Lago Eyre
O lago Eyre (en inglés Lake Eyre, oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre)[1] é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.)[2]
(en) Lake Eyre | ||||
Tipo | lago endorreico lago | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Edward Eyre (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | mainland Australia (en) | |||
Localizado na área protexida | Kati Thanda-Lake Eyre National Park (en) | |||
Localización | ||||
País da cunca | Australia | |||
División administrativa | Australia Meridional | |||
| ||||
Composto por | ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | sen valor | |||
Conca hidrográfica | Lake Eyre basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | −15 m | |||
Profundidade | 6 m | |||
Dimensións | 65 () × 144 () km | |||
Superficie | 9.300 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.140.000 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 30,1 km³ | |||
Este lago debe o seu nome a Edward John Eyre, un explorador que, en 1840, relatou a súa existencia. Nas décadas seguintes, este lago foi explorado diversas veces (1857 - Goyder; 1866 - Warburton; 1901 - Gregory), mais só en 1922 é que Halligan conseguiu definir os contornos deste lago, por vía aérea.
Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste (no outback, en Queensland) flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m (5 pés) cada tres anos; de 4 m (13 pés), cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.
Como curiosidade, existe o Club de Vela do Lago Eyre, que navega polo lago aproveitando as inundacións menores.[3]
Notas
editar- ↑ Australian Broadcasting Corporation, ed. (20 de decembro de 2012). "New name adopted for outback Lake Eyre". Consultado o 6 de novembro de 2013.
- ↑ «Largest Waterbodies», no sitio «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, dispoñible en liña en: [1] (en inglés).
- ↑ Páxina do Club de Vela do Lago Eyre
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Eyre |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Dicionário Ilustrado das Maravilhas Naturais do Mundo, Ed. Selecções do Reader's Digest, 1980.
Ligazóns externas
editar- Páxinas do Observatorio da Terra da NASA sobre o Lago Eyre: [2]Arquivado 24 de setembro de 2008 en Wayback Machine., [3]Arquivado 21 de setembro de 2008 en Wayback Machine.