Edicións Laiovento
Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 500 libros. Aínda que é unha editora na que o ensaio ten un peso considerábel, as súas publicacións van desde a narrativa á poesía, pasando polo teatro.
Edicións Laiovento | |
---|---|
Tipo | Editora |
Fundación | 1990 |
Fundador | Xosé Manuel Beiras Manuel González Millares Xesús Couceiro Afonso Ribas Fraga Pepe Carreiro Francisco Pillado. |
Na rede | |
https://laiovento.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarEdicións Laiovento naceu como empresa editorial o 19 de decembro de 1990. Os seus fundadores foron Xosé Manuel Beiras, Manuel González Millares, Xesús Couceiro, Afonso Ribas Fraga, Pepe Carreiro e Francisco Pillado. A este último débese o nome da editora, que procede da peza teatral de Ramón Otero Pedrayo "Vento nocturno", onde un vello fidalgo poeta vive no «Pazo de Laiovento». Pillado ocupou a dirección da editora até marzo de 2014[1].
En 1991 aparecería o primeiro título da editora: o libro de Xosé Manuel Beiras Prosas de combate e maldicer, volume que foi reeditado en 2020.
A editora foi galardoada en 2015 co premio Pedrón de Ouro, para “premiar a súa contribución, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á normalización cultural e política de Galiza"[2]
Entre os obxectivos fundacionais ˗que seguen sendo hoxe os seus principais guieiros˗ estivo o de ser un espazo de liberdade no sector editorial galego, especialmente no que toca á cuestión normativa do galego. Un segundo obxectivo foi a atención preferente a publicacións de tipo teórico, a dedicación ao ensaio de calidade. Desde o seu nacemento Laiovento prestou tamén unha especial atención á tradución, procurando verter ao galego as obras fundamentais da literatura universal, contribuíndo deste xeito á normalización da nosa lingua e sistema literario. E, finalmente, outro dos trazos que definiron a biografía editorial de Laiovento foi a publicación de textos teatrais, dando espazos de publicación á literatura dramática galega.
En definitiva, Laiovento configúrase como un proxecto nacional, tendo como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional de Galiza.
Estatística
editar- Títulos editados: 691 (6/3/2022)
- Linguas en que publica: Galego, portugués e castelán (colección Endovelia)
- Liñas editoriais: Literatura, Humanidades e Ciencias Sociais, Libros científicos e técnicos, Libros de bolso
- Coleccións: Xeral, Vento do Sul, Breviarios, Fóra de serie, Endovelia, Cadernos, Escena aberta e Vento Alto.
Organigrama
editarA organización de Edicións Laiovento estrutúrase arredor de tres consellos: dirección, editorial e asesor. Estes tres consellos son os responsábeis da administración e da política editorial.
Consello de dirección
editarO Consello de dirección é o principal órgano reitor da editora, del dependen todas as decisións administrativas, editoriais e financeiras. De entre as persoas que fan parte del escóllese ao coordinador ou coordinadora editorial.
- Presidente: Jesús Couceiro Rivas
- Administrador: Pablo Couceiro Caramés
- Vogais: Afonso Ribas Fraga (coordenador editoral), Luísa Martínez Pazos, María Couceiro Caramés, Prudencio Viveiro Mogo (editor xeral), Xosé Carreiro Monteiro e Xosé M. Beiras Torrado.
Consello editorial
editarO Consello editorial é o encargado da política de publicacións da editora, da súa organización ao longo do ano e de avaliar os orixinais que chegan a Laiovento, contando coa axuda do Consello asesor.
- Carlos Garrido Rodrigues
- Carlos López Bernárdez
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián
- Manuel Castelao Mexuto
- Marta García González
- Mercedes Rozas Caeiro
- Miguel Anxo Seixas Seoane
- Rexina Rodríguez Vega
- Rosa Regueiro Ferreiro
- Uxío-Breogán Diéguez
- Xesús González Gómez
- Xosé Mª Álvarez Cáccamo
Consello asesor
editarO consello asesor é o órgano encargado da asesoría editorial e científica, garantía de calidade editorial, especialmente no que se refire ás obras de ensaio e de investigación.
- Alberto Molares Vila (UVigo-IDIS)
- Anxo Angueira (UVigo)
- Aurora Marco López (USC)
- Boaventura de Sousa Santos (C.E.S. da U. de Coímbra)
- Burghard Baltrusch (UVigo)
- Daniel Raventós (UB)
- Edelmiro López Iglesias (USC)
- Eduardo L. Giménez Fernández (UVigo)
- Heriberto Cairo Carou (UCM)
- Iolanda Galanes Santos (UVigo)
- José Carlos Bermejo Barrera (USC)
- Justo Beramendi (USC)
- Laura Tato Fontaiña (UDC)
- Manuel Gago Mariño (USC)
- Manuel Ferreiro (UDC)
- Manuel Rodríguez Viqueira (UAM)
- Margarita Ledo Andión (USC)
- María Dolores Lois Barrio (UCM)
- Monserrat Pena Presas (USC)
- Nieves Rodríguez Brisaboa (UDC)
- Rubén Lois (USC)
- Sara Carou García (UDC)
- Xabier Gómez Guinovart (UVigo)
- Xosé Luís Armesto Barbeito (UDC)
- Xosé Ramón Freixeiro Mato (UDC)
Notas
editar- ↑ Francisco Pillado deixa a dirección de Laiovento, en Praza Pública, 4 de marzo de 2014.
- ↑ SL, POMBAPRESS. "Laiovento e Miguel Anxo Murado reciben os premios da Fundación Pedrón de Ouro". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2022-03-04.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Edicións Laiovento
- Ficha na páxina web da Asociación Galega de Editoras