Grandes do noso tempo

Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.

Historia e características

editar

A colección foi presentada ó público en Santiago de Compostela o xoves 11 de maio de 1989 por Víctor Freixanes, entón director da editorial.[1]

Todos os volumes son traducións literarias ó galego de autores contemporáneos. O obxectivo, segundo Víctor Freixanes, foi "a necesidade de incorporar ó galego textos clásicos e contemporáneos para que as novas xeracións, sobre todo, poidan acceder a outras culturas dende a lingua propia". Os títulos puxéronse no mercado a un prezo de 800 pesetas. Aínda que a colección tivo pouca fortuna dende o punto de vista comercial, a súa importancia radicou en que creou lectores e varias promocións de profesionais da tradución á lingua galega, ata entón inexistentes.[2]

Os libros foron editados en tapa branda con solapas nun tamaño de 21 por 13 cm. Na portada de cada volume figura unha fotografía do autor (agás en Sete narradores soviéticos: 1934-1950 e O vixía no centeo) e na contraportada un pequeno fragmento da obra. No interior do libro figura unha breve noticia do autor. O deseño da colección é de RE-VISION.

Títulos

editar
 
André Gide.
# Título Autor/a Tradución ISBN
1 A caída Albert Camus María Dolores Cabrera ISBN 84-7507-371-9
2 O demo nos outeiros Cesare Pavese Xavier Rodríguez Baixeras ISBN 84-7507-372-7
3 Voo de noite Antoine de Saint-Exupéry Valentín Arias ISBN 84-7507-373-5
4 O Golem Isaac Bashevis Singer Anxo Romero Louro ISBN 84-7507-433-2
5 O paredón Jean-Paul Sartre Xosé María Proupín Fernández ISBN 84-7507-432-4
6 Dublineses James Joyce Débora Ramonde e Xela Arias ISBN 84-7507-451-0
7 O xardín Marguerite Duras Valentín Arias ISBN 84-7507-413-8
8 Retrato do artista como cadelo Dylan Thomas Manuel Anxo Laxe Freire ISBN 84-7507-637-8
9 O vixía no centeo J.D. Salinger Xosé Ramón Fernández Rodríguez ISBN 84-7507-437-5
10 Cristo parou en Éboli Carlo Levi Silvia Gaspar ISBN 84-7507-469-3
11 A sinfonía pastoral André Gide Leandro García Bugarín ISBN 84-7507-446-4
12 A traxedia dun personaxe e outros relatos Luigi Pirandello Cándido Pazó e Dolores Vilavedra ISBN 84-7507-447-2
13 Sete narradores soviéticos: 1934-1950 Borís Gorbátof, Iliá Ilf,
Evguieñi Pietrof,
Valentín Catáief,
Iuri Naguibin,
Vadim Coxévñicof,
Constantín Paustovsqui
Manoel Riveiro Loureiro ISBN 84-7507-556-8
14 O mar da cor do viño Leonardo Sciascia Silvia Gaspar ISBN 84-7507-558-4
15 O home invisible H.G. Wells Francisco Bedoya ISBN 84-7507-545-2
16 O deserto dos tártaros Dino Buzzati Xavier R. Baixeras ISBN 84-7507-586-X
17 Fuxida e martirio de San Andreu Milá Miquel Àngel Riera Xavier R. Baixeras ISBN 84-7507-612-2
18 Un feliz mundo novo Aldous Huxley Anxo Romero Louro ISBN 84-8302-056-4

Na previsión inicial da editorial estaba publicar algún máis que non veu a luz como O vello e o mar, de Ernest Hemingway.

  1. La Voz de Galicia, 12 de maio de 1989, p. 45
  2. Luna, Ana (2014). "La traducción de los clásicos italianos hacia la lengua gallega". En Camps, Assumpta. La traducción en las relaciones ítalo-españolas: lengua, literatura y cultura (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. p. 338. ISBN 978-84-475-3902-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar