Lingua keta
O keto (ou ket, ou queto), anteriormente coñecido como ienisei ostiak,[4] é unha lingua illada siberiana, a última supervivente da familia de linguas ieniseianas.
Lingua keta Кет язык | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Krai de Krasnoiarsk | |
Total de falantes: | 213 (ano 2010) [1] | |
Familia: | Linguas turcas Linguas turcas siberianas Linguas na-dené Linguas ieniseianas Lingua keta | |
Escrita: | Cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Pobo keta (cooficial co ruso) | |
Regulado por: | yeni1252 [2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ket
| |
Mapa | ||
Status | ||
Houbo intentos por expertos soviéticos de estableceren unha relación entre a lingua keta e o burushaski, e mesmo coas linguas sino-tibetanas. Pero a maioría dos autores inclúeno na suposta familia das linguas dené-caucasianas.[5]
Hoxe en día hai pouco máis de 200 falantes da lingua keta. Realizáronse esforzos para introducir a lingua nas gardarías e nos colexios. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[1] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües,[6] polo que se teme que desapareza.
O número de compoñentes do pobo keta que teñen como lingua materna este idioma descendeu desde os 1 225 en 1926 até os 537 en 1989 e os 213 en 2010.[1]
Outra lingua pertencente á familia ieniseiana, o yugh, extinguiuse recentemente.
Características da lingua
editar- O keta é unha lingua tonal, con 5 tons distintos e unha estrutura fonética pouco habitual.
- En 1930, 1988 e 1991 creáronse alfabetos para esta lingua, o último baseado no alfabeto cirílico.
a | ā | æ | b | c̣ | d | e | ē | ə | f | g | h | h̡ | i | ī | j | k | l |
ḷ | m | n | ṇ | ŋ | o | ō | p | q | r | s | ṣ | t | u | ū | v | z̶ | ь |
а | б | в | г | г̡ | д | е | ё | ж | з | и | й | к | ӄ | л | м | н | ӈ | о |
ɵ | п | р | с | т | у | ф | х | ц | ч | ш | щ | ъ | ǝ | ы | ь | э | ю | я |
Investigacións sobre a lingua
editarAs primeiras notas sobre o keta (Путешествия по разным провинциям Русского Государства) foron publicadas en 1788 por P. S. Pallas nun dos seus cadernos de viaxes. En 1858, M. A. Castrén publicou o primeiro dicionario keta (Versuch einer jenissei-ostjakischen and kottischen Sprachlehre), que tamén incluía documentación sobre o kot e Castrén foi tamén o primeiro en realizar unha gramática completa da lingua[7]. No século XIX os keta foron erroneamente clasificados como unha tribo fino-ugria do grupo dos khats. O primeiro libro sobre gramática keta (Кетский язык) no século XX publicouno N.K.Karger en 1934.[8][9][10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kryukova, Elena (2013): "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39.
- ↑ Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017). "Yeniseian". Glottolog 3.0. Jena, Germany: Max Planck Institute for the Science of Human History.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Bauer, Laurie (2007): The Linguistics Student's Handbook. Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2759-2.
- ↑ Sanchez-Mazas, Alicia; Blench, Roger; Ross, Malcolm D.; Peiros, Ilia; Lin, Marie (25-07-2008). Past Human Migrations in East Asia: Matching Archaeology, Linguistics and Genetics (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-1-1341-4962-9.
- ↑ Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500.
- ↑ Stefan, Georg (2007) " A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei Ostyak). Volume I: Introduction, Phonology, Morphology. Global Oriental, Folkestone (Kent), p. 35
- ↑ "A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei-Ostyak)". eds.b.ebscohost.com. Consultado o 1 de abril de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ Karger, N. K. (1934). Ketskij (Enisejsko-Ostyatskij) Jazyk. Jazyki i Pismennost' Narodov Severa III. Moskva: Gosudarstvennoe Učebno-Pedagogičeskoe Izdatel'stvo. pp. 223–238.
- ↑ Werner, Heinrich (1997). Die Ketische Sprache. Wiesbaden: Harrassowitz Verlag.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Georg, Stefan (2007). Introduction, Phonology, Morphology. A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei-Ostyak) 1 (Folkestone, Kent, UK: Global Oriental Ltd). ISBN 978-1-9019-0358-4.
- Vajda, Edward J. (2000). Ket Prosodic Phonology. Languages of the World 15 (Múnic: Lincom Europa).
- Vajda, M. Zinn, E.; Zinn, M. (2004). Morfologicheskii slovar ketskogo glagola: na osnove iuzhno-ketskogo dialekta. = Morphological dictionary of the Ket verb: Southern dialect /.
- Vajda, Edward J.; Kari, J., Editor; Potter, B. (2010). Siberian Link with Na-Dene Languages The Dene–Yeniseian Connection. Anthropological Papers of the University of Alaska, new series 5 (Fairbanks: University of Alaska Fairbanks, Department of Anthropology). pp. 33–99.
- Kotorova, Elizaveta e Andrey Nefedov (eds.) (2015). Comprehensive Ket Dictionary / Большой словарь кетского языка (2 vols). Languages of the World/Dictionaries (LW/D) 57. Múnic: Lincom Europa.