User talk:MGPita
No titorial primeiros pasos e nas preguntas frecuentes pode atopar moita información de axuda logo de rexistrase. Explícase como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da política de licenzas. Non necesita coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímese a contribuír aquí e presupoña boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente fácil contribuír. Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode pórse en contacto co resto dos usuarios galegofalantes na Taberna ou cos usuarios internacionais no canal de IRC #wikimedia-commons. Tamén pode contactar cos administradores na súa páxina de discusión. Se ten algunha pregunta específica sobre o copyright, formúlea en Commons talk:Licensing. |
| |
(P.S. Por favor pode responder a esta mensaxe no espazo común para que saibamos que ten a información que precisa?) |
- Non dubides en poñerte en contacto comigo cando desexes. Á menor dúbida que teñas, considera que me tes á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 19:41, 26 June 2007 (UTC)
Para contactar comigo |
Para contactar comigo, fai click na |
Problema coa imaxe
[edit]
|
Grazas por colaborares connosco e subires esta imaxe. As políticas de Commons non atenden a casos concretos, están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes aos que non lles interesa a nosa presenza en Internet, aos que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriamos o risco de que o proxecto se cambalease e/ou desaparecese.
Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada no prazo dunha semana. Paso a explicarche os datos que fan falta e como incorporalos.
Indicación dos datos necesarios para que as imaxes subidas a Commons non sexan borradas
[edit]¿Qué debes indicar?
- se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente. Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos e non se pode subir a Commons (Commons:Derivative works).
- Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (link) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en dita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial, a non ser que pasen 70 anos da morte do autor (fotógrafo,...). Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
- se a copiaches doutra Wikipedia (por exemplo a galega), coloca un enlace exacto á páxina de información da imaxe orixinal. Non basta dicir soamente que a imaxe se tomou de "outra Wikipedia"; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
¿Cal é a licenza da imaxe?
- Se a imaxe a fixeches ti, debes utilizar unha das admitidas e expresadas en Commons:Primeiros pasos/Selección da licenza, por exemplo {{GFDL-self}} ou {{PD-self}}.
- No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña.
Todas as imaxes que se soben a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que haxa varias posibles licenzas. A licenza PD-self coloca a imaxe no dominio público sen restricións. En poucas palabras, a licenza GFDL-self obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomee o autor e o lugar de onde se obtivo.
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida? ::*Accede ás túas fotos.
- Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
- Garda a páxina
¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 19:41, 26 June 2007 (UTC)