The Big Short
The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos[3]. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.
The Big Short | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Adam McKay |
Produtor | Dede Gardner Jeremy Kleiner Arnon Milchan Brad Pitt |
Guión | Adam McKay Charles Randolph |
Baseado en | The Big Short de Michael Lewis |
Intérpretes | Christian Bale Steve Carell Ryan Gosling Brad Pitt |
Música | Nicholas Britell |
Fotografía | Barry Ackroyd |
Estudio | Regency Enterprises Plan B Entertainment |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de novembro de 2015 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 28.000.000 $[1] |
Recadación | 133.400.000 $[2] |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20160303180208/http://www.thebigshortmovie.com | |
|
A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.
A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures[4][5] estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.
Argumento
editarO filme describe diversos actores clave na creación da permuta de incumprimento crediticio no mercado que buscaba apostar en contra da obriga colateralizada por débeda (CDO), e que rematou aproveitando a crise financeira global. A película componse de tres historias separadas que se executan simultaneamente, sen trama ningunha superposta, só conectadas pola colapso do mercado hipotecario. Michael Burry (Christian Bale) é o xestor dun fondo de alto risco, que decide investir moito do diñeiro en apostar a que o sistema imobiliario dos Estados Unidos vai quebrar nun breve prazo. Esa decisión xéralle complicacións cos investidores, ao non apostar contra do sistema ninguén antes e tirar proveito. Ao saber destes investimentos, o corredor Jared Vennett (Ryan Gosling) percibe a oportunidade e ofrécella aos seus clientes. Un deles é Mark Baum (Steve Carell), o dono dunha corredoría que enfronta problemas persoais dende o suicidio do seu irmán. Paralelamente, dous principiantes na Bolsa de Valores pensan que poden gañar moitos cartos ao apostar na crise inmobiliaria e, para tanto, piden axuda a un gurú de Wall Street, Ben Rickert (Brad Pitt), que vive recluso.[6]
Elenco
editar- Christian Bale - Michael Burry
- Steve Carell - Mark Baum
- Ryan Gosling - Jared Vennett
- John Magaro - Charlie Geller
- Finn Wittrock - Jamie Shipley
- Brad Pitt - Ben Rickert
- Hamish Linklater - Porter Collins
- Rafe Spall - Danny Moses
- Jeremy Strong - Vinny Daniel
- Marisa Tomei - Cynthia Baum
- Melissa Leo - Georgia Hale
- Stanley Wong - Ted Jiang
- Byron Mann - Wing Chau
- Tracy Letts - Lawrence Fields
- Karen Gillan - Evie
- Max Greenfield
- Margot Robbie - Ela mesma
- Selena Gomez - Ela mesma
- Richard Thaler - Ela mesma
- Anthony Bourdain - El mesmo
Produción
editarDesenvolvemento
editarEn 2013, Paramount adquiriu os dereitos do libro de non ficción The Big Short: Inside the Doomsday Machine de Michael Lewis para desenvolvelo nun filme, que a produtora de Brad Pitt, Plan B Entertrainment ía producir[7]. O 24 de marzo de 2014 contratouse a Adam McKay para escribir e dirixir a película, sobre a burbulla económica e hipotecaria.[3] o guionista Charles Randolph, escribiu a historia e un dos primeiros cambios foi atopar o ton correcto para a película[8]. Dous anos despois de Randolph escribir o seu proxecto, McKay, como director, reescribiu o guión. Foi de McKay a idea de incluír cameos de famosos no filme para explicar conceptos financeiros.
O elenco
editarO 13 de xaneiro de 2015, Variety anunciou que Brad Pitt, Christian Bale, e Ryan Gosling ían protagonizar o filme, con Pitt producindo a película canda Dede Gardner e Jeremy Kleiner. Plan B Entertrainment ía financialo, e Paramount xestionaría os dereitos de distribución.[9] Pitt xa actuou na adaptación doutro libro de Lewis Moneyball, co que foi candidato aos Óscar. O 14 de xaneiro, anunciouse que Steve Carell tamén actuaría.[10] O 21 de abril de 2015 Deadline deu a coñer a máis membros da repartición, Melissa Leo, Marisa Tomei, Tracy Letts, Hamish Linklater, John Magaro, Byron Mann, Rafe Spall, Jeremy Strong, e Finn Wittrock.[11] Charles Randolph escribiu a versión inicial. Max Greenfield uniuse o elenco da película o 23 de abril de 2015.[12] Karen Gillan chiou sobre a súa implicación na película o 8 de maio de 2015.[13]
Rodaxe
editarA rodaxe principal comezou o 18 de marzo de 2015 en Nova Orleáns (Luisiana)[14][15]. O 20 de maio de 2015 rodouse en Manhattan, Nova York[16]. O 22 de maio, o equipo de produción recreou as oficinas da empresa de investimento Lehman Brothers no ástrago do Departamento de Servizos Financeiros do Estado de Nova York, en Manhattan[17].
Estrea
editarO 22 de setembro de 2015 Paramount anunciou que o filme coñecería unha estrea limitada o 11 de decembro de 2015, mentres a exhibición xeral comezaría o 23 de decembro de 2015[18]. O filme saíu en DVD e Blu-ray o 15 de marzo de 2016.
Recepción
editarRecadación
editarThe Big Short recadou 70.300.000$ nos Estados Unidos e o Canadá e outros 63.200.000 no resto do mundo, facendo un total de 133.400.000 fronte a un orzamento de produción de 50.000.000.
A estrea foi en oito cines dos Ánxeles, Nova York, San Francisco e Chicago o 11 de decembro de 2015 e recadou 705.527$ (unha media de 88.191 por cine). A mellor posición dunha película de estrea en oito localidades, superando a anterior marca de Memorias dunha gueixa (85.313 por cine)[19] A estrea en todo o país foi o 23 de decembro de 2015 e recadou 2.300.000$ no seu primeiro día e na primeira fin de semana recadou 10.500.000, a 6º mellor recadación.[20]
Crítica
editarEn Rotten Tomatoes, a película ten unha taxa de aprobación do 88% baseada en 281 críticas, cunha media de 7.8/10. En Metacritic, a súa puntuación é de 81 sobre 100, baseada en 45 críticas, indicando "recoñecemento universal"[21]. En CinemaScore o público consultado deulle ao filme unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F. IGN deulle unha puntuación de 8.6/10, enxalzando a súa "enérxica dirección" e facer "un complicado conto comprensible para o leigo, mesmo cando desencadea indignación nos logreiros que axudaron a causalo"[22]. The New York Times afirmou que ofrece a mellor explicación que deu filme á crise financeira global[23].
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarNotas
editar- ↑ FilmL.A. (15 de xuño de 2016). "2015 Feature Film Study". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2017.
- ↑ "The Big Short (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Paramount Taps ‘Anchorman’ Helmer Adam McKay To Adapt And Direct Michael Lewis’ ‘The Big Short’ About Economic Meltdown". deadline.com. 24 de marzo de 2014.
- ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". Associated Press. 25 de setembro de 2015.
- ↑ "The Big Short | Trailer & Movie Site | decembro de 2015". The Big Short. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "A Grande Aposta". AdoroCinema. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ McNary, Dave (24 de marzo de 2014). "‘Anchorman's’ Adam McKay Boards Financial Drama".
- ↑ Hogan, Brianne (20 de xaneiro de 2016). "Banking on The Big Short". Creative Screenwriting.
- ↑ "Brad Pitt, Christian Bale and Ryan Gosling to Star in Financial Drama ‘The Big Short’". Variety.
- ↑ "Steve Carell in Talks to Join Christian Bale, Ryan Gosling in 'The Big Short'". Hollywood Reporter.
- ↑ "‘The Big Short’ Solidifies With Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt". Deadline.
- ↑ "Max Greenfield Joins Brad Pitt, Ryan Gosling in ‘The Big Short’".
- ↑ "Just had an amazingly fun day shooting on The Big Short film!". Twitter. 8 de maio de 2015.
- ↑ "Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale are headed to Orleans for ‘The Big Short’". OLV=data=10 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale, begins filming in New Orleans". OLV. 23 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt and Ryan Gosling, is filming in NYC this week!". OLV. 16 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘Big Short’ Recreates Lehman Bros. Offices in Regulator’s Building". The Wall Street Journal. 22 de maio de 2015.
- ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". CNS News. 22 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "Box Office: Ron Howard's 'Heart of the Sea' Capsizes With $11M U.S. Debut". The Hollywood Reporter. 13 de decembro de 2015.
- ↑ "‘Star Wars’ Flies To $540M In Second Best Box Office Weekend Of All Time". Deadline. 28 de decembro de 2015.
- ↑ "The Big Short". Metacritic.
- ↑ "The Big Short Review". IGN. 8 de decembro de 2015.
- ↑ "What ‘The Big Short’ Gets Right, and Wrong, About the Housing Bubble". The New York Times. 23 de decembro de 2015.