O lago Eyre (en inglés Lake Eyre, oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre)[1] é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.)[2]

Modelo:Xeografía físicaLago Eyre
(en) Lake Eyre Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipolago endorreico
lago Editar o valor en Wikidata
EpónimoEdward Eyre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficamainland Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaKati Thanda-Lake Eyre National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAustralia Editar o valor en Wikidata
División administrativaAustralia Meridional Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°40′00″S 137°10′00″L / -28.6667, 137.1667
Composto por
Afluentes
Efluente do lagosen valor Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaLake Eyre basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude−15 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade6 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións65 (ancho) × 144 (lonxitude) km
Superficie9.300 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica1.140.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico30,1 km³ Editar o valor en Wikidata
Situación e cunca o lago Eyre.

Este lago debe o seu nome a Edward John Eyre, un explorador que, en 1840, relatou a súa existencia. Nas décadas seguintes, este lago foi explorado diversas veces (1857 - Goyder; 1866 - Warburton; 1901 - Gregory), mais só en 1922 é que Halligan conseguiu definir os contornos deste lago, por vía aérea.

Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste (no outback, en Queensland) flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m (5 pés) cada tres anos; de 4 m (13 pés), cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.

Como curiosidade, existe o Club de Vela do Lago Eyre, que navega polo lago aproveitando as inundacións menores.[3]

  1. Australian Broadcasting Corporation, ed. (20 de decembro de 2012). "New name adopted for outback Lake Eyre". Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  2. «Largest Waterbodies», no sitio «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, dispoñible en liña en: [1] (en inglés).
  3. Páxina do Club de Vela do Lago Eyre

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Dicionário Ilustrado das Maravilhas Naturais do Mundo, Ed. Selecções do Reader's Digest, 1980.

Ligazóns externas

editar