David Lean
David Lean, nado en Croydon, Londres (Inglaterra), o 25 de marzo de 1908 e finado en Limehouse, Londres, o 16 de abril de 1991, foi un director de cine británico.
Traxectoria
editarLean iniciouse na industria como axudante de cámara en 1927 na Gaumont Pictures, para logo ascender posicións. En 1930 traballaba na montaxe de noticias e a partir de 1934 no de filme. Montou obras como Escape me Never (1936), Pygmalion (1938), 49th Parallel (1941) e One of our Aircraft Is Missing (1942).
Os seus primeiros catro traballos como director estiveron baseados en obras do dramaturgo Noël Coward, co que codirixiu o primeiro deles, In Which We Serve de 1942). O máis salientable deste grupo foi o filme Breve encontro (1945), que compartiu unha Palma de Ouro no Festival de Cannes.
David Lean rodou dúas adaptacións de novelas de Charles Dickens, Great Expectations (1946) e Oliver Twist (1948). Despois realizou o drama aeronáutico The Sound Barrier (1952) e Hobson's Choice (1954), situado no mundo vitoriano.
Na industria hollywoodiense
editarCoa chegada do cinema en cor, Lean converteuse nunha figura sólida da industria hollywoodiense. Traballou para ela dende 1955 e triunfou comercialmente. As superproducións polas que é máis popular comezaron en 1957 con A ponte sobre o río Kwai, pola que gañou o oscar ao mellor director, igual que por Lawrence de Arabia (1962).
Despois do éxito de Doutor Zhivago (1965) veu un filme con menor éxito, Ryan's Daughter (1970). Tras unha longa parada de catorce anos dirixiu A Passage to India (1984).
Finou en Londres mentres planeaba un filme baseado na obra Nostromo, de Joseph Conrad.
Filmografía
editarComo montador
editarAno | Título |
---|---|
1930 | The Night Porter |
1931 | These Charming People |
1932 | Insult |
1933 | The Fortunate Fool |
1933 | The Ghost Camera |
1933 | Song of the Plough |
1933 | Matinee Idol |
1933 | Money for Speed |
1934 | Tiger Bay |
1934 | The Secret of the Loch |
1934 | Dangerous Ground |
1934 | Java Head |
1935 | Escape Me Never |
1935 | The Crouching Beast |
1936 | As You Like It |
1936 | Ball at Savoy |
1937 | Dreaming Lips |
1937 | The Wife of General Ling |
1937 | The Last Adventurers |
1938 | Pygmalion |
1940 | French Without Tears |
1940 | Spies of the Air |
1941 | Major Barbara |
1941 | 49th Parallel |
1942 | One of Our Aircraft Is Missing |
Como director
editarAno | Título | Contribución |
---|---|---|
1942 | In Which We Serve | Director |
1944 | This Happy Breed | Director, guionista |
1945 | Blithe Spirit | Director, guionista |
1945 | Breve encontro | Director, guionista |
1946 | Great Expectations | Director, guionista |
1948 | Oliver Twist | Director, guionista |
1949 | The Passionate Friends | Director, guionista |
1950 | Madeleine | Director |
1952 | The Sound Barrier | Director |
1954 | Hobson's Choice | Director, guionista |
1955 | Summertime | Director, guionista |
1957 | A ponte sobre o río Kwai | Director |
1962 | Lawrence de Arabia | Director |
1965 | Doutor Zhivago | Director |
1970 | Ryan's Daughter | Director |
1979 | Lost and Found: The Story of Cook's Anchor | Director, guionista |
1984 | A Passage to India | Director, guionista, montador |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alain Silver e James Ursini, David Lean and his Films, Silman-James, 1992.
- Kevin Brownlow, David Lean, Faber & Faber, 1997.
- Silverman, Stephen M., David Lean, Harry N. Abrams, 1989.
- Santas, Constantine, The Epics Films of David Lean, Scarecrow Press, 2011
- Turner, Adrian The Making of David Lean's Lawrence of Arabia (Dragon's World, Limpsfield UK, 1994)
- Turner, Adrian Robert Bolt: Scenes from two lives (Hutchinson, Londres 1998)
- Williams, Melanie, David Lean, (Manchester University Press, 2014)
- Morris, L. Robert e Lawrence Raskin, Lawrence of Arabia: the 30th Anniversary Pictorial History, Anchor Books, Doubleday, 1992
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |