Ames, Ames

parroquia civil do concello de Ames

San Tomé de Ames[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 16,43 km² e dezaoito entidades de poboación. Segundo o padrón municipal (INE) en 2018 tiña 1552 habitantes (766 homes e 786 mulleres), 93 máis ca en 1999.

Ames
Igrexa de San Tomé de Ames.
ConcelloAmes[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°54′15″N 8°39′20″O / 42.90426, -8.65551
Área16,43 km²
Poboación1.552 hab. (2018)
Densidade94,46 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea weg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2]

editar

Un dos lugares desta parroquia é Barouta, sobre a que corre esta cantiga:

Si fores a San Amaro,
San Amaro de Barouta,
si fores a San Amaro
bailarás con pouca roupa.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ames

editar
Lugares da parroquia de Ames no concello de Ames (A Coruña)

Augapesada | Barouta | Carreira | Castelo | Castiñeiro de Lobo | Cruxeiras | Lamas | Oca | Outeiro | Padrón | Pedras | Pedrouzos | Pegariños | Pousada | Proupín | Quintáns | Seares de Abaixo | Seares de Arriba | Vilar

Parroquias de Ames

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar