José Ramón Cociña García
José Ramón Cociña García, coñecido como Moncho Cociña, nado en Ribadeo o 19 de novembro de 1931 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 1996, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1931 Ribadeo, España |
Morte | 22 de xaneiro de 1996 (64 anos) Ribadeo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1985 – 1989 | |
Alcalde de Ribadeo | |
1983 – 1985 (dimisión) – José Luis Trashorras Méndez → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1981 – 1985 | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Traxectoria
editarFoi presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas (1969). En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro na candidatura de Coalición Democrática. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo. Foi parlamentario galego entre 1981 e 1989 polo PPdeG, antes Alianza Popular. Foi tenente de alcalde e despois alcalde do concello de Ribadeo durante o período que vai de 1983 até 1985. Despois presentouse ás eleccións municipais por Coalición Galega. Finou en Ribadeo o 22 de xaneiro de 1996.[1]
Predecesor: Jaime Vidaurrázaga Urbieta |
alcalde de Ribadeo 1983 - 1985 |
Sucesor: José Luis Trashorras Méndez |
Vida persoal
editarCasou con María Presentación Iglesias García e foi pai de Nacho, Carla, Beatriz, Mónica e Cristina Cociña Iglesias.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-1-1996, p. 65.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.