Edelmira Cacheda Otero

mestra e escritora galega


Edelmira Cacheda Otero, nada en Buenos Aires o 14 de xuño de 1912[1] e finada na Coruña en abril de 2011[2], foi unha mestra e escritora galega.

Modelo:BiografíaEdelmira Cacheda Otero
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1912 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 2011 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, escritora Editar o valor en Wikidata

BUSC: cacheda-otero-edelmira-1912

Traxectoria

editar

Xa de pequena regresou cos seus pais a Galicia. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela[3], e empezou a dar clase en 1934. Foi profesora no CEIP Raíña Fabiola, dirixido polo seu marido Alejo Candocia. Xunto a el creou a Agrupación Folklórica Infantil Caraveliños, dirixido por ela. O seu libro Contos que van pra feira (1961) está considerada a primeira obra dramática escrita en galego por unha muller[4].

En 2002 recibiu unha homenaxe do Concello de Santiago de Compostela[5]. Foi soterrada en Landoi (Cariño). Tivo catro fillos.

  • Contos que van pra feira. Tres sainetes (autoedición, 1961; 1973)
  • Contos de nenos. Leuturas, poesías, escea de Nadal (Everest, 1975)
  • Churruscadas. Contos e teatro (autoedición, 1979)
  1. VV.AA. (1935): Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales. Altas de 1934. Madrid, Ministerio de Educación Pública y Bellas Artes, páx. 17.
  2. "Pesar por el fallecimiento de Edelmira Cacheda" Arquivado 14 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 14 de abril de 2011 (en castelán).
  3. Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 67. ISBN 978-84-7492-465-7. 
  4. Blanco, C. (1994): Libros de mulleres (para unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863 ~ 1992). Vigo: Edicións do Cumio.
  5. "Raxoi organiza un homenaje a la maestra Edelmira Cacheda por su apoyo a la lengua gallega", artigo en La Voz de Galicia, 28 de outubro de 2002 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar