Corpus Nummorum Italicorum

catálogo xeral da moeda italiana

O Corpus Nummorum Italicorum (CNI) é unha obra numismática monumental ideada por Vítor Manuel III de Savoia e elaborada polos numismáticos máis experimentados da época, publicado en 20 volumes entre 1910 e 1943. Trátase do primeiro proxecto dunha catalogación xeral das moedas medievais e modernas cuñadas en Italia, ou noutros países a nome de italianos.[1]

Cos 20 volumes publicados, a obra ficou inconclusa; traballábase na colleita de material para o volume vixésimo primeiro cando o proxecto se paralizou por mor da segunda guerra mundial.[1]

Todos os volumes da obra foron publicados en Roma pola Accademia dei Lincei, baixo o título xenérico de Corpus Nummorum Italicorum. Primo tentativo du un catalogo generale delle monete medievali e moderne coniate en Italia o da italiani in altri paesi.[1]

Volumes da obra

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 "II Centenario del Corpus Nummorum Italicorum Arquivado 25 de maio de 2022 en Wayback Machine.". Società Numismatica Italiana.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Savio, A.; Cavagna, A. (eds). (2010). Atti della Giornatta di Studio 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Milano 15 maggio 2009. Società Numismatica Italiana.
  • Travaini, L. (2010). "Il 'Corpus Nummorum Italicorum', un'opera in venti volumi". En Bollettino di Numismatica. Nº 54. Páxinas 339-346.