Charles Aznavour

cantante, compositor e actor francés

Shahnourh Varinag Aznavourian, coñecido como Charles Aznavour, nado en París o 22 de maio de 1924 e finado[1] en Mouriès o 1 de outubro de 2018, foi un cantante, compositor e actor francés de orixe armenia, considerado en todo o mundo como “o embaixador da canción francesa”. Trátase dun dos cantantes franceses máis populares e de carreira máis extensa, e o máis coñecido internacionalmente; vendeu máis de 100 millóns de discos.[2]

Modelo:BiografíaCharles Aznavour

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles Aznavourian Editar o valor en Wikidata
22 de maio de 1924 Editar o valor en Wikidata
6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 2018 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Mouriès, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteedema pulmonar
parada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemetery of Montfort-l'Amaury (en) Traducir 48°46′41″N 1°48′22″L / 48.778019, 1.806124 Editar o valor en Wikidata
Embaixador da Arménia (pt) Traducir
12 de febreiro de 2009 – 1 de outubro de 2018 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaint-Sulpice (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo armenio Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoChanson, poesía e canto Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautor, artista discográfico, diplomático, director de cinema, cantante, chansonnier, poeta, letrista, compositor, guionista, actor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica popular, chanson, Jazz, middle of the road (en) Traducir, música pop, balada e world music Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
Philips
Tréma (pt) Traducir
Odeon
Reprise Records
Telefunken
Barclay Records
Mercury Records
RGE Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeUlla Thorsell (1968–2018)
Evelyne Plessis (1956–1960)
Micheline Rugel (1946–1952) Editar o valor en Wikidata
FillosSeda Aznavour
 ()
Katia Aznavour
 ()
Misha Aznavour
 () Ulla Thorsell Editar o valor en Wikidata
PaiMisha Aznavourian Editar o valor en Wikidata
IrmánsAida Aznavourian Editar o valor en Wikidata
ParentesMike Connors, curmán
Arus Aznavuryan, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Armenian Concise Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1)
Le dictionnaire biographique : Arméniens d'hier et d'aujourd'hui (en) Traducir, (p.74) Editar o valor en Wikidata
Sitio webaznavourfoundation.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002198 Allocine: 2551 Allmovie: p80302 TV.com: people/charles-aznavour IBDB: 4725
Facebook: aznavourofficiel Twitter: aznavour_c Instagram: charlesaznavour_official Youtube: UChnkfv0G07vf-9vhFNEX-AA BNE: XX1117010 Spotify: 2hgP9Ap2tc10R5jrQaEpMT iTunes: 3097598 Last fm: Charles+Aznavour Musicbrainz: 5f264b87-d5f6-487d-aa3e-ae4c5f0c6fc9 Songkick: 302900 Discogs: 339220 Allmusic: mn0000804476 WikiTree: Aznavourian-1 Find a Grave: 193616603 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Debutou na canción xunto á súa irmá Aida, ao mesmo tempo que no teatro, onde interpretou desde os 11 anos diferentes papeis infantís.

O seu encontro en 1941 con Pierre Roche foi decisivo para el: os dous homes escribiron xuntos cancións e interpretáronas a dúo. J'ai bu, cantada por Georges Ulmer, gañou en 1947 o Grand Prix. O dúo actuaba entón na primeira parte dos concertos de Édith Piaf, ata que Roche marchou ao Quebec. Aznavour escribiu cancións para estrelas como a Piaf (Jézébel), Juliette Gréco (Je hais les dimanches), Eddie Constantine (Et bâiller, et dormir), pero ao principio da súa carreira tivo moitas dificultades para triunfar. Máis tarde, soubo explotar este período da súa vida nunha canción que recolle o estado de ánimo dun fracasado no mundo da canción: Je m'voyais déjà.

O seu primeiro triunfo data de 1953, cando actuou no teatro Olympia: Sur ma vie converteuse no seu primeiro grande éxito. Cancións como Viens pleurer au creux de mon épaule, Tu t'laisses aller, La mamma, Comme ils disent, son cada unha delas un pequeno bosquexo da vida cotiá, un fragmento de vida.

Moi pronto conquistou o público estadounidense e, máis tarde, percorreu o mundo coa súa música. Paralelamente mantivo unha carreira cinematográfica, demasiado discreta para o seu gusto[Cómpre referencia], revelándose como un actor de talento en Tirez sur le pianiste (Disparen sobre o pianista) (1960) de François Truffaut, Un taxi pour Tobrouk (Un taxi por Tobruk) (1961) de Denys de La Patellière, Dix Petits Negres (Dez negriños) (1974) de Peter Collinson e en Die Blechtrommel (O tambor de folladelata) (1979) de Volker Schlöndorff.

En 2009 unha das súas cancións (For me, formidable) soaba na banda sonora da película Seven Pounds protagonizada por Will Smith. Tamén neste ano, Aznavour publicou un álbum dobre, Dúos, onde canta con estrelas de varias xeracións como Liza Minnelli, Elton John e Laura Pausini. Grazas ao uso de novas tecnoloxías, Aznavour puido gravar un dueto coa defunta Édith Piaf, con quen actuou en moitas ocasións pero sen chegar a rexistrar as ditas actuacións.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar