Cemiterio de Adina

camposanto da parroquia de Iria Flavia, no concello de Padrón

O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.[1][2]

Cemiterio de Adina coas oliveiras ó fondo.

Historia

editar
II

O simiterio da Adina
n’hai duda de que é encantador,
cos seus olivos escuros
de vella recordazón;
co seu chan de herbas e frores
lindas, cal n’outras dou Dios;
cos seus canónegos vellos
que nel se sentan ó sol;
cos meniños que alí xogan
contentos e rebuldós;
cas lousas brancas que o cruben,
e cos húmedos montós
de terra, onde algunha probe
ó amañecer se enterrou.

Moito te quixen un tempo,
simiterio encantador,
cos teus olivos escuros,
máis vellos que os meus avós;
cos teus cregos venerables,
que se iban sentar ó sol,
mentras cantaban os páxaros
as matutinas cancións,
e co teu osario humilde
que tanto respeto impón
cando da luz que nel arde
ve un de noite o resprandor.
Moito te quixen, e quérote,
eso ben o sabe Dios;
mas hoxe ó pensar en ti
núbraseme o corazón:
que a terra está removida,
negra e sin frols…

Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá[4] de época romana tardía e sueva.[1][5][6]

Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885,[7] non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.[8] No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda.[9] No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros,[10] entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.[11]

O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular.[1][2] As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.[12]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 "Decreto 2494/1975" (pdf). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 23-10-1975. Consultado o 02-04-2017. Decreto 2494/1975, do 23 de agosto, polo que se declara monumento histórico-artistico de caracter nacional a ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia, co seu contorno, en Padrón (A Coruña) 
  2. 2,0 2,1 "Ex-colegiata de Santa María de Iria Flavia, Con su Entorno". Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (en castelán). Consultado o 02-04-2017. Código: RI-51-0004179 
  3. Rosalía de Castro. ¡Padrón...! ¡Padrón...!. Consultado o 02-04-2017. 
  4. "Iria Flavia". Xacopedia (en castelán). Consultado o 02-04-2017. 
  5. "La ex colegiata de Santa María de Flavia, en Padrón" (pdf). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 02-04-2017. 
  6. García Roldán, Alberto. "Santa María de Iria Flavia, Padrón". Galicia pueblo a pueblo (en castelán). Consultado o 02-04-2017. 
  7. González Besada, A. (07-05-1916). Discursos leídos ante la Real Academia Española (pdf) (en castelán). Real Academia Española. p. 43 e notas na p. 60. Consultado o 02-04-2017. 
  8. Villar Janeiro, Helena (25-2-2011). "Panteón de Galicia". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2017. Consultado o 02-04-2017. 
  9. Botrán, C. (25-04-2006). "La urna de Vidal Cepeda". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  10. "Camilo José Cela ya descansa bajo un olivo en Iria Flavia". ABC (en castelán). 18-01-2002. Consultado o 08-04-2017. 
  11. "Fondos del Museo Ferrocarrilero John Trulock". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 08-04-2017. 
  12. "Árbores e formacións senlleiras de Galicia" (pdf). Xunta de Galicia. Consultado o 08-04-2017. Código 65A 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar