Cetonia aurata
Cetonia aurata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subspecies[1] | |||||||||||||||||||||
|
Cetonia aurata é unha especie de escaravello da familia dos escarabeidos de 20 mm de longo, que ten unha coloración estrutural metálica verde e un escutelo cunha distintiva forma de V. O escutelo é a pequena área con forma de V entre os élitros; pode mostrar varias liñas e marcas brancas pequenas e irregulares. A parte ventral do animal ten unha cor de cobre e a parte dorsal é ás veces de cor de bronce, cobre, violeta, azul/negra ou cincenta.
Cetonia aurata non debería confundirse coa especie norteamericana Macrodactylus subspinosus nin coa escasa Gnorimus nobilis, que é moi similar. Un xeito de identificar a Cetonia aurata é ver o seu escutelo; que en G. nobilis é un triángulo equilátero, pero en C. aurata é un triángulo isóscele.
Características
editarC. aurata pode voar velozmente cos seus élitros baixados. Aliméntase de pole, néctar e flores, especialmente rosas. Poden encontrarse entre rosas nos días solleiros cálidos de maio a xuño ou xullo e ocasionalmente ata setembro. Encóntranse en Europa central e meridional e na parte sur do Reino Unido, onde ás veces parecen estar moi localizadas. Poden tamén encontrarse no sueste de Asia, no campo e nas illas periféricas fronte a Hong Kong. Son especies saprófagas beneficiosas (detritívoras).
Ciclo vital
editarAs larvas teñen forma de C e teñen un corpo peludo, enrugado e firme, unha cabeza pequena e patas moi pequenas. As larvas pasan o inverno onde se alimentaron, que pode ser en compost, esterco, follas caídas descompostas por fungos ou madeira podre. Crecen moi rapidamente e mudan dúas veces antes do fin do outono. Teñen un ciclo vital de dous anos. Pupan de xuño a xullo. Algúns adultos poden saír da pupa en outono, pero a principal saída prodúcese en primavera, cando os escaravellos se aparean. Despois de aparearse as femias poñen ovos en materia orgánica en descomposición e despois morren.
Coloración
editarA coloración verde metálica do escaravello créase estruturalmente,[2] causada pola reflexión principalmente de luz polarizada circularmente; como noutros escarabeidos esta é unha luz polarizada circularmente á esquerda.[2] Cando se ve través dun polarizador circular dereito, o escaravello parece ser incoloro. Hai tamén diferentes cores ademais do verde común; hai tamén cor de cobre, gris e negro. Moitos espécimes teñen manchas brancas mentres que algúns teñen poucas ou ningunhas. [3] Foi descrita como un polarizador elíptico de banda estreita cara á esquerda.[4]
Galería
editar-
Larva
-
Pupa
-
Adulto
-
Coas ás estendidas; nótense os élitros pechados
-
Padrón de voo
-
Variacións de cor
-
Sobre un cardo
Notas
editar- ↑ "Cetonia aurata". Global Biodiversity Information Facility. Consultado o 2018-01-04.
- ↑ 2,0 2,1 A. A. Michelson (1911). "On metallic colourings in birds and insects". Philosophical Magazine 21 (124): 554–567. doi:10.1080/14786440408637061.
- ↑ Hegedüsa, Ramón; Győző Szélb; Gábor Horváth (setembro de 2006). "Imaging polarimetry of the circularly polarizing cuticle of scarab beetles (Coleoptera: Rutelidae, Cetoniidae)". Vision Research 46 (17): 2786–2797. PMID 16564066. doi:10.1016/j.visres.2006.02.007.
- ↑ Chirality-induced polarization effects in the cuticle of scarab beetles: 100 years after Michelson. 2012
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Rose chafer |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cetonia aurata |
- Photos of Cetonia aurata
- Photos of Cetonia aurata e outras especies de escaravellos Cetonia.
- Rose chafer Cetonia aurata, fotos do seus ciclo vital.
- Cor de Cetonia aurata en lentes de película 3D, vídeo de YouTube de 23 segundos que demostra a dependencia da orientación da luz da cor brillante do escaravello.