Anxo Angueira
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1], con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.[2][3]
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1961 (63 anos) Manselle, España |
Presidente Fundación Rosalía de Castro | |
xuño de 2012 – ← Helena Villar Janeiro | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Xosé Bieito Arias Freixedo |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | narrativa, poesía, ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarSempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria. A súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo foi Bretaña, esmeraldina e o sistema literario galego (2006).[4]
Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Filoloxía Galega e Latina.[5] Reside na cidade olívica e ten tres fillos.
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal,[6] na revista A Trabe de Ouro, no Boletín da Real Academia Galega, en Dorna, expresión poética galega, na Revista de estudios rosalianos,[7] en Nós Diario[8] e outros xornais. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.[9]
En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vogal e membro da executiva en substitución de Avelino Abuín de Tembra.[10] No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano.[11] Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro.[12].
Na Real Academia Galega
editarO 28 de outubro de 2023 foi nomeado académico de número da RAG, ocupando a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui.[13]
Tomou posesión o 27 de abril de 2024 nunha sesión da RAG celebrada no Auditorio Municipal de Padrón pronunciando o discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz en Rosalía de Castro.[14] Respondeulle a académica Chus Pato.[15]
Obra
editarNarrativa
editar- Bágoas de facer illas (1997). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978848302-0869.
- Pensa nao (1999). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-467-6.[16][17] Incluído na Biblioteca Galega 120. Foi traducida ao inglés.[18]
- A morte de A. (2003). Vigo: Xerais.104 páxs. ISBN 978-8483029237.
- Iria (2012). Vigo: Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9914-362-0.[19] ePub: ISBN 978-84-9914-652-2.
Poesía
editar- Val de Ramirás (1989). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-86046-37-8. Reeditado polo Concello de Ramirás en 2020 da man de Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte, revisado e enriquecido con novos textos e imaxes.[20] 74 páxs. ISBN 978-84-09-23657-2.
- O valo de Manselle (1996). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-077-7. Edición en Apiario, 2020, con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín.[21] ISBN 978-84-947389-6-8.
- Libro da Vertixe (1997). Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-094-0.
- Fóra do sagrado (2007). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-611-2.
- Palmeiras, piueiros (2022). Santiago: Chan da pólvora.[22] 183 páxs. ISBN 9788412473100. Contén unhas notas de lectura de Chus Pato e unha entrevista de Xabier Cordal.
Ensaio
editar- De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1995). Vigo: Xerais, 1995.[23]
- La poésie galicienne de 1936 à 1990. Poésie en Galicie aujourd hui (Avant-propos et Sélectio de Anxo Angueira. Poèmes traduits par Emma Lázare) (1999). Ed. Revue SOURCES., Namur - Belgique.
- Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2003). AELG-Xunta de Galicia.
- A espiral no espello: "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego (2009). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 704 páxs, ISBN 978-84-9782-719-5,[24]
- Rosalía 21 (2009). Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Política Lingüística. ISBN 978-84-9782-880-2.
- Terra de Iria: terra de Rosalía de Castro (2009). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-327-2.
- Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento, Frank & Timme, Berlín, 2013.
- Rexurdimento: a palabra e a idea (2019). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-566-0.[25] ePub: ISBN 978-84-9121-577-6.
Traducións
editar- O Rei Lagarto de Alvaro Magalhães (1998). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-257-3.
- Teatro ás tres pancadas de Antonio Torrado (1999). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-452-2.
- Caderno de agosto de Alice Vieira (1999). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-424-9.
Edicións
editar- Guía de lectura de Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1992). Vilaboa: Edicións do Cumio, ISBN 84-87126-60-X.
- De Rosalía a Dieste: 33 anos das Letras (1995). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-878-8
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens, edición crítica, 1999.
- La poésie galicienne de 1936 à 1990, edición e introdución crítica, 1999.
- Rosalía de Castro: antoloxía; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín; introdución e selección de textos de Anxo Angueira, Xerais, 2003.
- Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar, de Ramón Otero Pedrayo (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-811-0. Edición e limiar, con ilustracións de Reimundo Patiño.
- Rosalía de Castro: Cantares gallegos (2013). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9914-504-4.
- Rosalía de Castro: Follas novas (2016). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-009-2.
- Rosalía de Castro: En las orillas del Sar (2019). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-502-8
- Rosalía de Castro: La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións (2023). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-1110-366-4.
- Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín (2024). Vigo: Xerais.[26] 552 páxs. ISBN 978-84-1110-579-8. ePub: ISBN 978-84-1110-578-1.
Obras colectivas
editar- Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
- Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
- O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
- Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003). Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 84-933176-1-6. Con Chus Pato.
- Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Que lle podo ofrecer a quen me intente? (2011). Vigo: Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
- Rosalía. Voces galegas e alemás (2011). Centro de Estudos Galegos. ISBN 978-3-00-033374-3.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
- Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña: (1707) (2019). Salvador Francisco Roel; Julio I. González Montañés (ed. lit.), Anxo Angueira Viturro (ed. lit.), Ramón Mariño Paz (ed. lit.). Santiago: Laiovento. ISBN 9788484874560.
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[27][28][29]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Premios recibidos
editar- Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
- Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
- Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
- Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.[30]
- Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
- Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.
- Premio Rebulir da Cultura Galega en 2021.[31]
Notas
editar- ↑ A Fundación Rosalía de Castro Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine.: Executiva da Fundación.
- ↑ "Anxo Angueira Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Anxo Angueira". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Viturro, Anxo Angueira (2006). "Bretaña, esmeraldina eo sistema literario galego" (en castelán). Universidade de Vigo.
- ↑ "Angueira Viturro, Anxo". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Ficha autor". bvg.udc.es.
- ↑ "Anxo Angueira Viturro". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Diario, Nós. "Anxo-Angueira - Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ culturagalega.org (2008-03-11). "Rosalía 21". culturagalega.org. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "O presidente Anxo Angueira". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ La Voz de Galicia (29-5-2012) ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía›› Arquivado 11 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións".
- ↑ La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos» Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".
- ↑ "O pleno da RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka". Real Academia Galega. 2023-10-28. Consultado o 2023-10-28.
- ↑ Angueira, Anxo; Pato, Chus (2024-04-26). I es a noite, i es a aurora. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-38-2.
- ↑ "Anxo Angueira entra na RAG: «A". Real Academia Galega. 2024-04-27. Consultado o 2024-04-27.
- ↑ "Pensa nao. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "A poderosa fabulación de Anxo Angueira en «Pensa nao»,". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-07-21. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Listing Ship". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Iria. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Anxo Angueira volve ao «Val de Ramirás»". La Voz de Galicia. 2021-05-14. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-02-15). "Val de Ramirás e O valo de Manselle, de Anxo Angueira, reeditados". Caderno da crítica. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Tras quince anos de silencio, Anxo Angueira regresa á poesía con 'Palmeiras, piueiros'". A poesía necesaria. 2022-01-12. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Con prólogo de Francisco Fernández del Riego.
- ↑ "Ficha libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "A provocación de Angueira. "Rexurdimento, a palabra e a idea".". Grial. LVIII (225, 226): 85–87. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ Arantxa Estévez (8 de agosto de 1996). "Anxo Angueira, escritor e gañador do Prémio Dublin" (PDF). A Nosa Terra (738). p. 27.
- ↑ culturagalega.org (2021-07-28). "O xurado recoñece as traxectorias e achegas culturais de cada un dos premiados". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-28.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo Angueira |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 57.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Angueira Viturro, Anxo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 37. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Anxo Angueira na Biblioteca Virtual Galega.
- Anxo Angueira no Facebook
- Pensa Nao. Itinerario literario baseado na novela Pensa Nao de Anxo Angueira.
- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro , no programa Eirado da TVG.