Ángel Villanueva Cendón

avogado, empresario e político galego

Manuel Ángel Villanueva Cendón, nado en Ourense en 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 2015, foi un empresario e político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaÁngel Villanueva Cendón
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2015 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMelón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político, emprendedor Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na céntrica rúa de Alba, na actualidade chamada de cardeal Quiroga, nunha familia de relevancia en Ourense. A súa famlia materna era de Melón.

Licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, se ben nunca chegou a exercer como avogado. Comezou o seu labor empresarial xestionando a empresa familiar de ferraxería, dende onde arrincou a súa carreira pública ao pasar a ser dirixente da Confederación de Empresarios de Ourense e, posteriormente, concelleiro da cidade de Ourense logo das primeiras eleccións democráticas de 1979: o seu partido, a Coalición Democrática, quedou en segundo lugar nos comicios, por detrás da UCD, e o centrista José Luis López Iglesias foi elixido alcalde. Villanueva Cendón figuraba de número 5 nunha candidatura encabezada por Celso Vázquez-Gulías[1].

Do concello saltou ao Parlamento galego, ao encabezar a lista pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas, en 1981. Neses comicios, Alianza Popular quedou por detrás da UCD en Ourense, pero no cómputo xeral gañou as eleccións e Xerardo Fernández Albor foi investido presidente. Como consecuencia diso, Villanueva Cendón en 1982 foi nomeado conselleiro de Turismo e Deportes no primeiro goberno de Albor, e a partir de 1983 foi conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes logo de modificárense as competencias da consellería.

Volveu ser reelixido como deputado pola provincia de Ourense nas eleccións galegas de 1985, ao figurar de número 2 nunha candidatura de coalición entre o seu partido e Centristas de Galicia, e que ía encabezada precisamente polo líder centrista Victorino Núñez. Trala vitoria da Coalición Popular foi nomeado Conselleiro de Presidencia. Abandonou ese posto en 1987, cando prosperou a moción de censura encabezada por González Laxe contra o goberno de Albor. Non se presentou á reelección nos comicios de 1989, onde tivo lugar a primeira maioría absoluta de Manuel Fraga, debido a problemas de saúde[2].

Vida persoal

editar

Foi sobriño de Justo Villanueva, dirixente do Partido Radical durante a II República.

Faleceu a causa dunha insuficiencia respiratoria, e foi soterrado en Melón.


Predecesor:
-
  
Conselleiro de Turismo e Deportes
 
1982 - 1986
Sucesor:
consellería extinguida
Predecesor:
Xosé Luís Barreiro Rivas
  
Conselleiro de Presidencia
 
1986 - 1987
Sucesor:
Pablo González Mariñas
  1. Maribel Outeiriño: Ourense en 4 tiempos: Los nuevos concejales, La Región, 22 de abril de 2004.
  2. "El PP sitúa una maestra como cabeza de lista por Lugo". 12 de novembro de 1989. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.