Christian Bale
Christian Charles Philip Bale, nado o 30 de xaneiro de 1974 en Haverfordwest, é un actor británico nado en Gales de pais surafricanos de orixe inglesa.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Christian Charles Philip Bale 30 de xaneiro de 1974 (50 anos) Hwlffordd, Reino Unido |
Residencia | Santa Monica |
Educación | Bournemouth School (en) |
Altura | 1,83 m |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino Unido |
Ocupación | actor, actor de xénero, produtor de cinema, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1983 - |
Familia | |
Cónxuxe | Sandra Blažić (2000–) |
Fillos | Luka Bale, Rex Bale |
Pais | David Bale e Jenny James |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarBale deuse a coñecer cando foi elixido para o papel protagonista do filme de Steven Spielberg O imperio do sol (1987) á idade de 13 anos, interpretando un neno inglés ó que separan da súa familia e que se atopa perdido nun campo de internamento xaponés durante a segunda guerra mundial. Desde entón foi o protagonista de diversas películas independentes e grandes superproducións que o fixeron moi popular en todo o mundo, entre a súa filmografía destacan American Psycho, O maquinista, dous filmes do súper-heroe Batman (Batman empeza e O cabaleiro escuro), O prestixio e Terminator Salvation, onde interpreta a John Connor. Destaca pola súa versatilidade, o seu dominio de diferentes acentos da lingua inglesa, e os seus duros réximes alimenticios, o que lle permite gañar ou perder moito peso segundo o papel que teña que interpretar[Cómpre referencia].
Gañador dun Globo de Ouro e dun Óscar á mellor interpretación masculina de repartimento pola súa interpretación de Richard "Dicky" Eklund no filme The Fighter.
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1986 | Anastasia: The Mystery of Anna | Alexei Nikolaevich | Telefilme |
1987 | Heart of the Country | Ben Harris | Miniserie de tv |
1987 | Mio min Mio | Benke Jum-Jum |
|
1987 | O imperio do sol | Jamie "Jim" Graham | |
1989 | Henry V | Rapaz de Falstaff | |
1990 | Treasure Island | Jim Hawkins | Telefilme |
1991 | A Murder of Quality | Tim Perkins | Telefilme |
1992 | Newsies | Jack "Cowboy" Kelly Francis Sullivan |
|
1993 | Swing Kids | Thomas Berger | |
1994 | Prince of Jutland | Amled | |
1994 | Little Women | Theodore "Laurie" Lawrence | |
1995 | Pocahontas | Thomas | Voz |
1996 | The Portrait of a Lady | Edward Rosier | |
1996 | O axente secreto | Stevie | |
1997 | Metroland | Chris Lloyd | |
1998 | Velvet Goldmine | Arthur Stuart | |
1998 | All the Little Animals | Bobby Platt | |
1999 | A Midsummer Night's Dream | Demetrius | |
1999 | Mary, Mother of Jesus | Xesús | Telefilme |
2000 | American Psycho | Patrick Bateman | |
2000 | Shaft | Walter Wade, Jr. | |
2001 | Captain Corelli's Mandolin | Mandras | |
2002 | Laurel Canyon | Sam Bentley | |
2002 | Reign of Fire | Quinn Abercromby | |
2002 | Equilibrium | Cleric John Preston | |
2004 | O maquinista | Trevor Reznik | |
2004 | Hauru no Ugoku Shiro | Mago Howl | Voz da dobraxe inglesa |
2005 | Batman empeza | Bruce Wayne/Batman | |
2005 | Harsh Times | Jim Luther Davis | Tamén produtor executivo |
2005 | The New World | John Rolfe | |
2006 | Rescue Dawn | Dieter Dengler | |
2006 | O prestixio | Alfred Borden | |
2007 | O tren das 3:10 | Dan Evans | |
2007 | I'm Not There | Jack Rollins/Pastor John | |
2008 | O cabaleiro escuro | Bruce Wayne/Batman | |
2009 | Terminator Salvation | John Connor | |
2009 | Public Enemies | Melvin Purvis | |
2010 | The Fighter | Dicky Eklund | |
2011 | The Flowers of War | John Miller | |
2012 | O cabaleiro escuro: a lenda renace | Bruce Wayne/Batman | |
2013 | Out of the Furnace | Russell Baze | |
2013 | American Hustle | Irving Rosenfeld | |
2014 | Exodus: Gods and Kings | Moisés |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christian Bale |