O vello e o mar

novela de Ernest Hemingway

O vello e o mar[2] (na versión orixinal en inglés: The Old Man and the Sea) é unha novela[3] escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis sonadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo.[4] The Old Man and the Sea foi galardoado co Premio Pulitzer de Obras de Ficción en 1953, e foi citado polo Comité dos Premios Nobel como contribución a que Hemingway recibise o Nobel de Literatura en 1954.

O vello e o mar
Título orixinalThe Old Man and the Sea
Autor/aErnest Hemingway
Cuberta"a"[1]
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Tema(s)mar
Xénero(s)Novela
Editorial Charles Scribner's Sons
Data de pub. 1952
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas127
ISBNISBN 978-84-8288-235-2
Premios
Primeira edición galega
TraduciónCarlos Casares
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1998
Páxinas116
ISBNISBN 84-8288-235-X
Na rede
BNE: XX3383723
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Carlos Casares e foi publicado pola Editorial Galaxia no ano 1998.[2]

  1. "Pulitzer Prize First Edition Guide: Photos of the first edition of ''The Old Man and the Sea''". Pprize.com. 7 de xuño de 2007. Consultado o 5 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 O vello e o mar. Traducido por Carlos Casares (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1998. ISBN 9788482882352 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  3. "Hemingway's work is a 27,000-word novel called The Old Man and the Sea.". Life (Time Inc) 33 (8). 25 de agosto de 1952. ISSN 0024-3019. 
  4. "The Nobel Prize in Literature 1954". The Nobel Foundation. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2005. Consultado o 31 de xaneiro de 2005. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Young, Philip (1952). Holt, Rinehart, & Winston, ed. Ernest Hemingway. Nova York. ISBN 0-8166-0191-7. 
  • Jobes, Katharine T. (1968). Prentice Hall, ed. Twentieth Century Interpretations of The Old Man and the Sea. Englewood Cliffs, Nova Jersey. ISBN 0-13-633917-4.