Carlos Labraña
Carlos Ignacio Labraña Barrero, nado en Cedeira o 29 de maio de 1969, é un escritor galego.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1969 (55 anos) Cedeira, España |
Formación profesional | Arquitectura Técnica |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, teatro infantil e Actuación |
Ocupación | escritor, dramaturgo, actor de teatro |
Xénero artístico | Teatro infantil e xuvenil |
Familia | |
Irmáns | Sabela Labraña |
Premios | |
Traxectoria
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
Arquitecto técnico de profesión, comezou a súa relación co teatro asistindo aos cursos de técnica actoral impartidos pola actriz Fusa Guillén. Xuntos fundaron en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á difusión do teatro infantil galego. Con este colectivo participou na escrita de numerosas pezas de teatro para nenas e nenos como O segredo de Daniel (1998) e A Escada (1994), ámbalas dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós.
Afastado de Cedeira por motivos laborais, comezou a súa escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Sabela e Antón, con títulos como O teatro dos soños, A viaxe de Farrapos ou Esperta, principiño! Froito da colaboración coa Asociación de Amigos do Samaín na recuperación do tallado de cabazas é a obra Indo para o Samaín, traducida posteriormente ao castelán.
Coa peza Os sons da bugina resultou finalista do premio Meiga Moira de Literatura Infantil no ano 2006. Foi galardoado en dúas edicións co Premio Estornela de teatro para nenos con Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014), e mención de honra con A fraga das árbores das palabras (2012). Tamén recibiu en tres ocasións o premio O Facho de teatro infantil polas obras Espantallo (2013), Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2014) e Estrela... fugaz? (2015) e o premio Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016).
Participa na promoción do teatro infantil galego a través de diferentes plataformas, como a Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ),[1] de cuxa directiva formou parte, a Asociación de Literatura Dramática Galega (DRAMATURGA), da que é socio fundador, ou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), na que coordina un grupo traballo para a elaboración da Guía do teatro infantil e xuvenil galego.
Fundou a compañía de teatro Os furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor. Estrelamar foi a primeira montaxe estreada.
Obras
editarTeatro infanto-xuvenil
editar- O teatro dos soños (2005). Colectivo Garola.
- Os sons da buguina (2006). Baía Edicións.
- Esperta, Principiño! (2008). Edicións Embora.
- Estrelamar (2008). Edicións Fervenza.
- Lendas da noite de San Xoán (2008). Everest Galicia.
- Os ratos (2008). Edicións Fervenza.
- Peter Pan no cabo do mundo (2010). Revista Casahamlet.
- Teatro de xoguete (2011). Edicións Fervenza.
- A fraga das árbores das palabras (2013). Edicións Embora.
- O Galo de Portugal camiño de Compostela (2015). Edicións Fervenza.
- Espantallo (2015). Edicións Fervenza.
- Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2016). Galaxia.
- O apalpador (2016). Galaxia.
- O valo (2017). Xerais.
- A fada pirata (2018). Edicións Fervenza
- Estrelecer (2019). Galaxia
- A Pequena Compaña (2019). Edicións Embora
- Contra o reloxo (2021). Galaxia.
- O valo (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Nuria Díaz. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-235-3. ePub: ISBN 978-84-1110-244-5.
- Mambrú volveu da guerra (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Raquel Lagartos. 80 páxs. ePub: ISBN 978-84-1110-453-1.
- Mares de Cedeira (2023)[2][3]
- Ícaras (2024). Vigo: Galaxia. 106 páxs. ISBN 978-84-1176-195-6. Ilustracións de Mara Méndez García.
Obras colectivas infanto-xuvenís
editar- O segredo de Daniel, 1993, Sotelo Blanco.
- A escada, 1996, Xerais. 2ª edición en 2009, en Edicións Embora.
- Hai gato pechado na caixa de Torcuato?, 1996.
- Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas. ¡Escapa que vén a Paca!, 1996.
- O mexillón, 2001, Colectivo Garola.
- Indo para o Samaín, 2002, Everest. Traducido ao castelán en 2005 na mesma editora co título Camino al Samaín: la fiesta de las calabazas.[4]
- Pampón tiña razón, 2005.
- A viaxe de Farrapos, 2008, Xunta de Galicia.
- Un traballo é un traballo, 2010, Edicións Embora.
- Peter Pan no Santo André de Teixido, 2020, Soños de Cajamarca, Antela Edicións.
Recoñecementos
editarA biblioteca do CEIP Nicolás del Río leva o seu nome.[5]
- Gañador do II Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantís no 1988, por O segredo de Daniel.
- Gañador do VII Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantis no 1994, por A escada, e finalista nesa mesma edición con O teatro dos soños.
- Finalista no II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006, por Os sons da buguina.
- Gañador do VI Premio Estornela de teatro para nenos no 2010, por Teatro de xoguete.
- Mención de honra do VII Premio Estornela de teatro para nenos no 2012, por A fraga das árbores das palabras.
- Gañador do XIV Concurso O Facho de teatro infantil no 2013, por Espantallo.
- Gañador do XV Concurso O Facho de teatro infantil no 2014, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada.
- Gañador do VIII Premio Estornela de teatro para nenos no 2014, por A pequena compaña.
- Gañador do XVI Concurso O Facho de teatro infantil no 2015, por Estrela... fugaz?.
- Gañador do IX Premio Manuel María de literatura dramática infantil no 2016, por O valo
- Premio á mellor obra de teatro da II Gala do Libro Galego no 2017, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada.
- Finalista á mellor obra de teatro da IV Gala do Libro Galego no 2019, por A fada pirata.
- Gañador do II Premio Platta de Teatro Breve no 2020, por Descociñando.
- Gañador do XX Concurso O Facho de teatro infantil no 2022, por Ícaras.
- XXIII Premio de Teatro Infantil 2022 da Fundación SGAE por Mambrú volveu da guerra[6][7].
- XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil pola obra O carteiro de Ximaraos.[8]
- XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos, pola obra O Faro.[8]
Vida persoal
editarFoi irmán da lingüista Sabela Labraña.
Notas
editar- ↑ Asociación española del teatro infantil y juvenil (ASSITEJ)
- ↑ "O teatro infantil de Carlos Labraña, en formato libro en Cedeira". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-06. Consultado o 2024-03-11.
- ↑ "Cedeira edita e achega ao público a obra de teatro “Mares de Cedeira”, de Carlos Labraña". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-03-11.
- ↑ "Camino al Samaín: La fiesta de las calabazas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Carlos Labraña da nombre a la biblioteca del Ceip Nicolás del Río". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-05. Consultado o 2024-03-11.
- ↑ "Carlos Labraña, Premio SGAE de Teatro Infantil 2022". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-03-11.
- ↑ "'Mambrú volveu da guerra', do dramaturgo Carlos Labraña, primeira obra en galego que gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil". Nós Diario. 2022-10-24. Consultado o 2024-03-11.
- ↑ 8,0 8,1 "Avelina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid, premios de literatura dramática". Nós Diario. 2024-11-12. Consultado o 2024-11-13.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Labraña |
Ligazóns externas
editar