Arturo Baltar

escultor galego

Arturo Baltar Santos, nado en Quintás da Barra (Coles)[1] en 1924 e finado en Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 18 de decembro de 2017[2], foi un escultor galego.

Modelo:BiografíaArturo Baltar
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Coles, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
O Pereiro de Aguiar, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Artes e Oficios de Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAntón Faílde Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4947248 BUSC: baltar-arturo-1924

Traxectoria

editar
 
Museo do belén de Arturo Baltar. Ourense.

Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. foi a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de Nadal que continúa en proceso de creación ao longo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.

  1. "«Durante a guerra era o neno que ía no enterro dos mortos do hospital»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-23. Consultado o 2017-12-21. 
  2. López, Belén: "Fallece el escultor Arturo Baltar" Faro de Vigo, 19/12/2017.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Trabazo, Luís: Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Pablos, Francisco: Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.

Ligazóns externas

editar