Don Quixote da Mancha

novela de Miguel de Cervantes
(Redirección desde «Don Quijote de la Mancha»)

Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha),[1] é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal.[2][3] En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. O Quixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que o Quixote de 1615 en calidade de Segunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.[4]

Don Quixote da Mancha
Portada
Título orixinalDon Quijote de la Mancha
Autor/aMiguel de Cervantes
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Novela de cabalarías
EditorialFrancisco de Robles
Xuntanza Editorial (en galego)
Data de pub.1605 e 1615
1990 (en galego)
TraduciónValentín Arias, Xela Arias, María Xesús Senín, María Xosefa Senín, Xosé Antón Palacio Sánchez, Xavier Senín
Na rede
BNE: XX3383563
editar datos en Wikidata ]

É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradición cabaleiresca e cortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeira novela moderna e a primeira novela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda a narrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.[5]

Foi traducido ó galego en 1990 por Xela Arias, Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza, ISBN 84-86614-64-3).[6] Esta tradución, do texto completo, fora precedida pola tradución dun fragmento do capítulo 11 da primeira parte, realizada por Antón Valcárcel e publicada no nº 6 d'A Nosa Terra, do 5 de xaneiro de 1917, e pola de Juan Beceiro en 1972.[7] Segundo Xesús Alonso Montero, este foi o primeiro texto de Cervantes traducido ó galego.[8]

Varias edicións do Quixote, entre elas dúas en galego.

Primeira parte

editar

Comeza cun prólogo no cal se burla da erudición pedantesca cuns poemas cómicos, a maneira de preliminares, compostos en loor da obra polo mesmo autor, xa que non atopou ninguén que quixese loar unha obra tan extravagante (como sabemos por unha carta de Lope de Vega). Segundo Lope, trataríase dunha escritura desatada libre de normativas, que mestura o xénero lírico, épico, tráxico e cómico e onde se meten no medio do desenvolvemento historias de diversos xéneros, como as de Grisóstomo e a pastora Marcela, a novela El curioso impertinente, a historia do cativo, o discurso sobre as armas e as letras, a da Idade de ouro do home, a primeira saída de Don Quixot e a segunda co seu inseparable escudeiro Sancho Panza. Esta digresión estilística foi corrixida na segunda parte da novela, con Don Quixote e Sancho como protagonistas absolutos.

Cervantes crea unha orixe ficticia da historia facendo ver que se basea no manuscrito dun tal Cide Hamete Benengeli, historiador mourisco inventado con nome de carácter humorístico (Benengeli faría referencia a unha berenxena).[9] O libro comeza coa frase posiblemente máis famosa da literatura castelá:

Nun lugar da Mancha de cuxo nome non me quero lembrar, non hai moito tempo vivía un fidalgo dos de lanza en estaleiro, adarga antiga, cabalo fraco e galgo corredor.[10]

O libro narra as aventures por terras de Castela-A Mancha e a Coroa de Aragón do xentilhome Alonso Quijano, que é descrito no capítulo I como un home da baixa nobreza castelá (castellano viejo), esmirrado e amareleto que gastara todos os seus recursos e enerxías na adquisición e lectura de libros de cabalaría. O protagonista tolea porque confunde a ficción e a realidade nas súas lectures e querendo emular os protagonistas, faise nomear cabaleiro no capítulo III. Para armarse cabaleiro, Don Quixote entra nun hostal que confunde cun castelo, toma a dúas prostitutas por doncelas, o porqueiro por trompeteiro que anuncia a súa chegada o hostaleiro retranqueiro como gobernador do castelo. A cerimonia é unha autentica burla porque non cumpre ningún requisito dunha ordenación cabaleiresca,[11] mais Don Quixote marcha de alí satisfeito.

Segunda parte

editar

A segunda parte de Don Quixote caracterízase per estar máis achegada estilisticamente á novela moderna por que non aparecen tantos personaxes como na primeira parte (o protagonismo recae exclusivamente en Don Quixote e Sancho) e o punto de vista narrativo é máis homoxéneo. Na segunda parte nárrase a terceira e derradeira saída, co encontro co bandoleiro Perot Rocaguinarda, a estadía en Barcelona, a recuperación do siso e o final de Don Quixote.

Interpretacións

editar

Temática

editar

Orixinalidade

editar

Técnica

editar

Transcendencia

editar

Continuacións

editar

Edicións

editar

Na música

editar

No cinema

editar
  1. Na primeira edición da novela, publicada a comezos de 1605, o título que aparece na portada é EL INGENIOSO HIDALGO DON QVIXOTE DE LA MANCHA. En canto ós aspectos ortográficos, a grafía V era a habitual na época para representar en letra maiúscula ó fonema vocálico /u/; en canto á X, representaría neste caso, moi probablemente, o fonema fricativo alveolar /x/ (pronunciado como a j castelá), algo que seguiría facendo (a carón das grafías «j» e «i») tanto en letra maiúscula como en minúscula, até o século XVIII. En canto ó título orixinal, postulouse que fose El ingenioso hidalgo de la Mancha, segundo aparece na «tasa» e o «privilegio real» dos preliminares da primeira parte de 1605, aínda que non se puido discernir se esta formulación responde á intención de Cervantes ou a un descoido ó tramitar a publicación da novela, é unha abreviación de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ou procede dun erro administrativo. Cfr. nota 2 da tasa na ed. de F. Rico publicada por el CVC.
  2. Pérez de Antón, Francisco (decembro de 2004). "La lección moral de Cervantes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018. 
  3. "The most popular books of all time". Lovereading.co.uk (en inglés). agosto de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  4. "Primera parte del ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha". IES Adaja. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  5. (en inglés) «The top 100 books of all time.» The Guardian. Consultado o 14 de xaneiro de 2013.
  6. O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha de Xuntanza Editorial na páxina do Instituto Cervantes.
  7. "El general que tradujo «El Quijote» al gallego". Diario ABC (en castelán). 2013-11-17. Consultado o 2024-11-18. 
  8. Xesús Alonso Montero. "O primeiro Quixote en galego", RAG, 21.04.2016.
  9. De Riquer, Martí (1996). Don Quijote de la Mancha. Edición, introducción y notas a cargo de Martí de Riquer. (en castelán) (8ª Edición, outubro de 2001 ed.). Barcelona: Planeta. pp. 1138. ISBN 84-08-01882-5. páxina 102 
  10. Traducido do orixinal: En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor.
  11. De Riquer, Martí (1996). Don Quijote de la Mancha. Edición, introducción y notas a cargo de Martí de Riquer. (en castelán) (8ª edición: outubro de 2001 ed.). Barcelona: Planeta. pp. 1138. ISBN 84-08-01882-5. Páxinas 48-49 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar