castro cando, coa publicación
das súas Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia
(1873) teñamos por fin referido o primeiro “crómlech ou
cairn” en Galicia, o de Monte das Fachas. Sito na parroquia
de San Xusto de Cabarcos, concello de Barreiros (Lugo),
estaba composto de tres grandes chantos de lousa, e outras
tres pedras cuarzosas, dunha anchura aproximada de 1 m.
cada unha. Sobresaían da terra aproximadamente 1 m., e,
deixando espazos entre elas, estaban dispostas de xeito
simétrico no centro dun borrado túmulo, pechando un espazo
elíptico de 2,50 x 2,90 m (p. 55). A calidade da descrición é
considerablemente superior aos exemplos anteriores, non en
van Villaamil é un dos primeiros auténticos arqueólogos
galegos, en canto que levou a cabo labores arqueolóxicas de
campo (cif. Armada, 2003). A mellora descritiva vén
acompañada tamén dun apartado gráfico realizado ex
profeso para a publicación, un conxunto de cinco láminas que
figuran ao final do texto con deseños dalgúns monumentos
que se describen, rachando así coas concepcións anteriores,
como a de Saralegui. Desgraciadamente, e en contra do que
39
40
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 3) Crómlech de Monte das Fachas segundo J. Villaamil
(1873: lam. IV).
sucede, por exemplo, coas arcas do Padorno e de Sinás2, para
as que recolle unha planta e mais unha sección que se
aproximan aos estándares científicos posteriores, a imaxe
do Monte das Fachas que se recolle na lámina 4 segue a ser
unha idealización, unha perspectiva axonométrica irreal e,
polo demais, carente de escala [Fig. 3]. De todos os xeitos,
grazas a esta imaxe, e á súa relativamente correcta
descrición do monumento, hoxe podemos reinterpretalo con
certa seguridade, non precisamente como un crómlech,
senón como os restos dun dolmen moi alterado, tal e como
ten sinalado Monteagudo (2003).
Figura 4) Menhires de Rocas (nº 7), Xinzo (nº 9) e Lobios
(10) segundo Barros Sivelo (1875: Fig. p. 72-73).
A aportación de Ramón Barros Sivelo nas súas Antigüedades de Galicia (1875) supón un retorno ao paradigma
anterior a Villaamil, xa que a súa obra se acompaña dunhas
representacións gráficas máis que fantasiosas. Incorpora
unha extensa cita de menhires, algúns dos cales, como un
en San Pedro de Rocas (Esgos) e outro na Serra do Xurés,
concello de Lobios (ambos en Ourense), son, segundo
Cuevillas (1980: 91), rochas naturais traballadas pola erosión
[Fig. 4]. E mesmo cita un “vastísimo crómlech que ocupa
preto dun quilómetro cadrado” na meseta de Santa Cristina
de Monte Longo (Lobeira, Ourense), que, así e todo, baixo a
confusa prosa, parece responder en realidade a un
“crómlech” de túmulos (?).
A escaseza e pobreza dos monumentos deste tipo
mencionados na bibliografía é a que leva a Murguía na súa
monografía Galicia (1888: 70) a asegurar que no noso país
“Crómlechs ou pedras cravadas en círculo, aínda que se
atopan algúns, non sempre son dignos de maior mención.
Aliñamentos menos aínda”, seguramente, segundo el,
porque non foron ben documentados. De todos eles, ademais
dos xa recollidos por el na súa Historia de Galicia,
denominando xa crómlech ao do Monte Corzán, salienta o
de Monte das Fachas publicado por Villaamil, ao que mesmo
compara, aínda que sen dicir por que, cun que recolle o
investigador danés Worsaae na súa obra The Primeval
Antiquites of Denmarch. Tampouco supón ningún avance a
publicación da terceira edición da obra de Leandro de
Figura 5) Crómlech. Unha das imaxes bucólicas, aínda que
máis realistas, que acompañan á terceira edición da obra de
L. de Saralegui y Medina (1894: fig. 5).
2 A primeira delas, coñecida tamén como dolmen de Santo Tomé, concello do Valadouro, aínda se conserva hoxe, e a súa forma non dista
moito da representada por Villaamil (Grupo de traballo A Fornela, 1996: 107-109).
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Saralegui y Medina Estudios sobre la época céltica en
Galicia (1894). A obra si incorpora mudanzas importantes no
texto con respecto á orixinal, e mesmo as figuras gañan en
realismo e claridade, aínda que varias volven ser
representacións idílicas dos tópicos dos que fala no texto
(incluído o crómlech) [Fig. 5]. A novidade fundamental é que
no texto se recollen descricións exhaustivas de varias
mámoas escavadas na zona das Pontes de García Rodríguez
por Santiago de la Iglesia e mais Federico Maciñeira, así
como dos obxectos nelas atopados, incluíndo varios deseños
dos mesmos, escavacións que non serían referidas polos
autores ate algúns anos máis tarde (1907 e 1895,
respectivamente). Pero L. de Saralegui non aporta nada novo
con respecto aos círculos líticos, agás a simple referencia a
que, formando parte das Medoñas da Mourela, existían
“dous fermosos cromlec’hs” (1894: 278-279).
A mudanza prodúcese entrado xa o século XX, cando
Murguía publica a segunda edición da súa Historia de Galicia
(1901). Nela, aínda que repite máis ou menos a mesma
información que xa recollera na primeira, incorpora non só a
referencia ao Monte das Fachas de Villaamil y Castro, senón
tamén ao círculo das Medoñas da Mourela, publicado por
primeira vez, como logo veremos, seis anos antes. Anos
despois, Manuel de Saralegui y Medina, en Los monumentos
megalíticos en España (1918), á parte de citar os aliñamentos
e crómlechs citados por outros autores, entre eles o da
Mourela, do que mesmo incorpora unha foto cedida polo seu
descubridor, publicará un novo posíbel crómlech, o situado no
illote “A Estrela” ou “A Ermida”, situado ao SE da enseada de
Corme (A Coruña). Consistía en dous recintos elípticos ou case
circulares, o maior deles de 9 a 10 m. de diámetro en sentido
E-W, incompletos e contiguos, delimitados por pedras
informes espetadas no solo que deixaban espazos entre si
moi desiguais. Estaban abertos a occidente, e non tiñan nada
no seu centro [Fig. 6]. De novo resulta difícil facer unha
interpretación para o mesmo ante a ausencia dunha correcta
descrición e documentación gráfica, de aí que non sexa de
estrañar que o propio M. de Saralegui considere os círculos da
Mourela como o máis interesante e típico dos crómlechs
coñecidos na Península Ibérica. E dita interpretación debe
moito ao xeito en que foron publicados orixinalmente,
incorporando non só unha axeitada descrición, senón mesmo
unha fotografía do maior na que se pode apreciar
perfectamente a súa forma, sendo, posiblemente, dentro da
Figura 6) Unha das partes do crómlech de Corme , segundo
M. de Saralegui y Medina (1918: 67, Fig. 8).
historiografía galega (e posiblemente, española) un dos
primeiros monumentos dos que se publicou unha fotografía.
2. Federico Maciñeira e mais as Pedras
Chantadas das Medoñas da Mourela3
O coñecemento dos círculos da Mourela debémolo ao
labor de D. Federico Maciñeira Pardo de Lama (Mañón, 1870
– Ortigueira, 1943). Este investigador, tal e como ten sinalado
recentemente X. L. Armada (2003) é en realidade un dos
iniciadores da actividade arqueolóxica de campo en Galicia,
xunto con Villamil y Castro e mais López Ferreiro, ao
desenvolver as primeiras prospeccións de campo, e levar a
cavo escavacións máis que detalladas para a súa época. Con
anterioridade, como xa vimos, hai un uso espallado da
información arqueolóxica polos diversos autores, que
proceden a realizar descricións de monumentos illados, sen
que teñan desenvolvido unha auténtica investigación
arqueolóxica. Maciñeira, é, ademais, un auténtico pioneiro
na documentación gráfica dos xacementos, e das súas obras
desaparecen as imaxes folcloristas ou imaxinativas, para
seren substituídas por mapas de emprazamento, plantas e
alzados dos monumentos que localiza e intervén, e que non
distan moito das que hoxe son habituais na bibliografía
arqueolóxica; e mesmo, por primeira vez en Galicia, aparece
a fotografía empregada como sistema de rexistro dos
monumentos. Finalmente, o noso autor é xeracionalmente o
arqueólogo que fai de ponte entre os anticuarios
decimonónicos e mais a primeira xeración de arqueólogos
galegos, que desenvolverán a súa actividade a partir de 1923
ao abeiro do Seminario de Estudos Galegos.
3 O presente apartado é fundamentalmente un resume crítico da publicación feita por Federico Maciñeira en 1929. As fotos e debuxos que
o acompañan corresponden ás orixinais incluídas no mesmo.
41
42
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
De forma indirecta, pero a través dos seus escritos,
sabemos que Federico Maciñeira investigou os círculos da
Mourela, xunto ao grupo de túmulos entre os que se insería,
cara a 18924, cando apenas contaba 22 anos. Tres anos máis
tarde, fixo pública unha primeira noticia sobre o conxunto na
revista barcelonesa La Ilustración Artística (Maciñeira,
1895b), incluíndo unha minuciosa descrición dos dous
crómlechs, como os denomina inicialmente5, e mais unha
fotografía do máis grande, artigo no que, xunto a un anterior
(1895a), tamén daba a coñecer outros diversos achados de
adscrición megalítica da comarca eumesa. A partir deste
momento os dous crómlechs da Mourela vanse converter no
auténtico referente para este tipo de monumentos en toda a
península ibérica (p. ex., Saralegui, 1918). Pero non será até
34 anos despois cando, a través dunha publicación
monográfica sobre o conxunto da Mourela, nos transmita de
xeito específico os resultados completos das investigacións,
nun artigo modélico e case único na investigación
prehistórica galega do primeiro terzo do século XX, que lle
serviu como escrito de ingreso no Seminario de Estudos
Galegos (Maciñeira, 1929).
Maciñeira presenta A Mourela como unha parte da
importante estación prehistórica da cunca superior do río
Eume, ou val das Pontes de García Rodríguez, determinada
principalmente na grande cantidade de mámoas, preto de 300,
esparexidas pola chaira, outeiros e montañas circundantes,
construcións que se estenden cara á costa acaroadas a dous
antigos camiños serráns: o da Serra da Faladoira, que a une
con Estaca de Bares, e mais o de Cheibán, en dirección a
Cedeira (Maciñeira, 1942-44). Neste contexto, o conxunto de
monumentos da Mourela situábase no sueste da cunca
eumesa, no vello camiño que desde As Pontes se dirixía a
Betanzos e mais Guitiriz, nun semirrechán despexado da
ladeira da montaña [ver Fig. 5 capítulo anterior]. Desde o
mesmo dominábase o amplo val das Pontes, e, ao tempo,
desde calquera punto da cunca se apreciaban tanto as grandes
mámoas do conxunto como os brancos cantos de cuarzo que
formaban os círculos líticos, destacándose sobre a vexetación.
Unha posición que segundo o autor fora claramente
preconcibida polos seus construtores, co obxecto de que
dominasen o territorio, interpretación que en xeral segue a
estar vixente na actualidade con respecto ao emprazamento
dos túmulos megalíticos (p. ex., Criado et al., 1986).
Os monumentos, nun total de 7, estaban dispostos nunha
liña lixeiramente curva e ascendente que se orientaba de NE
a SW. O lugar onde estaban emprazados coñécese
popularmente como Medoñas da Mourela, aínda que, ao
parecer, nalgunha documentación antiga (escrituras de
compravenda, apeos e similares) é denominada tamén
Pedras Chantadas, seguramente, ao parecer de Maciñeira,
pola presenza dos círculos líticos. Os monumentos servían
de límites entre as parroquias das Pontes de García
Rodríguez e mais do Aparral, até o punto de que case a carón
do círculo grande, ao NE, existía unha grande pedra fincada
que facía de marco entre ambas as freguesías. O
investigador ortegano realizou no conxunto un minucioso
traballo de documentación, deseñando un plano de
localización de detalle e os debuxos en planta e alzado das
estruturas arquitectónicas localizadas, labores que foron
complementadas coa escavación ou reescavación de varios
monumentos. E todo isto acompañado da documentación
fotográfica dos monumentos e labores realizados.
Como xa se dixo, cinco dos sete monumentos da Mourela
son túmulos6. Todos eles responden ás principais
características que son propias a este tipo de xacementos no
país galego: planta aproximadamente circular, e grande
variabilidade dimensional e construtiva. Así, os dous situados
máis ao NE (números 1 e 2 no plano) eran de pequeno
tamaño, apenas 10 m. de diámetro, e non foron intervidos por
el, un por presentar un profundo pozo de saqueo, e o outro, o
máis setentrional, por ser unicamente un cúmulo informe de
pedras do que mesmo non consideraba completamente
probado o seu carácter arqueolóxico. Os outros tres eran de
maior tamaño, variando entre os 24 m. de diámetro dos nº 4
e 7, e os 31 m. que acadaba o nº 6, o maior do grupo e que
4 Ao referir unha exploración levada a cabo por uns ingleses nunha mámoa situada a uns 500 m. ao SW da Mourela, dinos que dita
intervención se realizou “alá polo 1880, ... Segundo me informou un dos traballadores que aqueles estranxeiros utilizaron na exploración do
outeiro tumular, e que tamén o fixo ás miñas ordes doce anos máis tarde”. (Maciñeira, 1929: 215). No artigo de La Ilustración Artística (1895a)
tamén di que realizara as investigacións tres anos antes.
5 “...les aplicamos este nombre, que tanto llevan equivocado los arqueólogos, ateniéndonos estrictamente á su etimología y á la acepción
que da á esta palabra el sabio Mortillet, el cual dice que «los verdaderos cromlechs son cercos formados por piedras fijas en tierra. Y digo
piedras, más bien que menhirs, porque en la mayor parte de los cromlechs el volumen de las piedras que constituyen el cierre ó cerco es relativamente pequeño»” (Maciñeira, 1985b: 687).
6 Circos recheos de negro no plano, números 1, 2, 4, 6 e 7. Unha explicación máis exhaustiva sobre os mesmos pódese atopar no capítulo
redactado por José Mª Eguileta Franco neste mesmo volume.
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Figura 7) Fotografía dun túmulo situado ao oeste do
conxunto da Mourela (Maciñeira, 1929: 224-225).
ademais tamén se emprazaba no punto culminante do
conxunto [Fig. 7]. Deles, unicamente o último non presentaba
pozo de saqueo cando foi explorado por Maciñeira, polo que
se debía de atopar intacto, mentres que os outros dous foran
profanados pouco tempo antes: o nº 4 había uns anos polos
campesiños do contorno, e o 7 apenas cunha antelación de
meses por uns mariños e militares de Ferrol.
Os tres túmulos estaban formados por finas terras arxilosas
e humíferas, limpas de pedras, como se para a súa construción
se tivese procedido ao seu peneirado previo; unicamente o
número 4 presentaba, como recubrimento exterior, unha capa
uniforme de cantos rodados duns 50 cm. de espesura, ao xeito
dunha coiraza. Todos conservaban estruturas dolménicas no
seu interior, aínda que de novo presentaban diferenzas
considerables: nos nº 4 e 7 había senllas cámaras poligonais
mentres que o nº 6, presuntamente o único intacto do
conxunto no momento da súa intervención, tiña unha
construción megalítica que non formaba unha auténtica
cámara dolménica: se ben a metade occidental semella
responder á característica cámara poligonal, aínda que coas
lousas moi inclinadas cara ao interior, no lado oriental outras
tres grandes lousas, que superaban os 2 m. de lonxitude,
aparecían practicamente deitadas, e descansando sobre un
conxunto de pedras máis pequenas e imbricadas.
Intercalados entre os túmulos mencionados anteriormente,
e ocupando os números 3 e 5 na secuencia da liña NE-SW
marcada polo conxunto, atopábanse os dous círculos líticos,
como son renomeados no artigo de 1929 con preferencia ao
termo crómlech, en consonancia coas teses defendidas polo
arqueólogo Hugo Obermaier (Maciñeira, 1929: 197;
Obermaier, 1923: 14)7. Ambos os monumentos, aos que
noutra ocasión tamén lles atribúe o topónimo de Eiras dos
Mouros (Maciñeira, 1947: 27, nota 5) eran de planta
“rigorosamente” redonda, en palabras do seu descubridor, e
presentaban características moi similares, diferenciándose
fundamentalmente nas súas dimensións, tanto do diámetro
do conxunto como das pedras que os formaban. O círculo
pequeno (nº 3 no plano), que era o mellor conservado, tiña 9
m. de diámetro interior, mentres que o círculo grande, que é
do que se ocupa a presente memoria de escavación, acadaba
os 20,5 m. Estaban formados por bastas e desiguais pedras
de cuarzo branco espetadas no terreo, do que sobresaían uns
40 cm. de media no caso do círculo pequeno, e entre 30 e 60
cm. no do maior [Fig. 8]. Estes bloques dispúñanse
xustapostos entre si, sen deixaren oco ningún entre eles,
formando dúas fileiras paralelas concéntricas. No pequeno a
vexetación impedía contar o número de pedras que formaba
cada fileira, aínda que a interior contaba sobre corenta. No
maior, das dúas fiadas que o formaban orixinalmente só
conservaba completa a interior, composta por uns 50-52
seixos, mentres que da exterior unicamente subsistían tres
sectores, un amplo arco na zona NW, e dous máis pequenos
a ambos os lados da entrada [Fig. 9].
No lado SE das construcións os círculos interrompíanse
con catro pedras de maior tamaño (60 cm. de altura no caso
do círculo pequeno, 1 m. no maior). Situábanse dúas a cada
lado, ao final de cada un dos dous circos concéntricos que
conformaban a estrutura, dispostas ao xeito de xambas
dunha entrada “monumentalizada” que, no caso do círculo
maior, acadaba unha anchura de 1,5 m. Neste último caso, co
fin de configurar esta porta, escolléranse ao efecto pedras
“achatadas”, moi semellantes entre si en forma e
dimensións, e situando a súa cara máis ancha e plana cara
ao corredor que configuran [Fig. 10]. Maciñeira sinala tamén
que as pedras que forman o círculo grande no lado oposto á
entrada (o NW) semellan ser de maior volume cás restantes
[Fig. 11]. Co fin de avaliar a altura total destas xambas,
realizou unha escavación ao pé dunha das lousas da entrada
do círculo maior, profundando un total de medio metro, a
pesar do cal a pedra aínda non se movía, polo que lle estimou
unha altura total mínima de 2 m.8. No interior do círculo
pequeno apreciábanse escombros de terra e pedras miúdas,
7 Ver máis adiante, neste mesmo capítulo.
8 Dita escavación foi perfectamente documentada durante a intervención realizada no monumento (vid., neste volume, a memoria da
escavación).
43
44
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 8) Plantas e seccións dos círculos da Mourela (Maciñeira, 1929: 205).
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Figura 9) Círculo grande da Mourela, coa entrada en primeiro termo (Maciñeira, 1929: 202-203).
Figura 10) Detalle da entrada (SE) do círculo grande
(Maciñeira, 1929: 206-207).
Figura 11) Detalle do sector NW do círculo grande
(Maciñeira, 1929: 208-209).
que foron interpretados por Maciñeira como o produto de
labores de cavado de roza para o cultivo do centeo, tan
característicos do monte galego até mediados/finais do
século XX. O círculo grande, porén, presentaba o seu interior
“plano e liso”, xa que por mor das súas maiores dimensións,
tiña sido cavado nalgunha ocasión en roza.
cm., espetados a cada lado do camiño de forma equidistante
cada sete metros. Por zonas ficaban restos de pavimento,
feito con “pequenas pedras brutas”, como é frecuente nos
camiños tradicionais, aínda que na maior parte do percorrido
o seu piso estaba formado polo propio terreo natural.
Segundo os campesiños da zona eran estes os restos dun
antigo camiño a Betanzos, e Maciñeira, a pesar da súa
singularidade entre os restantes camiños coñecidos na
comarca, rexeita consideralos os restos dunha vía romana ou
mesmo dun aliñamento prehistórico reutilizado.
Completando o espazo da Mourela, entre os túmulos 6 e 7,
conservábase tamén os restos dunha antiga corredoira, nun
treito duns 500 metros, que circulaba en paralelo ao vello
camiño de Guitiriz. Presentaba un ancho constante duns 5
m., e estaba delimitada por bloques de cuarzo de forma
alongada e sen labrar, sobresaíndo do terreo entre 30 e 50
A singularidade da estación da Mourela resultaba
evidente no momento do seu descubrimento, e viña marcada
45
46
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
fitos de maior tamaño e orientación determinada (SE)10. Por
outra banda, non existindo indicios de túmulo, resulta
incongruente pensar que os destrutores respectasen o
contorno completo das estruturas líticas de base, que
ademais sobresaen do terreo, cando desapareceron todas as
terras que formaron no seu día a sepultura. Ademais,
tampouco lle parece posíbel que fosen un túmulo iniciado e
nunca rematado.
Figura 12) Círculo pequeno da Mourela (Maciñeira, 1929:
210-211).
non só pola presenza de dous círculos líticos situados a
pouca distancia un do outro, senón tamén por alternaren cos
túmulos megalíticos nunha mesma aliñación, algo que
permitiu a Maciñeira establecer a hipótese (para el máis ben
afirmación) de que todos eles formaban parte integrante dun
mesmo conxunto monumental, gardando estreita relación.
Un feito este, o de compartiren os mesmos espazos túmulos
e crómlechs que, ademais, el nos comenta que tamén é
frecuente noutros países do norte de Europa como Inglaterra,
pese a recoñecer as diferenzas formais que presentan os
círculos da Mourela cos destes países, onde están formados
de pedras grandes e altas, separadas entre si9.
Sobre a interpretación dos círculos líticos, que a tradición
popular afirma teren sido feitos polos mouros como eiras
para mallar o trigo, ou para xogar aos bolos, Maciñeira
avanza unha serie de hipóteses [Fig. 12]. En primeiro lugar, e
tal e como tiñan feito outros investigadores europeos cos
círculos doutras zonas do continente, establece o que non
son: os típicos círculos que en ocasións adoitan contornar os
túmulos megalíticos pola base. Efectivamente, Maciñeira
asegura que existe unha clara diferenza entre ambos tipos
de círculos, amosándose os da Mourela completamente
diferentes aos que el ten localizado en túmulos da cunca do
Eume, xa que nestes últimos son dunha soa fileira de pedras;
ademais, non coñece para os túmulos nada semellante á
entrada monumentalizada que presentan os da Mourela, con
Daquela, o feito de atopalos acaroados a túmulos
megalíticos, e a súa imposíbel comparación con outros
monumentos coñecidos, deriva para Maciñeira no seu
inescusábel carácter prehistórico. Para el é claro que ambos
os círculos foron recintos sagrados ou lugares destinados ao
culto relixioso. O seu indubidábel carácter monumental vén
marcado polo seu emprazamento en monte dominante e
despexado, fronte á importante estación prehistórica do alto
Eume e lonxe, para el, de poboados e de fincas agrícolas;
isto completaríase coa súa forma perfecta, e a presenza
dunha entrada monumentalizada e orientada nos dous casos
á mesma dirección, innecesaria en recintos de doado acceso
simplemente franqueando as pedras que os formaban, e que
daquela estaría directamente relacionada coas cerimonias
que alí se celebrasen. A partir de aquí, inventa toda unha
teoría sobre o seu xeito de uso, na que mestura o celtismo
imperante na época, con algunhas fontes clásicas e algo de
arqueoloxía, nun exercicio máis que discutible desde a nosa
perspectiva, pero que cómpre entender no seu contexto
histórico, no que xa dixemos foi un auténtico pioneiro para
Galicia.
Para rematar, cómpre sinalar que ningún investigador con
excepción de Maciñeira parece ter visto en directo os
círculos líticos da Mourela. Cando os publica de forma
detallada en 1929 xa asegura non ter volto a eles desde que
os documentou, pero que teme teñan sido destruídos. Anos
despois (1947: 26) confírmanos que as grandes pedras de
cuarzo que os formaban foran empregadas como grava para
o firme do camiño veciñal das Boliqueiras, que por alí cruza,
construído entre 1902 e mais 1904. É por iso polo que
unicamente podemos facernos unha idea de como eran
9 É de supoñer que cando fai estas afirmacións Maciñeira estaba a pensar, por exemplo, no monumento de Stonehenge, onde o grande
conxunto megalítico está rodeado a distancia por varias ducias de túmulos (p.ex. ., Bradley, 1998).
10 Cómpre sinalar que a partir da segunda metade dos anos 80 do século XX se ten descuberto que varios túmulos, para permitir o uso
repetido da tumba central, presentan unha interrupción da estrutura tumular orientada precisamente ao SE. Así e todo, ditas estruturas de
acceso, como veñen sendo denominadas, son claramente diferentes á entrada dos círculos da Mourela, e en ningún caso dos documentados
presentan unicamente na porta laxes de maior tamaño, ao xeito de menhires, a delimitalas, tal e como sucedía nos dous círculos líticos
(Vilaseco, 2000; Fábregas e mais Vilaseco, 2006).
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
orixinalmente grazas á profusa documentación escrita e
gráfica que nos legou o investigador de Ortigueira.
3. A Mourela despois de Maciñeira e outros
monumentos megalíticos non tumulares
en Galicia.
Como xa se adiantou, desde a publicación da primeira
noticia sobre os círculos da Mourela, en 1895, convertéronse
nun auténtico referente deste tipo de monumentos non só
en Galicia, senón tamén no resto da península (M. Saralegui,
1918), algo que se debe achacar tanto á forma dos
monumentos como á súa correcta publicación, con deseños
axeitados e meticulosos, con escala incluída que permite
apreciar as súas dimensións, e fotografías xerais e de
detalle. Unha situación esta que contrasta co resto de
supostos crómlechs citados na bibliografía anterior a
Maciñeira, que como vimos son apenas citas textuais, con
descrición escasa e dificilmente comprensible, e, cando se
acompañan de deseños, resultan máis recreacións que a
documentación do existente, como sucedía por exemplo no
caso de Monte das Fachas citado por Villaamil y Castro.
En 1922 o arqueólogo Hugo Obermaier, daquela
catedrático de historia primitiva do home na Universidad
Central de Madrid, visitou Galicia, visita que é recoñecida na
historiografía como o comezo da arqueoloxía científica no
noso país. Obermaier foi invitado pola Universidade de
Santiago de Compostela para impartir unhas conferencias
sobre prehistoria española e galega, e, como apenas coñecía
esta última, emprendeu unha pequena viaxe científica polo
país co fin de documentarse sobre os diferentes xacementos
arqueolóxicos existentes, ao tempo que visitaba museos e
coleccións particulares. Desta viaxe publicará unhas
impresións (Obermaier, 1923), nome baixo o que en realidade
se agacha o primeiro resumo científico e moderno sobre a
prehistoria de Galicia. No mesmo11, ao falar sobre todos os
círculos líticos galegos, incluídos os da Mourela, sinala as
diferenzas que existen entre os crómlechs de Francia e Gran
Bretaña, construídos con monólitos altos e separados entre
si, e os “recintos de pedra” que compoñen os da Mourela,
de cantos informes de escasa altura e non separados senón
próximos uns aos outros, polo que non lle parece oportuno
darlles o nome clásico de «crómlechs». Ademais, sinala que
os aldeáns aínda daquela construían valados de forma
semellante, polo que non era de desbotar a posibilidade de
que algúns fosen antigas pedras de límites, ou restos de
demarcacións da Idade Media ou Moderna, unha
interpretación que Maciñeira (1929: 198) desbotou para o
caso dos da Mourela, entre outras cousas, por se atoparen no
contorno de mámoas.
Algúns dos supostos círculos que apenas refire Obermaier,
e que tantas dúbidas lle causan, serán aínda publicados
poucos anos despois. Así sucede por exemplo cos do Monte de
Santa Trega, na Guarda (Pontevedra), onde de novo se
localizaran dous exemplares (López, 1926: 66-76). Un deles,
situado nas proximidades de Chans, do que unicamente se
conservaban “os menhires do arco de poñente”; e o segundo
e máis pequeno, pola parte de embaixo do miradoiro Areses,
que se conservaba en moi bo estado até a súa destrución
parcial en 1926 ao arranxar a estrada. Neste último, que
contaba con 64 “menhires”, a Sociedad Pro-Monte Santa
Tecla practicou varias “calicatas”, sen atopar ningún vestixio
de interese. Novamente a escasa descritiva dos monumentos
na publicación e a inexistencia de apartado gráfico vai
provocar o seu rexeitamento por parte dos investigadores. E
así, os círculos da Mourela, especialmente logo da súa
correcta publicación en 1929, vanse converter no único caso
aceptado de monumento deste tipo para todo o NW
peninsular, baseándose para a súa atribución cronolóxica á
prehistoria fundamentalmente na súa veciñanza a un grupo de
túmulos, e sempre coa cautela de non teren sido escavados.
A excepcionalidade dos círculos da Mourela é parella á
que mantiña até hai ben pouco a Lapa de Gargantáns entre
os menhires galegos (VV.AA. 1979: 24). Efectivamente, a
limitada presenza de pedrafitas en Galicia, así como o seu
modesto tamaño, dificulta, como xa sinalara o propio Hugo
Obermaier (1923: 13), diferenciar se se trata de monólitos
que proveñen de época prehistórica, ou se son en realidade
un marco ou fito de época medieval ou máis recente que
serve de límite ou termo. De feito, a existencia de lousas
denominadas petra fixa ou ficta, empregadas como límites
de territorios, é frecuente na documentación medieval,
remontándose as citas máis antigas a momentos temperás,
entorno aos séculos VIII–X (p. ex., Villaamil, 1873: 31).
O propio Federico Maciñeira tiña referido a presenza
dalgún posíbel menhir na zona por el estudada, como o do
Campo da Armada, na Serra da Capelada, que por mor do
basto da súa forma non considera moi fiábel, mesmo a pesar
11 Publicado, cómpre sinalar, seis anos antes de que Maciñeira fixera a súa monografía definitiva sobre a Mourela.
47
48
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 13) Posible menhir do Campo da Armada, segundo
Maciñeira (1921: 56).
de se situar apenas a 6 m. dunha mámoa (Maciñeira, 1921:
56; 1942-44: 124) [Fig. 13]. O único exemplar que desde o seu
descubrimento (Blanco et al., 1964) foi rapidamente aceptado
como prehistórico foi a citada Lapa de Gargantáns (Moraña,
Pontevedra), por mor das características que presentaba:
unha altura de 1,92 m. sobre o solo, con forma cónica
irregular e acabado mediante puimento, que se acompaña
dunha decoración con cazoletas e outros gravados, e dunha
situación na proximidade relativa (80 m.) a un túmulo
megalítico [Fig. 14]. Esta interpretación nin sequera mudou
cando a escavación do espazo en que se asentaba, co fin de
reimplantalo no seu lugar orixinal logo de que fose derribado,
non aportase datos concluíntes de ningún tipo sobre a súa
cronoloxía (Peña, 1982).
Pero a excepcionalidade d’A Lapa no conxunto galego era
máis que nada froito do desinterese dos investigadores por
este tipo de monumentos de difícil adscrición. Se
exceptuamos referencias mal documentadas, ou outras
apenas referidas (aínda que fotografadas) como a que recolle
Carré (1945: 473) como pertencente á terra de Bergantiños,
no seu límite coas Mariñas, cómpre sinalar como, con
anterioridade a esta pedrafita pontevedresa, xa Manuel
Vázquez Seijas (1943) tiña publicado dúas relativamente
próximas entre si, a de Monte Barreiros, denominado da
Veiga por Cuevillas (1980: 93) e mais a do Alto da Goia
(ambas en Guntín, Lugo), situadas no medio dunha necrópole
de túmulos [Fig. 15 e 16]. A publicación é relativamente boa,
con descricións minimamente axeitadas acompañadas de
deseños e fotografías. A primeira, ademais dunha forma
demasiado poligonal, presentaba dous cruciformes gravados,
e servía de marco divisorio entre as parroquias de Vilameá e
Padreda, polo que se cadra sexa demasiado dubidosa. A
12 Vid., p. ex., S.T.A.: 1989.
Figura 14) A Lapa de Gargantáns (Moraña, Pontevedra).
segunda, porén, presenta unha forma máis característica:
tamén de granito, tiña uns 137 cm. de altura sobre o solo, e
na súa cara orientada a nacente aparecen gravadas cinco
cazoletas, un tipo de motivo que de todos os xeitos existe
desde a prehistoria até, como mínimo, a Idade Media. A
pesar de que a publicación dá datos suficientes para a súa
localización, moi preto da estrada N-634, entre Lugo e mais
Guntín, e mesmo menciona que se atopa situada a menos de
10 m. dun túmulo, este posible menhir vai ser case
completamente ignorado pola investigación posterior até
comezos dos anos 90 do século XX, que unicamente aceptará
como pertencente a este tipo de monumentos á Lapa de
Gargantáns (p. ex., Rodríguez, 1990: 94).
Así e todo, ao longo desa década, e xa nos primeiros anos
do novo século, a identificación e publicación de novas
posibles pedrafitas en Galicia, senón será masiva, si sufrirá un
lixeiro auxe, unha situación que non é allea ao labor de
catalogación arqueolóxica do país desenvolvido desde a
asunción de competencias en materia de patrimonio pola
Xunta de Galicia12. Sen ánimo de ser exhaustivo, pódense citar
varios exemplos, como, entre os publicados, a pioneira “Pedra
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Figura 15) Menhir de Monte Barreiros (Guntín, Lugo),
segundo Vázquez (1943)
Figura 16) Menhir do Alto da Goia (Guntín, Lugo), segundo
Vázquez (1943)
Alta” de Cortegada, que seguramente fixo no seu día de fito
divisorio entre os concellos ourensáns de Xunqueira de
Ambía, Vilar de Barrio e Sarreaus (Vega, 1988-89); o de Pedra
Chantada en Vilalba (Lugo), que se atopa no medio da
importante necrópole megalítica das Medoñas do Carrizo
(Ramil, 1995) [Fig. 17]; o de Cristal en Ribeira (A Coruña)
(Villoch, 1998); ou o máis dubidoso que se sitúa nas
proximidades da Mota Grande de Verea, Ourense, na área
coñecida como de Outeiro de Ferro / Penagache (Eguileta,
1999: lam. XXVIII). Pero son moitos máis entre os aínda
inéditos, ou apenas referidos na prensa e bibliografía, como,
na provincia da Coruña, a Pedra do Guicho, límite entre Arteixo
e mais Laracha, publicada nunha noticia de prensa13 e que
seguramente se corresponde coa que Monteagudo (2003)
denomina Marco da Anta, que á súa vez, en base aos deseños
publicados, equivale á citada por Carré en 1945 [Fig. 18]; na
provincia de Lugo, A Pedra Dereita (A Fonsagrada)14, O Marco
da Pena Verde, que facía de límite entre os concellos de
Trabada, Barreiros e Ribadeo15 [Fig. 19], e o “redescubrimento”
do menhir do Alto da Goia polo equipo do Prof. A. A. Rodríguez
Casal16 [Fig. 20]; ou, na provincia de Pontevedra, o Marco de
Peralta ou da Picota, que delimitaba o couto de Camposancos
(A Guarda)17, e mais o Menhir de Currás en Marín, de recente
escavación e traslado18. O arqueólogo Luis Monteagudo ten
publicado recentemente un compendio de moitas delas,
incluíndo todas as referencias antigas (2003)
Fronte a este considerable incremento da presenza de
pedrafitas illadas, con todas as reservas que debemos poñer
ao feito de que o seu carácter prehistórico non estea probado
13 Noticia lida en La Voz de Galicia, 14/03/2003, edición Carballo.
14 Información de Xoán Xosé Molina Vázquez, director do Museo da Fonsagrada.
15 Incluído no inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia cos traballos de catalogación do concello de Trabada
desenvolvidos polo arqueólogo Juan A. Cano Pan.
16 Información do arqueólogo Gonzalo Meijide Cameselle.
17 Debo o coñecemento desta pedrafita ao arqueólogo Xulio Carballo Arceo, a quen agradezo a información. A mesma foi incluída no
inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia cos traballos de catalogación do concello da Guarda desenvolvidos polos
arqueólogos Ana Filgueiras Rey e mais Tomás Rodríguez Fernández.
18 Noticia lida en La Voz de Galicia, 16/09/2003, edición Pontevedra.
49
50
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 19) Marco da Pena Verde (Trabada, Lugo).
Figura 17) Pedra Chantada (Vilalba, Lugo)
Figura 18) Marco da Anta, segundo Monteagudo (2003: 35)
Figura 20) Pedrafita do Alto da Goia (Guntín, Lugo).
en ningún caso, a mención en Galicia de recintos megalíticos
construídos con grandes pedras segue a ser moi escasa. Entre
os publicados, unicamente se pode citar o círculo lítico, en
realidade unha elipse de 23 m. de diámetro maior por 14 m. de
diámetro menor, que rodeaba a capela de Castrotión, Oca (A
Estrada, Pontevedra) [Fig. 21 e 22]. Estaba composto por unha
serie de pedras xustapostas duns 35 cm. de altura, cunha
abertura polo norte, precisamente onde se sitúa o camiño de
acceso á capela (Fernández, 1982). Trátase, sen lugar a
dúbidas, dun elemento etnográfico delimitador do adro da
capela, tal e como por outra banda sostiñan os propios veciños
da zona, segundo nos deixou dito o propio Fernández Castro.
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Figura 22) Detalle das pedras que formaban o círculo lítico
da capela de Castrotión (Fernández, 1982: Lam. LXIII,
fotografía 2).
Figura 21) Círculo lítico que rodeaba a capela de Castrotión
(Oca, A Estrada), segundo Fernández (1982: 374).
Por outra banda, hai algúns anos que en certos ambientes se
vén considerando como un círculo prehistórico ao coñecido
como Prado das Chantas do Valadouro (Lugo), desde a súa
publicación nunha noticia de prensa19. Non existe, porén,
ningún indicio que nos permita aceptar dita atribución
cronolóxica, máis ben todo o contrario. O conxunto do Prado
das Chantas consiste nun recinto de planta irregular, pero
aproximadamente ovalada, cun diámetro N-S duns 75 m., por
100 m. no sentido E-W [Fig. 23], que presenta acaroado ao seu
lado occidental, que é practicamente rectilíneo, os restos
dunha pequena construción rectangular de 10 x 8 m. Esta
última está realizada mediante un muro de cachotería, mentres
que o círculo principal está formado por un número
considerable de lousas planas acaroadas unhas ás outras, na
maior parte dos casos sen deixar espazos entre elas, xa que as
fallas que se documentan parecen responder a alteracións
recentes [Fig. 24]. Esta técnica construtiva de pedras acaroadas
unhas ás outras, e non afastadas como é habitual nos clásicos
crómlechs británicos, non dista moito da que é tradicional na
zona á hora de construír valos de fincas20. O conxunto así
descrito semella responder, daquela, a un curro ou recinto para
o gando, que presenta no seu interior unha construción máis
pequena para o acubillo dos pastores, e que lembra bastante
aos curros e sesteiros da Terra do Suído (Ballesteros, 2004).
Figura 23) Foto aérea do Prado das Chantas (O Valadouro,
Lugo) tirada do SIXPAC; a cuadrícula sobreposta é de 25 m.
Máis difíciles de caracterizar son outras estruturas
circulares localizadas en datas recentes, como os dous
círculos das Pedragosas (O Valadouro, Lugo), dispostos nunha
zona de forte pendente e compostos de pedras de xisto e
cuarzo amoreadas e non chantadas. O maior está formado
por dous aneis de pedras concéntricos entre si, o exterior
duns 8 m. de diámetro, e o interior duns 4 m., e presentaba
unha grande lousa pousada no seu centro, lousa que foi
ergueita por alguén con posterioridade ao seu
descubrimento21 [Fig. 25]. O segundo, que é unha estrutura
menos clara, sitúase a uns 15 m. do primeiro, e apenas
19 “Descubierto en O Valadouro el crómlech más grande de España”. El Correo Gallego, nº 41204, 02/04/1996, p. 1 e 12.
20 En diversas páxinas web, como por exemplo http://ligaceltigagalaica.iespana.es/habitat.htm cítanse recintos similares no contorno do
Prado das Chantas.
21 A noticia da súa existencia foi comunicada á Delegación da Consellería de Cultura e Deporte en Lugo por Xesús Pisón e Isaac Pereira.
Posteriormente foron incluídos na revisión do patrimonio arqueolóxico do concello do Valadouro realizada polo arqueólogo Juan F. López Calzada.
51
52
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 24) Detalle das lousas que forman o recinto do Prado
das Chantas.
Figura 25) Círculo das Pedragosas (O Valadouro, Lugo).
supera os 3 m. de diámetro. De todos os xeitos, resulta difícil
pensar polo de agora para eles unha grande antigüidade,
tanto por estaren formados por pedras amoreadas, como
pola súa situación nunha zona de forte pendente. Outro
círculo sinalado recentemente foi o de Monte Lobeira
(Vilanova de Arousa, Pontevedra), un lugar onde desde
Murguía se fala da presenza de aliñamentos de menhires.
Descuberto en outono de 2006, no momento en que se
estaba a escavar a Mourela, por mor dos incendios que
asolaron os montes galegos durante ese verán22, conta con
18 metros de diámetro e nas súas proximidades atópanse
dous túmulos megalíticos (o máis próximo, apenas a uns 2
m. del). Está construído con pedras de mediano tamaño
seguramente espetadas no terreo en orixe, aflorando apenas
uns 30-40 cm., e separadas entre si por unha certa distancia,
espazo que é cuberto por un anel de pedras de pequeno
tamaño [Fig. 26]. Estes aspectos semellan convertelo nun
posible paralelo para os da Mourela, aínda que en principio
non conta cunha entrada monumentalizada, pese a que
parece existir unha interrupción no anel ao xeito de porta23.
sen a realización de escavacións arqueolóxicas, ou mesmo
a posibilidade de que, realizando estas, non sexan
concluíntes de non apareceren materiais arqueolóxicos
vinculados con eles, tal e como sucedeu no caso citado d’A
Lapa de Gargantáns. Unha situación, por outra banda, que
non é exclusiva do noso territorio, xa que en toda a Península
Ibérica, con excepción do País Vasco, o estudo do
megalitismo non tumular é moi recente (Ruiz et al., 1995: 55),
mesmo naquelas zonas, como o Alentexo portugués, onde
existen grandes e complexos recintos megalíticos24. Así, en
toda a historia recente da investigación arqueolóxica en
Galicia só podemos citar unha intervención sobre un
monumento deste tipo, a realizada precisamente no círculo
pequeno da Mourela, e que unicamente consistiu na
documentación en planta dos seus restos (vid. Eguileta:
1995-96, e neste volume), ás que habería que engadir, a
realizada n’A Lapa de Gargantáns para volver a erguer o
menhir, e, máis recentemente, a referida escavación e
traslado do posible menhir de Currás (Marín, Pontevedra).
Esta escaseza de menhires e crómlechs en Galicia, igual
que no norte de Portugal até o Douro, territorio co que
mantén grandes afinidades durante a prehistoria, ten
provocado o total desinterese dos investigadores cara a
estes monumentos. Algo do que non é alleo a propia
dificultade de asegurar o carácter prehistórico de todos eles
4. A Mourela no contexto do megalitismo
ibérico e europeo
A excepcionalidade dos círculos da Mourela, se
exceptuamos o exemplo de Monte Lobeira, maniféstase non
só ao analizármolos no contexto dos monumentos
megalíticos galegos, senón tamén cando os comparamos cos
22 Noticia lida en La Voz de Galicia, 30-11-2006. Agradezo ao arqueólogo Vicente Caramés a información facilitada para localizar dito
círculo.
23 Así mesmo, e segundo información facilitada polo arqueólogo Luís Xulio Carballo Arceo, no monte Santa Trega existen varios círculos
de pedras, que se cadra se corresponden cos citados na bibliografía antiga (López, 1926).
24 O grande recinto dos Almendres (concello de Évora), por exemplo, non foi localizado até comezos dos anos 70 por Henrique Leonor Pina,
e a súa escavación unicamente se levou a cabo na segunda metade dos anos 90 (cif. Calado, s.d.).
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Figura 26) Detalle do círculo de Monte Lobeira (Vilanova de
Arousa, Pontevedra).
Figura 28) Recinto megalítico de Vale Maria do Meio,
Alentexo (www2.cm-evora.pt).
parecen remontarse ao neolítico antigo ou medio, e, de feito,
o autor defende que se corresponden coa instalación na
rexión das primeiras comunidades neolíticas (Calado, s.d.:
141 e 192). Ademais, no Alentexo tamén se atopa o único
aliñamento de menhires ben documentado da península
Ibérica, o de Tera (concello de Mora), que sorprendentemente
resultou ser un complexo funerario da I Idade do Ferro, aínda
que cómpre sinalar que os menhires que o forman son moito
máis angulosos cós do resto dos recintos coñecidos na zona
(Calado, s.d.: 186). Vistos así, as diferenzas dos recintos
alentexanos coa Mourela son claras tanto na forma en planta
como nas pedras que os forman.
Figura 27) Planta de algúns recintos megalíticos do Alentexo
central, segundo M. Calado (s. d.: 140).
crómlechs e recintos similares documentados na Península
Ibérica e resto de Europa. Con respecto á primeira, existen
dous grandes focos de recintos megalíticos coñecidos até o
momento: o Alentexo central, no sur de Portugal, e mais os
crómlechs pirenaicos. O estudo realizado recentemente por
Manuel Calado (s.d.) sinala que os “crómlechs” alentexanos,
compostos por menhires de grande tamaño que con
frecuencia superan os 3 m. de altura, e dispostos a certa
distancia uns dos outros, non gardan unha figura xeométrica
pura, a pesar de as pedrafitas dispoñérense nunha liña
predefinida, en forma de arco de ferradura aberto ao
nacente, pero onde a colocación concreta de cada unha
admitiría certa flexibilidade [Fig. 27 e 28]. Aínda que as
cronoloxías non están completamente claras, os recintos
No centro de Portugal tense intervido recentemente en
dous recintos megalíticos, os únicos publicados para a
rexión: os de S. Cristovão (concello de Resende), que,
situados na marxe sur do Douro, son probablemente os
escavados máis próximos a Galicia (Silva, 1996 e mais 2003).
Aínda que as noticias preliminares publicadas até hoxe non
os describen claramente, as diferenzas coa Mourela son
claras. Así, o primeiro en ser recoñecido e intervido presenta
máis de catro decenas de pequenos monólitos de granito
espetados no terreo separados entre si unha certa distancia,
conformando un recinto (circular?) de preto de 40 m. Algúns
menhires apenas sobresaen do terreo, mentres que outros
estaban completamente soterrados, e na base de todos eles
atópanse grandes amontoamentos de pedras de mediano
tamaño [Fig. 29]. Curiosamente, e a pesar de que no seu
contorno se atopa un conxunto de 6 mámoas, os materiais
localizados son todos do Bronce Final / Idade do Ferro, polo
que se cadra haxa que poñelos en relación co anteriormente
citado aliñamento de Tera.
As diferenzas da Mourela volven a ser patentes respecto
aos crómlechs pirenaicos. Estes monumentos, distribuídos
53
54
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
Figura 29) Detalle do recinto megalítico de S. Cristovão
(Silva, 2003: 278, Fig. 8).
Figura 30) Crómlech pirenaico de Adiko Soroa (Erro,
Nafarroa) (Peñalver, 2004: 53, foto 16).
fundamentalmente polas comarcas pirenaicas – Guipúscoa,
Nafarroa, Huesca, así como a vertente occidental francesa
dos Pirineos –, son en xeral de pequeno tamaño,
maioritariamente entre 3 e 9 m. de diámetro, aínda que os
hai menores e maiores, até os 15 m., e mesmo,
excepcionalmente, un acada os 20 m (Peñalver, 2004: 192195; Peñalver, 2005) [Fig. 30 e 31]. Vistos unicamente a través
destas dimensións, o círculo pequeno da Mourela podería
chegar a ter cabida, entre os máis grandes dos habituais (9
m), mentres que o maior sería excepcional, comparábel ao
único caso de grande tamaño coñecido. Tamén presentan un
emprazamento similar, ao seren maioritarias as posicións en
lugares como portelas, cumios ou recháns de ladeira, sendo
este último o caso dos círculos ponteses. Pero nas formas é
onde se amosan completamente diferentes: os pirenaicos
están compostos por pedras fincadas no solo, separadas
entre si, que ocasionalmente acubillan no seu interior un
espazo de maior altura, casos en que se denominan
crómlechs tumulares (Peñalver, 1990). Das escavacións
realizadas constátase que se trata de sepulturas nas que se
depositan, por regra xeral aproximadamente no centro, os
ósos calcinados do defunto e mais outros carbóns
procedentes da cremación, que se practicou nalgún outro
lugar fóra do círculo; ás veces estes restos, xuntos cos
enxovais, aparecen depositados en pequenas caixas de
pedras (cistas) ou mesmo, máis raramente, no interior dunha
vasilla de cerámica. Aínda que maioritariamente aparecen
illados, tamén é frecuente que se agrupen en conxuntos de
dous, tres ou mesmo máis monumentos, moi preto uns dos
outros, formando auténticas necrópoles. Sobre a súa
cronoloxía, a maioría das datacións de carbono 14 realizadas,
así como os materiais recuperados, cando estes son
definitorios, apuntan cara ao Bronce Final – I Idade do Ferro,
se ben existen algúns casos que levan a épocas máis
serodias. Datacións, materiais e ritual funerario (cremación)
semellan apuntar un certo paralelismo co mundo dos Campos
de Urnas, dos que, por outra banda, non hai constancia
nestes territorios. Aínda que de xeito esporádico,
documéntanse tamén monumentos similares en diversos
puntos do País Vasco non pirenaico, chegando mesmo até o
occidente de Biscaia (Peñalver, 2004 e 2005), e ao sector
central da cornixa cantábrica (Díez e mais Ruiz, 1995). Nesta
última rexión, ademais, existen círculos de pedra duns 6-7
m. de diámetro formados por pequenas laxas fincadas, que
semellan estar máis ben relacionados coa tradición tumular
neolítica, tal e como suxire a datación radiocarbónica do
monumento de Peña Oviedo 2.
No resto de Europa, é probablemente nas Illas Británicas
onde máis círculos de pedra se coñecen, e de novo as
diferenzas cos da Mourela se amosan claras. Isto, a pesar
de que, segundo Maciñeira (1929: 222), o arqueólogo
británico afincado en España Jorge Bonsor lle fixo notar o
parecido da Mourela cos crómlechs irlandeses, en especial
os das illas “Sorlingas” (as Scilly, realmente ao SW de
Figura 31) Crómlech pirenaico de Kauso I (Oiartzun,
Guipúscoa) (Peñalver, 2004: 62, foto 23).
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
Cornualles), onde el estaba traballando. En realidade o
paralelo que semella sinalar é cos círculos perimetrais dos
monumentos megalíticos que el estaba a escavar (Ramil e
mais Muíño, 2006: 36), xa que non parecen existir círculos
líticos nas Scilly25, pero si dolmens [Fig. 32]. Así e todo, o
parecido limítase a seren en ambos os casos estruturas
circulares feitas con pedras.
Os primeiros círculos de pedras británicos semellan
aparecer no norte de Escocia, con monumentos como Stones
of Stenness (Illas Orkney), cara ao 3000 A. C., inaugurándose
unha tradición que vai permanecer ao longo de preto de
1.000 anos (Pearson, 1993: 67). Construídos nunha grande
variedade de formas e tamaños, hainos circulares, ovoides,
ou mesmo irregulares, con diámetros desde os 10 m. até
máis de 50, e formados até por máis de 60 pedras, algunhas
das cales superan os 5 m. de altura [Fig. 33, 34 e 35]. En
ocasións, como sucede en Stennes, os círculos están
incluídos no interior de grandes recintos de terra, delimitados
por gabias de varios metros de profundidade. Outras veces,
sendo o mellor expoñente o popular monumento de
Stonehenge, Inglaterra, os círculos constrúense no interior
dun recinto cerimonial anterior tamén de planta circular
(“henge”), delimitado por foxos e pequenos parapetos de
terra que en orixe tiña no seu interior un círculo de postes de
madeira. Pero mesmo monumentos máis modestos, os
simples círculos de pedras, amósanse claramente diferentes
ao xacemento galego, ao configurárense con pedras que
sobresaen claramente do terreo separadas entre si, ou,
cando están moi próximas, diferéncianse por presentar unha
única fiada de monólitos.
Como se pode apreciar logo da revisión anterior, a
Mourela presentábasenos, ao inicio da intervención, como
un unicum no contexto galego e europeo, unha estrutura
peculiar e diferente para a que careciamos de paralelos, e
da que non podiamos asegurar unha cronoloxía clara. Certos
Figura 33) Recinto megalítico de Calanais, Illa de Lewis,
Escocia (http://www.megalithic.co.uk).
Figura 34) Círculo lítico de Swinside, Cumbria, Inglaterra
(http://www.megalithic.co.uk).
Figura 32) Dolmen de Innisidgen Upper, nas illas Scilly, co
circo de pedras que contorna o seu túmulo
(http://www.megalithic.co.uk).
25 Ou cando menos eu non fun quen de os localizar.
Figura 35) Círculo lítico de Moel Ty Uchaf, Gwynedd, Gales
(http://www.megalithic.co.uk).
55
56
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
datos, porén, parecían apuntar cara á súa posible orixe
prehistórica: o emprazamento de ambos, aliñados nun
conxunto de túmulos funerarios neolíticos, e algúns
aspectos da súa forma, como a perfección da súa planta
circular, ou a porta de acceso orientada ao SE, a mesma
disposición que garda a entrada nos monumentos
megalíticos. Unha interpretación contra a que, cómpre
recoñecer, tamén existían algunhas (poucas) voces
discordantes (p. ex., Obermaier, 1923:13; Ramil e mais
Muíño, 2006: 38). Os resultados da escavación arqueolóxica
realizada, se ben sorprendentes por contraditorios coa
hipótese inicial, non fan máis que salientar a propia
excepcionalidade dos círculos da Mourela, que provocaba a
total imposibilidade de inferir dato ningún sobre a súa
cronoloxía real a partir simplemente da súa forma.
AGRADECEMENTOS
A maioría das figuras pertencentes ao traballo de
Maciñeira sobre a Mourela foron tratadas dixitalmente por
Eduardo Ramil Rego, director do Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía de Vilalba, para incluílas na exposición que dito
museo dedicou ao insigne investigador ortegano o ano 2006
(vid. Ramil e mais Muíño, 2006). Quero agradecer
publicamente a súa amabilidade ao me facilitar estas imaxes
para incluílas aquí. Para as restantes, igual que para algunhas
das outras que figuran todo ao longo do artigo, contei coa
inestimable colaboración de Carlos Rodríguez Rellán, a quen
nunca acabarei de agradecer dabondo os pequenos favores
coma este que adoita facerme. Fernando Pereira González e
mais Xosé Lois Armada Pita axudáronme a localizar unha
parte da bibliografía antiga que se cita no artigo, e que non
está dispoñible nas bibliotecas compostelás.
BIBLIOGRAFA CITADA
ARMADA PITA, X. L. 2003. O Legado de Federico Maciñeira
e o patrimonio prehistórico de As Pontes na xénese da
arqueoloxía galega. En Alonso Troncoso, V. (coord..).
Patrimonio histórico de As Pontes de García Rodríguez. A
Coruña: Universidade da Coruña, p. 27-122.
BALLESTEROS ARIAS, P. 2004. Arquitectura tradicional
gandeira na terra do Suido. Cuadernos de Estudios Gallegos, LI, n. 117, p. 9-48.
BARROS SIVELO, R. 1875. Antigüedades de Galicia. A
Coruña: Imprenta de D. Domingo Puga.
BELLO DIÉGUEZ, J. M. e mais PEÑA SANTOS, A. de la. 1995.
Historia de Galicia. Tomo I. Galicia na Prehistoria. A
Coruña: Via Láctea.
BLANCO FREIJEIRO, A.; GARCÍA ALÉN, A.; PARATCHA
VÁZQUEZ, C. 1964. «A Lapa» de Gargantáns. Cuadernos
de Estudios Gallegos, T. XIX, nº 57, p. 5-9.
BRADLEY, R. (1998). The significance of monuments. Londres:
Routledge.
CALADO, M. s.d. Menires do Alentejo central. Tese de
doutoramento dispoñible en formato pdf o 10/06/2007 na
dirección http://www.crookscape.org/tesemc/tese.html.
CARRÉ ALVARELLOS, L. 1945. Un falo alado en el museo
provincial de Lugo. Boletín de la Real Academia Gallega,
ano XL, tomo XXIV, nº 285-288, p. 464-483.
FERNÁNDEZ CASTRO, J. A. 1982. La capilla y el círculo lítico
de Castrotión – Oca. El Museo de Pontevedra, XXXVI, p.
371-389.
CRIADO BOADO, F.; AIRA RODRÍGUES, M.ª J.; DÍAZ-FIERROS
VIQUEIRA, F. 1986. La construcción del paisaje:
megalitismo y ecología en la sierra de Barbanza. Santiago:
Xunta de Galicia.
DÍEZ CASTILLO, A. e mais RUIZ COBO, J. 1995. Cromlechs y
círculos de piedras: los datos en el sector central de la
cornisa cantábrica. Actas del XXII Congreso Nacional de
Arqueología. (Vigo, 1993), Vigo, volume I, p. 47-53.
EGUILETA FRANCO, J. M. 1995/96. Sondeos arqueológicos
de urgencia en “As Medoñas da Mourela” y prospección
en el polígono industrial de “Penapurreira” (As Pontes de
García Rodríguez, A Coruña): Memoria de las actividades.
Boletín do Museo Provincial de Lugo, VII (2), pp. 125-155.
EGUILETA FRANCO, J. M. 1999. A Baixa Limia galega na
Prehistoria Recente: arqueoloxía dunha paisaxe da Galicia
interior. Ourense: Deputación Provincial.
FÁBREGAS VALCARCE, R. 1992. Megalitismo del Noroeste
de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los
materiales líticos. Madrid, U.N.E.D.
FÁBREGAS VALCARCE, R. 2003. Los avatares de una mámoa:
fechas de C-14 del túmulo 7 de A Mourela (As Pontes, A
Coruña). Gallaecia 22, p. 63-71.
FÁBREGAS VALCARCE, R. e mais VILASECO VÁZQUEZ, X. I.
2003. El Neolítico y el megalitismo en Galicia: problemas
teórico-metodológicos y estado de la cuestión. En V. S.
GONÇALVES (ed.) Muita gente, poucas antas? Origens,
espaços e contextos do Megalitismo. Actas do II
Colóquio Internacional sobre Megalitismo (Reguengos
de Monsaraz, 2000). Lisboa: Ministério de Cultura, p.
281-304.
FÁBREGAS VALCARCE, R. e mais VILASECO VÁZQUEZ, X. I.
2006. En torno al megalitismo gallego. En Fábregas
Valcarce, R. e mais Carrera Ramírez, F. Arte Parietal
Megalítico en el Noroeste Peninsular. Conocimiento y
conservación. Santiago: Tórculo, p. 11-36.
O círculo que foi. A Mourela no seu contexto histórico
GRUPO DE TRABALLO A FORNELA. 1996. Antas e pedrafitas
de Galicia. A Coruña: Asociación de Amigos do Museu
Arqueolóxico.
IGLESIA, S. de la. 1907. Catálogo de la sección de
protohistoria gallega de la colección de Santiago de la
Iglesia. Almanaque de Ferrol para el año de 1908, p. 59-67.
LÓPEZ CUEVILLAS, F. 1980. Prehistoria. En Otero Pedrayo (dir.)
Historia de Galicia. Madrid, Akal, Vol III. [Orixinal
redactado en 1952].
LÓPEZ GARCÍA, J. 1926. La Citania de Sta. Tecla o una ciudad
prehistórica desenterrada. Apuntes arqueológicos. A
Guarda (Pontevedra): Imprenta Casa Táboas.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1895a. Investigaciones
prehistóricas en Galicia. La Ilustración Artística. Barcelona,
nº 684 (4 de febreiro), p. 126.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1895b. Investigaciones
prehistóricas en Galicia II. La Ilustración Artística.
Barcelona, nº 687 (25 de febreiro), p. 174.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1921. San Andrés de
Teixido: historia, leyendas y tradiciones. A Coruña:
Litografía e imprenta Roel.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1929. Notable grupo de
círculos líthicos y túmulos dolménicos de la cuenca
superior del Eume. Arquivos do Seminario de Estudos
Galegos 2, p. 195 - 230.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1942-44. Túmulos
prehistóricos. Inventario descriptivo de los doscientos
ochenta y seis túmulos prehistóricos hasta ahora
descubiertos en la avanzada comarca del Cabo Ortegal.
Boletín de la Real Academia Ballega T. 23, n. 266 (1942), p.
21-29. T. 23, n. 268 (1942), p. 124-134. T. 23, n. 269-270
(1942), p. 178-186. T. 23, n. 271-272 (1943), p. 228-239. T. 23,
n. 273 (1943), p. 314-321. T. 24, n. 277-280 (1944), p. 15-34.
MACIÑEIRA PARDO DE LAMA, F. 1947. Bares. Puerto
hispánico de la primitiva navegación occidental. Santiago:
C.S.I.C. [Edición facsímil. Fundación Ortegalia/CSIC, 2002].
MARTÍNEZ MURGUÍA, M. 1865. Historia de Galicia. Tomo I.
Lugo: Imprenta de Soto Freire (1ª ed.).
MARTÍNEZ MURGUÍA, M. 1888. Galicia. Colección España,
sus monumentos y artes – su naturaleza e historia.
Barcelona, Daniel Cortezo y Cª.
MARTÍNEZ MURGUÍA, M. 1901. Historia de Galicia. Tomo I.
A Coruña: Librería de D. Eugenio Carré. (2ª ed.).
MONTEAGUDO GARCÍA, L. 2003. Menhires y marcos de
Portugal y Galicia. Anuario Brigantino, 26, p. 25-50.
OBERMAIER, H. 1923. Impresiones de un viaje prehistórico
por Galicia. Primera parte. Boletín de la Comisión
Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de
Orense, T. VII, nº 148, p. 1-21.
PEARSON, M. P. 1993. Bronze Age Britain. Londres: B. T.
Batsford Ltd / English Heritage.
PEÑA SANTOS, A. DE LA. 1982. Excavaciones arqueológicas
de urgencia en la provincia de Pontevedra durante el año
1981. El Museo de Pontevedra XXXVI, pp. 67-82.
PEÑALVER IRIBARREN, X. 1990. El ritual funerario en los
«cromlechs» pirenaicos según los últimos trabajos en el
conjunto megalítico de Musliko Gaina. Urnieta – Hernani
(Guipuzkoa). Zephyrus XLIII, p. 131-136.
PEÑALVER IRIBARREN, X. 2004. Mairubaratzak. Pirinioetako
Harrespilak. Donostia: Aranzadi zientzi elkartea.
PEÑALVER IRIBARREN, X. 2005. Los crómlech pirenaicos.
Bolskan. Revista de Arqueología Oscense, 22, p. 11-349.
PEREIRA GONZÁLEZ, F. 1996. Unha contribución ao estudio
da historia da arqueoloxía galega: o emprego da
información arqueolóxica en Galicia (1800-1922).
Gallaecia, 14/15, p. 7-29.
RAMIL REGO, E. 1995. El área megalítica de Pedra Chantada
y su relación con el medio natural. Portugália, Nova Série,
XVI, p. 5-30.
RAMIL REGO, E. e mais MUÍÑO MANEIRO, X. A. 2006.
Federico Maciñeira y Pardo de Lama. Vilalba: Museo de
Prehistoria e Arqueoloxía. Serie “Pioneiros da Arqueoloxía”.
RUIZ COBO, J.; DÍEZ CASTILLO, A.; LÓPEZ QUINTANA, J. C.
1995. Menhires/Monolitos: estruturas monolíticas en el
sector central de la cornisa cantábrica. Actas del XXII
Congreso Nacional de Arqueología. (Vigo, 1993), Vigo,
volume I, pp. 55-62.
RODRÍGUEZ CASAL, A.A. 1990. O megalitismo. A primeira
arquitectura monumental de Galicia. Santiago:
Universidade de Santiago de Compostela.
SARALEGUI Y MEDINA, L. 1867. Estudios sobre la época
céltica en Galicia. Ferrol: Nicasio Taxonera Editor.
SARALEGUI Y MEDINA, L. 1894. Estudios sobre la época
céltica en Galicia. 3ª edición. Ferrol: Imprenta y librería de
R. Pita.
SARALEGUI y MEDINA, M. 1918. Los monumentos
megalíticos en España. Madrid: Imprenta de los hijos de
M. G. Hernández.
SILVA, E. J. LÓPES DA. 1996. O recinto megalítico de S.
Cristovão (Resende). Primeira Notícia. En En Balbín, R.;
Bueno, P. (eds.) IIº Congreso de Arqueología Peninsular
(Zamora, 1996). Tomo II. Neolítico, Calcolítico y Bronce,
Zamora: Fundación Rei Afonso Henriques, p. 217-220.
SILVA, E. J. LÓPES DA. 2003. Novos dados sobre o
megalitismo do Norte de Portugal. En V. S. GONÇALVES
(ed.) Muita gente, poucas antas? Origens, espaços e
contextos do Megalitismo. Lisboa: Ministerio de Cultura,
p. 269-279.
57
58
Círculo de engaños: Excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
S.T.A. (Servizos Técnicos de Arqueoloxía). 1989. Inventario e
catalogación do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
Arqueoloxía. Informes 1. Campaña 1987. [Imp. A Coruña]:
Xunta de Galicia, p. 168-175.
VÁZQUEZ SEIJAS, M. 1943. Campo de Mámoas. Boletín de
la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y
Artísticos de Lugo, T. 1, n. 5, p. 127-132.
VEGA PATO, T. 1988-89. “A Pedra Alta” de Cortegada. Un
menhir en “A Lagoa de Antela”. Boletín Auriense XVIIIXIX, p. 107-118.
VICETTO, B. 1865. Historia de Galicia. Tomo I. Ferrol: Nicasio
Taxonera editor.
VILASECO VÁZQUEZ, X. I. 2000. Estructuras de acceso nos
monumentos megalíticos do Noroeste. Tese de licencitura
inédita presentada na Facultade de Xeografía e Historia
da Universidade de Santiago de Compostela.
VILASECO VÁZQUEZ, X. I. 2001. As escavacións
arqueolóxicas en monumentos tumulares de Galicia: 19651998. Cuestións metodolóxicas e bibliométricas. Gallaecia,
20, p. 61-95.
VILLAAMIL Y CASTRO, J. 1873. Antiguedades prehistóricas
y célticas de Galicia. Lugo: Imprenta de Soto Freire.
VILLOCH VÁZQUEZ, V. 1998. Un nuevo menhir en Cristal.
Gallaecia, 17, pp.107-119.
VV. AA. 1979. Prehistoria e arqueoloxía de Galicia: estado
da cuestión. [S.l.]: Instituto de Estudios Galegos “Padre
Sarmiento”.