Ames, Ames
San Tomé de Ames[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 16,43 km² e dezaoito entidades de poboación. Segundo o padrón municipal (INE) en 2018 tiña 1552 habitantes (766 homes e 786 mulleres), 93 máis ca en 1999.
Ames | |
---|---|
Igrexa de San Tomé de Ames. | |
Concello | Ames[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°54′15″N 8°39′20″O / 42.90426, -8.65551 |
Área | 16,43 km² |
Poboación | 1.552 hab. (2018) |
Densidade | 94,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea weg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2]
Ames na cultura popular
editarUn dos lugares desta parroquia é Barouta, sobre a que corre esta cantiga:
- Si fores a San Amaro,
- San Amaro de Barouta,
- si fores a San Amaro
- bailarás con pouca roupa.
Galería de imaxes
editar-
Capela de San Mauro de Barouta.
-
Ermida de San Xoán de Pousada.
-
Lugar de Augapesada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ames
editarLugares da parroquia de Ames no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
Augapesada | Barouta | Carreira | Castelo | Castiñeiro de Lobo | Cruxeiras | Lamas | Oca | Outeiro | Padrón | Pedras | Pedrouzos | Pegariños | Pousada | Proupín | Quintáns | Seares de Abaixo | Seares de Arriba | Vilar |
Parroquias de Ames
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ames, Ames |