Sara Pena Val
Sara Pena Val
Sara Pena Val
(…)
El estudio del uso del lenguaje no es nada nuevo (lleva, probablemente, más
de dos milenios), pero la pragmática es el primer intento de hacer, dentro de la
lingüística, una teoría del significado de las palabras en su relación con
hablantes y contextos. El programa de la pragmática es muy provocativo: se
trata de explicar, entre otras cosas, en qué consiste la interpretación de un
enunciado, cuál es la función del contexto, qué relación hay entre significado
literal y el significado comunicado, por qué hablamos con figuras, cómo afecta
la función comunicativa a la gramática de las lenguas.
Todos os seres humanos facemos un uso diario da linguaxe, pero non nos paramos a pensar que é o que realmente fai
que a comunicación funcione. De feito, a comunicación é máis complexa do que pensamos. Dentro deste proceso
comunicativo é esencial destacar a pragmática, xa que se encarga do estudo da relación entre a linguaxe e os usuarios.
No programa da pragmática abárcanse varios temas: a interpretación dun enunciado, a función do contexto de dito
enunciado, a relación establecida entre o significado literal e o comunicativo e entre moitos outros, a función
comunicativa na gramática das linguas. Para todo isto é imprescindible levar a cabo unha análise profunda dos falantes.
concepto definición
1. Comunicación A comunicación consiste na transmisión de información.
Para levala a cabo é necesaria a participación polo
menos de dous usuarios: emisor e receptor.
Cando comunicamos algo esperamos a resposta dun receptor. Isto é a retroalimentación ( total feedback). O emisor pode
controlar o que di, e incluso modificalo no caso de emitir erros.
Pola contra, a información non precisa da retroalimentación, xa que son os datos que se transmiten. Polo tanto a diferenza
principal entre comunicación e información é que a primeira delas si necesita retroalimentación para seguir producíndose.