Gordiano I
Marcus Antonius Gordianus Africanus, nado cara ao 159 e finado o 12 de abril do 238, foi un emperador romano, proviña dunha coñecida familia romana, era fillo de Metius Marulus e Ulpia Gordiana, xa sendo moi novo tivo cargos de responsabilidade onde destacou pola súa virtude e moderación.
Nome orixinal | (la) Marcus Antonius Gordianus Sempronianus Romanus Africanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 159 Frixia, Turquía |
Morte | 12 de abril de 238 (78/79 anos) Roman Carthage, Tunisia (en) |
Causa da morte | suicidio, enforcamento |
Emperador romano | |
22 de marzo de 238 (Gregoriano) – 12 de abril de 238 (Gregoriano) | |
Cuestor | |
Edil (pt) | |
Pretor | |
Gobernador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
Outro | |
Título | Emperador romano |
Familia | Gordian dynasty (en) |
Cónxuxe | Fabia Orestilla |
Fillos | Gordiano II, Antónia Gordiana |
Pais | Maecius Marullus e Ulpia Gordiana |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarSendo emperador Caracalla, no ano 213 noméano por vez primeira cónsul e no 229, baixo Alexandre Severo, é nomeado por segunda vez. Este emperador enviou a Gordiano a África en calidade de procónsul onde conseguiu ser moi popular, gañando o afecto e o respecto dos cidadáns. Casou con Fabia Orestilla coa quen tivo un fillo (nado no 192) tamén chamado Gordiano.
No 238, chega a África o recadador de impostos enviado polo emperador Maximino, quen exasperou a poboación coas súas exaccións e métodos e que asasinaron mozos da nobreza. Os cidadáns, decididos a burlar as seguras represalias do tiránico emperador tracio Maximino, instaron a Gordiano para que se fixese cargo do trono imperial, xunto co seu fillo. Esta sublevación foi ben vista polo pobo de Roma, que detestaba o feroz e tiránico réxime imposto por Maximino. O Senado recoñeceu a Gordiano e o seu fillo, e nomeounos augustus destituíndo a Maximino.
Unha das primeiras medidas que tomaron foi desposuír dos seus cargos aos partidarios do emperador, entre eles a Capeliano, gobernador da provincia de Mauritania. Este non aceptou esta destitución, e marchou sobre Cartago cun forte exército. No transcurso da loita ás portas da cidade, morre Gordiano II, o fillo. Ao saber o pai da morte, desesperado, suicídase. O goberno conxunto de pai e fillo só durara 45 días.
Pouco despois, morre asasinado Maximino polas súas tropas, Balbino e Pupieno morren a mans dos pretorianos en Roma e chega ao poder o neto de Gordiano baixo o nome de Gordiano III.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximino Tracio |
Gordiano I (238-238)
|
Precede a: Gordiano III |