Arquitectura brutalista

estilo arquitectónico

O brutalismo é un estilo arquitectónico surxido do Movemento Moderno e que tivo o seu auxe entre as décadas de 1950 e 1970. Nun comezo estivo baseado no traballo do arquitecto suízo Le Corbusier e en Eero Saarinen.[1][2]

Western City Gate, en Belgrado, Serbia. Exemplo de arquitectura brutalista.

O nome ten a súa orixe no termo francés béton brut, en galego «formigón cru», termo usado por Le Corbusier para describir a elección dos seus materiais.[3] Máis tarde, na década de 1960, o crítico de arquitectura británico Reyner Banham adaptou o termo e renomeuno coma «brutalismo» (en inglés: brutalism), que identificaba o estilo emerxente.[4]

Extensión

editar

O estilo volveuse moi popular entre clientes gobernamentais e institucións, con numerosos exemplos en países de fala inglesa (como o Reino Unido, Estados Unidos, Canadá ou Australia), Europa Occidental (Francia, Alemaña ou Italia) e países do antigo Bloque comunista.

Exemplos

editar
  1. "Brutalism". www.encyclopedia.com (en inglés). Consultado o 2024-10-11. 
  2. "Significado de brutalismo no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-10-11. 
  3. "Le Corbusier et le brutalisme : vers une nouvelle matérialité". Ausarchitect (en francés). 2019-08-13. Consultado o 2024-10-11. 
  4. Banham, Reyner (1955-12-09). "The New Brutalism by Reyner Banham". The Architectural Review (en inglés). Consultado o 2024-10-11. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.