Eiruga
Unha eiruga é unha larva de bolboreta. Por extensión chámase ás veces eiruga a calquera larva de corpo longo e formado por aneis doutros grupos de insectos, como as dalgúns coleópteros. A eiruga é o estadio larvario dos insectos da orde dos lepidópteros (orde de insectos que comprende as bolboretas e as avelaíñas).
Hábitos
editarAs eirugas son na súa maior parte fitófagas (comen vexetais) en canto a hábitos alimenticios, salvo algunhas especies que son entomófagas (predadoras doutros insectos).
O seu crecemento ten lugar a través dunha serie de mudas, con varias fases ou estados intermedios. Son comedoras voraces e moitas delas son consideradas como pragas na agricultura. Moitas especies de avelaíñas e mesmo bolboretas son moi ben coñecidas no seu estadio larvario a causa dos danos que causan á froita e outros produtos da agricultura, ou mesmo cousas domésticas como roupa e libros.
Morfoloxía
editar1. Cabeza 2. Tórax 3. Abdome 4. Espiráculo 5. Falsas patas anais 6. Falsas patas abdominais 7. Segmento 8. Patas torácicas 9. Antena
Constitución xeral
editarA maioría das eirugas teñen uns corpos longos, tubulares, e segmentados. O seu corpo é brando e crece, inflando rapidamente, como globos, entre as diferentes mudas. Só a cápsula da cabeza é de consistencia dura.
Cabeza
editarNas eirugas, as mandíbulas son duras e afiadas para mastigar as follas; porén, na maioría dos lepidópteros adultos, as mandíbulas atópanse moi atrofiadas, ou son incluso brandas. Detrás das mandíbulas da eiruga podemos atopar o aparato fiador, que segrega e manipula a seda.
Segmentos corporais e extremidades
editarAs eirugas contan con tres pares de patas verdadeiras nos tres segmentos torácicos, tendo ata catro pares de extremidades falsas nos segmentos medios do abdome, e incluso a miúdo un único par de falsas extremidades provistas de pequenas unllas ou ganchos no último segmento abdominal, tendo dez segmentos abdominais en total. As familias de lepidópteros difiren no número e posición das extremidades falsas. Por exemplo, mentres a separación entre segmentos dalgunhas especies é moi pequeno, noutras, como nas pertencentes á familia das Xeometridae, é moito maior. Os xeómetras, tamén chamados vermes medidores, reciben ese nome debido á súa maneira de avanzar, que parece medir a terra. A palabra xeómetra significa de feito medidor da terra en grego) e a principal razón para este desprazamento tan peculiar é a eliminación de case todas as falsas extremidades excepto as prensoras do segmento final.
Galería de imaxes
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Eirugas de Galicia |
- Artigo principal: Galería de imaxes de eirugas de Galicia.