Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.

Modelo:Xeografía políticaCervera
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°39′57″N 1°16′16″L / 41.6657, 1.271001
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
Ámbito funcional territorialPonent
ComarcaSegarra Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCervera Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.453 (2023) Editar o valor en Wikidata (171,25 hab./km²)
Número de fogares528 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie55,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Ondara e río Sió Editar o valor en Wikidata
Altitude548 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJan Pomés (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE25072 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT250729 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcervera.cat Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar

Entidades de poboación

editar
Entidades Poboación (2005)
La Cardosa 4
Castellnou d'Oluges 52
Cervera 8.817
Malgrat 5
La Prenyanosa 14
Vergós 50

Evolución demográfica

editar
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2008
4.350 4.554 5.216 5.773 6.444 6.545 9.247

Comunicacións

editar

En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).

Historia

editar

Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Filipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.

Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.

Lugares de interese

editar
 
Rúas interiores de Cervera
  • Praza Maior porticada
  • Concello (Paeria), de estilo barroco
  • Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
  • Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
  • Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
  • Museu do Blat i a Pagesia
  • Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
  • Monumento á Generalitat de Catalunya
  • Carreró de les Bruixes

En Vergós

editar
  • Castelo
  • Igrexa da Magdalena
  • Igrexa de Santa María

Festas de interese

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar