Modelo:Comida preparada Unha empanada ou bola[1] é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.

Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.

A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).

Empanadas galegas

 
Empanada de millo
"Hai quen dixo que a empanada é invención do pobo pobre. Que o siga decindo. Galicia é país de empanadas, e convén dicir que entre nós téñense ensaiado empanadas de cáseque todo. Algunhas gozan de máis prestixio que outras. Outras soamentes se fan nalgún sitio: a de "papuxas" en Monforte de Lemos, que é cousa boa. De Lugo e da Galicia fluvial son as empanadas de anguía. Nas Rías Baixas fanse, con pan de millo, escelentísimas empanadas de croques e de vieiras"
Cunqueiro

As empanadas galegas consisten basicamente nun prato feito no forno nun recipiente especial chamado empanadeira, feito de metal e normalmente redondo cun diámetro duns 60 cm e 5 cm de fundo. Na Galiza hai dous tipos principais de empanadas:

Existen tamén empanadas doces, principalmente a empanada de mazá, moi semellante ao apple pie inglés.

No Pórtico da Gloria unha das figuras ten nas mans o que se deu en identificar como a primeira representación dunha empanada galega.

Empanada de trigo

É a mais común e está estendida por todo o territorio, no interior é mais habitual o recheo de carne e no litoral de peixe ou marisco. O procedemento consiste en estender arredor dun kilo de masa de pan en dous círculos e situar entre ambos o recheo, xeralmente cru e cun sofrito de cebola (que pode levar pimento ou pimentón), ainda que algúns tipos de empanada, xeralmente de carnes como a empanada de raxo, por exemplo, están cociñados previamente nun sofrito. Os dous círculos únense de diversas formas e o conxunto cócese arredor de 45 minutos. Tradicionalmente as empanadas levabanse a un forno de pan onde se cocian, porén este costume está a desaparecer. Ainda que as empanadas caseiras están máis comunmente feitas de masa de pan, teñen o problema de que axiña resesan, polo que son dificeis de encontrar en estabelecementos comerciais, que prefiren masas feitas con graxa ou aceite, de menores cualidades culinarias e mais indixestas, pero que se conservan moito máis tempo.

Algúns tipos :

  • Empanada de iscos, con fetas de touciño, típica de Lugo
  • Empanada de bacallau, tamén na versión moderna con uvas pasas.
  • Empanada de zorza. Típica do interior, especialmente na provincia de Lugo.
  • Empanada de polo, ou de polo con setas ou champiñóns.
  • Empanada de raxo.
  • Empanada de bonito a máis demandada e apreciada.

Empanada de millo

Típica das rías Baixas, o seu proceso é mais difícil, esténdese masa de boroa no fundo da empanadeira untada en aceite ou graxa, colocase o recheio e o sofrito e vaise cubrindo con pequenas tortas de masa soldadas a man. Normalmente é de produtos do mar.

As mais típicas son a de xoubas e a de berberechos.

A empanada na gastronomía internacional

España

A empanada española, contrariamente á dos países sudamericanos (que equivalería máis ou menos a unha empanadilla) é grande, para varios comensais. Este é un prato moi popular en case todas as rexións españolas, aínda que quizais as máis famosas sexan as de Galicia e Asturias. Aínda así, son tamén moi famosos os diferentes "hornazos" ( especie de empanada, típico das rexións castelás e andaluza) como por exemplo, o de Salamanca. As empanadas españolas poden ter recheos salgados -carne, peixe, marisco...- ou doces -mazá...- e en moitas localidades teñen unha especialidade particular.

Antigamente (aproximadamente no século XVI), chamábase "empanadas á inglesa" ás elaboradas cunha masa semellante á do pan. A empanada galega deriva en efecto dunha "empanada" medieval, que resultaba de colocar diversos alimentos -verduras, ovos, carnes, mariscos etc.- nun oco feito nunha bóla de pan suficientemente grande, preparación que se realizaba sobre todo para o fornecemento de pastores e peregrinos polo práctico desta presentación de comida. Así e todo, co paso do tempo, en lugar de encher o pan previamente forneado, comenzouse a fornear directamente a masa de pan co recheo dentro, o que lle dá o seu sabor característico.

América

As empanadas sudaméricanas son do tipo da empanadilla, pero con recheos xeralmente mais variados e picantes.

As empadas ou empadinhas, son similares ás empanadillas españolas e moi comúns no Brasil.

Festas gastronómicas

Véxase artigo principal Festa da empanada

Dada a súa tradición na gastronomía galega, existen varias festas dedicadas a este produto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • CUNQUEIRO, Álvaro: A cociña galega. Galaxia, Vigo 1980, 3º ed., px. 26,