Manuel Antonio
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte[1] (1922). Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista[2][3] e chamou á defensa radical do monolingüismo[4] en galego. En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto vangardista "Máis alá!", crítico coa literatura que consideraba retrógrada e propia doutras épocas. Participou no consello de redacción da revista Ronsel.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Antonio Pérez Sánchez 12 de xullo de 1900 Rianxo, España |
Morte | 28 de xaneiro de 1930 (29 anos) Asados, España |
Causa da morte | tuberculose |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
En vida unicamente publicou o poemario De catro a catro (17 de marzo de 1928), obra fundamental[4] na lírica galega do século XX. Este libro foi concibido durante as súas travesías polo Atlántico e o Mediterráneo, como piloto de navío en prácticas no pailebote Constantino Candeira. Escribiu tamén Con anacos d´o meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e Viladomar, publicados postumamente, en 1972, baixo o título Poesías I,[5] nunha edición de Domingo García-Sabell.
Entre as súas influencias literarias[6][7] estiveron Vicente Huidobro, Gerardo Diego, Arthur Rimbaud, Jules Supervielle e Guillaume Apollinaire. Tamén estivo atento ás repercusións culturais[8] das novas teorías científicas (coma a Teoría da Relatividade[9] de Einstein).
Encádrase habitualmente a figura e a obra de Manuel Antonio na chamada Xeración de 1925, que outros estudosos definen como Novecentistas[6], Xeración de 1922[10] ou tamén Vangarda plena.[11]
Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1979.
Traxectoria biográfica
editarManuel Antonio naceu no seo dunha familia conservadora,[12] fillo de Ramón Pérez e Purificación Sánchez Vázquez[1]. Os avós maternos foron Gregorio Sánchez Triñanes (natural de Boiro) e María Vázquez Seco, tíos e padriños do crego Valentín Losada Vázquez.
Aos dous anos foi vivir a Padrón por causa da tuberculose do pai, quen morrería cando Manuel Antonio tiña catro anos. Viviu primeiro na casa da avoa materna e despois co seu tío crego José Sánchez Vázquez, sochantre na igrexa de Iria.
Cando en 1918, durante a primeira guerra mundial, Alemaña atacou barcos franceses, Manuel Antonio e mailo seu curmán Roxelio pedíronlle ao embaixador francés na Coruña que os alistase na Lexión Estranxeira. Ante a negativa deste, decidiu ir el mesmo a Francia. Porén, foi detido na fronteira[1] e pasou uns días no cárcere. Posteriormente tentou, tamén sen éxito, participar en Rusia na Revolución de Outubro e mais na guerrilla sandinista en Nicaragua.
Residiu en Santiago desde 1914 para estudar o Bacharelato e en 1919 trasladouse a Vigo para cursar a carreira de Náutica, que rematou en 1923. Chegou a matricularse ese ano na Facultade de Filosofía e Letras da universidade compostelá, pero non chegou a rematar os estudos.
Entre 1926 e 1927 fixo as prácticas de piloto da mariña mercante a bordo do pailebote Constantino Candeira,[13] con Augusto Lustres Rivas como capitán. A el dedicoulle De catro a catro, poemario concibido durante as travesías no barco.
En 1928 e 1929 fixo tres viaxes a América a bordo do buque holandés Gelria.[12] En 1929 desembarcou en Cádiz polo agravamento da tuberculose que padecía, da que só sabían unhas poucas amizades. O 28 de xaneiro de 1930 faleceu na aldea de Asados, Rianxo.
Formación, compromiso e actividade literaria
editarPrimeira xuventude
editarAs primeiras ensinanzas recibiunas no ambiente familiar, conservador e relixioso, contra o que xa dende ben novo combateu o seu espírito inquedo. Con once anos, durante unha estadía en Cangas co seu parente Valentín Losada, escribiulle unha carta á súa nai. Comunicoulle[14] a decisión de non seguir a carreira eclesiástica e matriculouse en 1913 no Instituto de Santiago para estudar o bacharelato. Alí viviu a partir de 1914 durante o curso escolar.
Compostela quedou na súa memoria como o lugar máxico onde comezou a militancia no galeguismo e o republicanismo. Nas súas estadías en Rianxo relacionouse con Rafael Dieste,[15] un rapaz do seu tempo co que compartía o interese pola literatura e o nacionalismo, e mais co seu curmán Roxelio, quen o animou a participar na vida literaria e política dende a mocidade.
Como amosa nas súas cartas, o bacharelato non lle interesaba. Porén, as cuestións políticas e literarias atraíano cada vez máis. Adoptou sempre unha actitude radical e rebelde, oposta ao ambiente en que pasou a infancia. Viviu e participou con intensidade o momento social e político. A súa primeira rebeldía é contra o carlismo e, por extensión, a xermanofilia.
Do anticaciquismo ao nacionalismo. Iniciación editorial
editarEn 1918, con dezasete anos, enviou os seus primeiros poemas a revistas e xornais. Chegou a manter unha polémica co director da revista compostelá Suevia sobre a calidade das súas coposicións. Pouco a pouco comezou a tomar conciencia na loita anticaciquil que espallaba o agrarismo e fixo dos seus poemas unha arma de loita, mesmo en contra da ideoloxía familiar. De feito, por ese motivo algunha vez solicitou que ao pé do poema só constasen as súas iniciais.[12]
En 1919 enviou un soneto a La Redención, "O sol d'a liberdade". O director rexeitouno porque os versos empregados non eran hendecasílabos, conforme os canons clásicos. Con todo, aconselloulle seguir escribindo textos en prosa de contido civil e animouno no seu interese polo movemento agrarista. Dende ese momento, as súas preocupacións centráronse na loita anticaciquil, no nacionalismo e mais na súa produción literaria, integramente en galego, agás uns poucos poemas iniciáticos.
Correspondencia con Castelao e Risco
editarTamén en 1919 Rafael Dieste e Manuel Antonio escribíronlle[16] a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para que mediase entre eles e Vicente Risco. Risco era recoñecido como o guieiro teórico do grupo Nós e mais da mocidade con inquedanzas nacionalistas e literarias, ao ser o máis informado das novidades artísticas que se estaban a dar en Europa. Foi tamén o ourensán quen lle enviou noticia a Manuel Antonio dos movementos de vangarda en Europa e en España.
Porén, Risco estaba pouco convencido do interese desas correntes para a literatura galega, malia escribir o primeiro poema futurista en galego en 1920. Así, recomendoulle a Manuel Antonio que reparase en aspectos, ao seu ver, importantes para a nova literatura galega, como o folclore.
Sobre este aspecto, Manuel Antonio mantivo ampla correspondencia con Castelao.[14] Deste xeito, tentou examinar a maneira máis axeitada de incluír elementos populares na creación artística sen caer no ruralismo, o saudosismo portugués ou os haiku xaponeses. Castelao recomendoulle a procura dun estilo de seu, sinxelo, non marcado por escolas literarias.
Un lector ávido. A radicalidade política e literaria
editarA súa información literaria e política procedía, amais, dun amplo abano de lecturas. Recibía case todas as publicacións literarias e galeguistas do momento, entre elas[12] A Nosa Terra, Nós, Céltiga, La Centuria ou Alfar. Tamén intercambiaba recomendacións e libros coas súas amizades, con quen combinaba figuras clásicas con outras máis modernas.
Desde o punto de vista das influencias, tivo especial relevancia La poésie d'aujourd'hui, un nouvel état d'intelligence (1921), de Jean Epstein. Está obra maniféstase de xeito singular no proceso de supresión da secuencia espazo-temporal, aspecto que Manuel Antonio levou adiante nas páxinas de De catro a catro.
En 1919, por consello do seu curmán Roxelio, comezou os estudos de Náutica en Vigo, unha cidade que describira parodicamente:
"Eu en Vigo estou nun deserto: un deserto poboado de pantallas cinematográficas".
Porén, nesta cidade tivo a ocasión de participar na III Asemblea Nacionalista en 1921 e coñecer en persoa as figuras máis sobranceiras do galeguismo, entre eles Risco, co que unicamente mantivera correspondencia. Dela saíu fortemente combativo e convencido polo ideario nacionalista.
Este feito provocoulle discusións cos seus amigos da infancia, Roxelio e mais Dieste, por non adoptaren un compromiso tan radical coma o seu.[17] Comezou a cartearse con Victoriano Taibo,[16] esteticamente continuador da liña tradicional de Ramón Cabanillas, mais que soubo recoñecer e admirar a poética do rianxeiro e a súa novidade. Así o demostraba unha carta na que lle pedía información sobre a poesía moderna.
A partir de 1921 Manuel Antonio comezou unha intensa actividade literaria. Colaborou en xornais e revistas, entre elas a betanceira Rexurdimento[18] (na que participaran Cabanillas, López Abente, Victoriano Taibo etc.) ou a coruñesa Alfar, na que participaban importantes vangardistas da literatura española. Tamén formou parte do consello de redacción da luguesa Ronsel.
En 1922 publicou, xunto con Álvaro Cebreiro, o manifesto "Máis alá!", que eles mesmos espallaron por Galicia e o estranxeiro. Este manifesto é o único que aparece como tal na literatura galega da época. Con todo, houbo outros artigos asinados polo autor, como "Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu" (1924)[19] ou "Fatiguémonos" (1926), aparecidos en Galicia. Diario de Vigo. "Máis alá!" foi un auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, representado daquela polas Irmandades da Fala. Dende o colectivo viuse nel un ataque político concibido por Antón Villar Ponte[20], mais non desatou unha polémica da intensidade que esperaban os seus autores.
Da vangarda á soidade. Prosas e traducións. Últimos anos
editarXa feita a carreira de Náutica e á espera das prácticas, seguía a actualidade literaria a través da prensa. Lía case todas as revistas publicadas en Galicia e mais algunhas estranxeiras. Tamén intercambiaba lecturas coas súas amizades, pois non formou parte activa dos parladoiros literarios. Estes eran máis propios da cidade ca dunha vila mariñeira coma Rianxo, "onde non tiña xa con quen compartir inquedanzas artísticas" (dille a Dieste nunha carta que "Rianxo segue a disputarlle a Roma o nome de Cidade Eterna").[21]
1928 foi o ano de publicación do seu único libro en vida, De catro a catro. Nel participaron Dieste, quen xestionou as cuestións editoriais, e mais Carlos Maside como ilustrador.
Máis descoñecida, por breve, fragmentaria ou inacabada, é a prosa[22] do autor rianxeiro, sempre incisiva, novidosa (trata temas pouco habituais, como o suicidio na emigración) e cun afán case obsesivo polo rigor. Para Manuel Antonio resultaba do maior interese a cuestión lingüística, en especial o léxico; dedicou horas de observación e de estudo[23] ao vocabulario do ambiente marítimo,[23][24] Participou, ademais, na polémica entre os defensores dunha ortografía máis etimolóxica —próxima ao portugués— e outra máis fonética e sinxela, tomando intenso partido,[25] por esta última.[24]
Cómpre rexistrar, finalmente, a súa actividade como tradutor[26] ao galego desde o francés ou o inglés. Aínda que escasa, é moi significativa polos autores escollidos (Rimbaud, Mallarmé, Apollinaire, Edgar Allan Poe).
A soidade vital do poeta, da que dan fe tanto os propios textos creativos coma os diarios de navegación, foise acentuando[1]. Xa non enviaba poemas á prensa con tanta frecuencia e a súa produción literaria última escolleu construírse amodo, dunha maneira coidada e persoal. Intensificouse o individualismo na vida e na obra: a súa particular imaxe externa, arredada dos convencionalismos burgueses, mostrábase máis achegada ao mariñeiro que ao literato de cenáculo.
Problemas de fixación textual. Significación posterior
editarIgnorado en vida polo galeguismo oficial[27] anterior ao PG, tamén polo núcleo lector en lingua galega,[10] Manuel Antonio acadou recoñecemento xa durante os anos cincuenta en certos círculos políticos e culturais avanzados[23][28] que recibiran noticia do autor por parte dalgúns sobranceiros intelectuais de posguerra.[23] Mais a gran corrente de simpatía rebentou sobre todo nas últimas xeracións[29][30][31][32][33] e só ten precedentes se se compara coa devoción case unánime que concitaban figuras coma Rosalía ou Castelao.[27] Con todo, a historia da publicación e da recepción dos seus textos foi complexa; afirmouse, non sen polémica,[34][35] que o custodio dos materiais que o poeta deixara á súa morte —e primeiro editor da súa obra despois de 1928—, Domingo García-Sabell, agachara[36][37] durante demasiados anos aos ollos do público e da crítica elementos moi valiosos[23] que permitirían estudar cabalmente o autor rianxeiro. O labor de Xosé Luís Axeitos revelouse clave[38][39] para que se normalizase a recepción da obra completa de Manuel Antonio (poesía,[40] prosa[41] e epistolario)[42] e se editase con rigor científico.
Sobre todo a partir de que o grupo de comunicación poética Rompente publicou o boletín "Fóra as vosas sucias mans de Manoel Antonio!" (1979), reivindicouse cada volta máis o poeta rianxeiro e son innumerables as referencias[43] e os xogos intertextuais coa súa obra, tanto dentro coma fóra das actitudes aínda consideradas vangardistas,[44] tanto en nomes considerados xa clásicos[45] da poesía contemporánea coma en autoras e autores máis recentes[46]. Tense considerado moi significativo[47] que fose Álvaro Cunqueiro un dos primeiros grandes nomes da literatura galega que profesase absoluta admiración por Manuel Antonio e percibise a súa transcendencia: apenas tres anos despois da súa morte (1933) publicaba na revista Papel de Color a primeira elexía polo autor de De catro a catro, preludio doutra que se publicou no volume Dona do corpo delgado (1950) baixo o título "Derradeira elexía a Manoel Antonio"[48]:
Diríamos que pedra para a tua fronte fría
-para a tua alma mar e vento duro.
Ti sí poeta, fenecido de algas verdes
o teu único corpo, silencioso e breve (...)
Nós non choramos. Finamente tristes
desconsolado ouvido inacabábel somos.
Etapas e caracterización xeral da poesía de Manuel Antonio
editarSempre preocupado pola cuestión do idioma e co compromiso nacional ao fondo, o poeta vai decantando progresivamente unha liña propia na que a elección exclusiva da lingua galega (aínda que a literatura, como recorda no manifesto que asina con Álvaro Cebreiro, nunca poida substituír a acción do suxeito histórico), nun contexto epocal de autores voluntariamente bilingües, expresaría xa de seu a radicalidade do discurso.
Tres etapas
editarDistínguense tres etapas na súa traxectoria;[49] na primeira (correspondente ás primeiras obras Con anacos d´o meu interior, Foulas e Sempre e mais dispois) combina as pegadas tradicionais cunha interiorización da aprendizaxe nas vangardas; a segunda vén xa preludiada[12] por un dos últimos poemas de Foulas:
ADEUS poemas mortos!
Adeus campás infecundas!
As nosas flotas volven-se
ó fume e ás áas de todol-os portos (...)
E adeus tamén á elexía!E a lembranza e o remorso
e o século e o día...
Será nesta cando alcance (De catro a catro) a plenitude[11] dunha voz persoal, madura e complexa, aberta, como veremos, ás máis diversas interpretacións. Na terceira etapa (que corresponde con Viladomar e con poemas soltos datables no derradeiro período) dáse un retorno[10] a formas previas e un ton similar ao dos primeiros poemarios, tamén anunciado implicitamente no poema "Adeus", pechando a única obra que publicou en vida:
E os meus ouvidos incautos
queren durmir n-o colo
d´as cantigas vellas.
Caracterización formal. O debate sobre o significado
editarA linguaxe e os recursos formais do máis característico Manuel Antonio configuran unha autoría recoñecible pola sintaxe sobria, os silencios solemnes e a inclusión de termos pertencentes ao léxico da navegación con tecnicismos, neoloxismos e estranxeirismos[50] moi intencionalmente dispostos para distanciar o léxico da orientación patrimonial que continuaba dominando a lírica galega do seu tempo; co mesmo espírito innovador válese de recursos tipicamente vangardistas coma o caligrama, a disposición tipográfica irregular e a elección sistemática do verso libre.
Son diversas, ás veces contrapostas e mesmo polémicas[51] as lecturas do contido da obra do rianxeiro. As claves para un achegamento coherente ao seu discurso pasan, en primeiro lugar, por recoñecer a filiación da estratexia creativa, que como detectara xa Carballo Calero[6] bebe das fontes do creacionismo aínda que o faga dun xeito en todo momento libre e persoal. Para Ramón Reimunde, antes da pescuda simbólica nos textos cumpriría unha boa competencia acerca do vocabulario marítimo que inza De catro a catro, porque sen o coñecemento da exactitude dese léxico —introducido por Manuel Antonio con vocación voluntariamente distanciadora— as persoas profanas poden acabar errando na interpretación.
En realidade dista moito de estar resolvida a cuestión manuelantoniana no que se refire aos significados posibles sequera do seu libro emblemático. Nin existe acordo para interpretar o que semella máis sinxelo (qué significa o mar onde transcorren os 19 poemas da obra); para algunhas lecturas trataríase dun océano convertido en símbolo que agacha[52] procesos persoais[53], para outras contén alegorías de tipo político[54]; para outras visións, en fin, o que está en primeiro plano é a mensaxe existencial (e mesmo existencialista) acubillada no xogo azaroso das imaxes. Algún dos consensos apunta na dirección de conceder relevancia ao que os propios textos fan explícito (a soidade ontolóxica, a inutilidade da viaxe, a falta de sentido) e construír a partir de aí unha estrutura semántica que sirva como eixo tanto para explicar De catro a catro como para comprender máis adecuadamente o resto da produción poética de Manuel Antonio. Na actualidade as lecturas da súa obra, canónica e indiscutiblemente dentro das vangardas,[27] renóvanse e amplíanse con outros puntos de vista, desde o social[55] ata o psicanalítico.[56]
Produción poética
editarA produción poética de Manuel Antonio é breve. Consta duns 120 poemas clasificados nos seguintes títulos:[40]
- Con anacos d´o meu interior: 18 poemas. Escrito entre 1920 e 1922.[57]
- Foulas: 28 poemas. Escrito entre 1922 e 1925.[57]
- Sempre e mais dispois. Escrito arredor de 1923.[12]
- De catro a catro: 19 poemas. Escrito entre 1926 e 1927 e publicado en 1928 por Nós.
- Viladomar: 6 poemas. Escrito en 1928.[57]
- 27 poemas soltos datados entre 1918 e 1928.
- 15 poemas soltos non datados. Algúns deles escribiunos nos seus últimos anos ou meses de vida.
Obra inédita ou reeditada
editarProsa
editar- Manuel Antonio. Obra completa. Vol. I. Prosa. (RAG e Fundación Barrié, 2012)[41]
Poesía
editar- Poesías I / Manoel-Antonio ; edición, limiar e notas de Domingo García-Sabell[5]
- Manuel Antonio - Poesía Galega Completa (Sotelo Blanco, 1992)[12]
- Foulas (Galaxia, 2004)[58]
- Manuel Antonio. Obra completa Vol. II. Poesía. (RAG e Fundación Barrié, 2014)[40]
Correspondencia
editar- Correspondencia / Manoel-Antonio ; edición, limiar e notas de Domingo García-Sabell[59]
- Manuel Antonio. Obra completa: Vol. III. Epistolario. (RAG e Fundación Barrié, 2015)[42]
Traducións
editarDe catro a catro / De cuatro a cuatro - Hojas sin fecha de un diario de a bordo (Ed. Visor, 1993)[60]
Recoñecementos
editar- Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979.[61]
- En 2011 inaugurouse a súa casa-museo en Rianxo.
- En 2020, o rianxeiro Xosé Ricardo Losada obtivo o Premio Torrente Ballester de narrativa por O rosario e a buguina.[62] A novela recrea os últimos meses de vida de Manuel Antonio e o conflito coa súa nai por motivos relixiosos.[63][64]
Galería de imaxes
editar-
Manuel Antonio coa nai, Pura.
-
Foulas, "Poema limiar".
-
Placas na Casa museo de Manuel Antonio. Rianxo.
-
Estatua de Ramón Conde a Manuel Antonio, en Rianxo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Axeitos, X. L. (xullo 2017). Manuel Antonio : unha vida en rebeldía (1a. edición ed.). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-188-4. OCLC 1000072590.
- ↑ Méndez Ferrín, X.L. (16/4/2011). "Os nobres vestixios: Manuel Antonio - No fondo dos espellos". El Sábado - Faro de Vigo (704).
- ↑ Castro, R. (2017-07-29). ""A ideoloxía de Manuel Antonio é a do independentismo nacionalista, do arredismo"". Nós Diario. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ 4,0 4,1 Méndez Ferrín, X. L. (1990). De Pondal a Novoneyra (2. ed ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-460-X. OCLC 64450729.
- ↑ 5,0 5,1 Manuel Antonio; García-Sabell Rivas, Domingo (1972). Poesías I. Vigo: Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2023. Consultado o 06 de setembro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea (2ª ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-227-4. OCLC 2019432.
- ↑ Salgado, Daniel (2010-11-19). "Manuel Antonio liberado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ "Manuel Antonio e a teoría da relatividade". Real Academia Galega. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ "Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral". consellodacultura.gal (en inglés). Consultado o 2022-09-06.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Vilavedra Fdez., Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-258-1. OCLC 46678488.
- ↑ 11,0 11,1 Pena, X. Ramón (2013-<2019>). Historia da literatura galega ? (1a edición ed.). Vigo. p. 249. ISBN 978-84-9914-551-8. OCLC 871573716.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Manuel Antonio (1992). Poesía galega completa (1. ed ed.). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-142-2. OCLC 36011443.
- ↑ González Fernández, María Xosefa (1992). Manuel António : De catro a catro : curso de orientación universitaria ([1a. ed.] ed.). A Coruña: Bahía. ISBN 978-84-87674-25-9. OCLC 434715761.
- ↑ 14,0 14,1 Manuel Antonio - Obra completa. Epistolario - p. 24. RAG - Fundación Barrié. 2015. ISBN 9788497521390.
- ↑ Losada, X. Ricardo (2018). Manuel Antonio : vida e misterio dun poeta galego (1a edición ed.). Vigo. ISBN 978-84-9151-162-5. OCLC 1042191319.
- ↑ 16,0 16,1 González, Helena (1993). De catro a catro, Manuel Antonio. Santiago de Compostela [Spain]: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-175-0. OCLC 55097140.
- ↑ Casas, Arturo (2012). "Abstracción e mito. Traxectos de Rafael Dieste por tres continentes e dúas guerras (1917-1936)". Viaxes e construción do pensamento. pp. 257–275. ISBN 84-9749-506-6.
- ↑ Capelán, Antón (1993). "Vinte poemas de Euxenio Montes non recompilados". Boletín Galego de Literatura (10): 73.
- ↑ Publicado no xornal Galicia, de Vigo, o 25 de xullo de 1924
- ↑ Ríos Panisse, M. (1989). ""O rupturismo do manifesto ¡Máis alá!"". Dorna (15): 87–92. ISSN 0213-3806.
- ↑ Requeixo, Armando (28/1/2015). "Casas literarias: Manuel Antonio". Criticalia. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Axeitos, Xosé Luís (2012). MANUEL ANTONIO. OBRA COMPLETA. PROSA. RAG - Fundación Barrié - eBook. ISBN 9788497520645.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Antonio, Manuel (2010). "Anotacións léxicas". A Trabe de Ouro IV (84): 619–624. ISSN 1130-2674.
- ↑ 24,0 24,1 Fernández Rei, Francisco (1999). Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o mar da Arousa : dúas singladuras na construcción dun idioma para unha patria : discurso lido o día 25 de setembro ... polo Ilustrísimo Señor Don Francisco Fernández Rei, e resposta do Ilustrísimo Señor Don Antón Santamarina Fernández. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-18-2. OCLC 432705310.
- ↑ Hermida, Carme (1992). Os precursores da normalización : defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-7507-647-8. OCLC 27838352.
- ↑ Salgado, Daniel (2010-11-19). "Manuel Antonio liberado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 Pena 2016, p. ?.
- ↑ Antón R. López e Montse Dopico, (coords.) (2009). ""Ferrín en La Noche"". Revista das Letras - Galicia Hoxe.
- ↑ "Entrevista à poeta e ensaísta galega María do Cebreiro". Palavra Comum (en portugués). 7/3/2016. Consultado o 2/9/2022.
- ↑ Nogueira, María Xesús (19/5/2006). "De vangardas e Penélopes. A intertextualidade na poesía galega dos noventa. On Vanguard and Penelopes. Intertextuality in Galician poetry in the 90’s". Madrygal. Revista de estudios gallegos (en castelán) 9: 93–102. ISSN 1988-3285.
- ↑ "Boletín nº1 Rompente: Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio" (en castelán). Editorial Elvira. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Ferro, Adrián (15/7/2016). "Na cabeceira da miña cama están Manuel Antonio, Rosalía de Castro e Lois Pereiro". Nós Diario. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (27/1/2017). "Manuel Antonio foi un espírito moi rexo, só quería depender do seu propio albedrío e criterio". Praza Pública. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Franco Grande, X. L. (8/9/2017). "Unha biografía de Manuel Antonio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1/9/2022.
- ↑ "Manuel Antonio o rebelde, o dandi romántico, o snob acomplexado: as mil caras dun poeta heterodoxo". Praza Pública. 8/6/2018. Consultado o 2/9/2022.
- ↑ Salgado, Daniel (19/11/2010). "Manuel Antonio liberado". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Riveiro, Aitor (2015). Memória da Poesia - literatura e resistência. bartlebee. pp. 141–170. ISBN 978-85-64914-63-6.
- ↑ Salgado, Daniel (2010-11-19). "Manuel Antonio liberado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ I.L, E.X. (2018). ""Manuel Antonio, unha vida en rebeldía"". Ardentía (10): 84. ISSN 1699-3128.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 Axeitos Agrelo 2014.
- ↑ 41,0 41,1 Axeitos Agrelo 2012.
- ↑ 42,0 42,1 Axeitos Agrelo 2015.
- ↑ culturagalega.org (2012-07-05). "Rosalía, Curros, Manuel Antonio e Cunqueiro son recitados no libro-disco". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-09-10.
- ↑ "As vangardas: Ronseltz: Vangardas nos 90". As vangardas. AELG. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Méndez Ferrín, X. L. (1994). Estirpe. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, S.A. ISBN 978-84-7507-807-6. OCLC 32116782.
- ↑ Manuel Antonio e mais nós : homenaxe a Manuel Antonio. A Coruña. 2019. ISBN 978-84-949843-9-6. OCLC 1224997646.
- ↑ Salgado, Daniel (2011-12-23). "O poeta que era un segredo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ Cunqueiro, Alvaro ([1980?-1991]). Obra en galego completa. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-358-5. OCLC 8486566.
- ↑ Diccionario da literatura galega ?. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. ISBN 978-84-8288-019-8. OCLC 34669594.[cómpre nº de páxina]
- ↑ "As vangardas: Manuel Antonio". As vangardas. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Manuel Antonio o rebelde, o dandi romántico, o snob acomplexado: as mil caras dun poeta heterodoxo". Praza Pública. 2018-06-08. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ Οικονομόπουλος, Ηλίας (Δευτέρα 14 Δεκεμβρίου 2015). "Manuel Antonio y el vanguardismo gallego". Galería hispánica. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ Torres, Xohana (2001). Eu tamén navegar : discurso lido o día 27 de outubro de 2001, no acto da súa recepción, pola ilustrísima Señora dona Xohana Torres e resposta do excelentísimo Señor don Salvador García-Bodaño. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-28-1. OCLC 456423969.
- ↑ Fernández Rei, Francisco (2003). "O mar e a poesía galega. Singraduras na construcción da patria da lingua". Revista galega de filoloxía (4): 10–56. ISSN 1576-2661.
- ↑ Piñeiro, X. M. (22/11/2016). "“´De Catro a Catro' é un poemario social”". Nós Diario. Consultado o 1/9/2022.
- ↑ Vidal, Fidel (2010). O sol da tristeza : a figura do pai na obra de Manuel Antonio. Rutis, Culleredo, A Coruña: Espiral Maior. ISBN 978-84-92646-35-7. OCLC 715913891.
- ↑ 57,0 57,1 57,2 Publicado postumamente, en 1972, baixo o título Poesías, en edición de Domingo García-Sabell.
- ↑ Antonio, Manuel (2004). Foulas. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-727-2. OCLC 58453610.
- ↑ Manuel Antonio; García-Sabell Rivas, Domingo (1979). Correspondencia. Obra completa. Vigo: Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2023. Consultado o 06 de setembro de 2022.
- ↑ Manuel Antonio (1993). De catro a catro / De cuatro a cuatro - Hojas sin fecha de un diario de a bordo. Visor. ISBN 84-7522-303-6.
- ↑ Conde Muruais, Perfecto (17/5/1979). "El Día das Letras Galegas, dedicado este año al escritor Manuel Antonio" El País (en castelán).
- ↑ Gerpe Varela, Ana (4/12/2020). "O escritor de Rianxo Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Torrente Ballester". La Voz de Galicia. Consultado o 4/12/2020.
- ↑ "Unha ficción sobre Manuel Antonio de Ricardo Losada leva o Torrente Ballester". Nós Diario. Consultado o 5/12/2020.
- ↑ Ricardo Losada, Xosé (2021). O rosario e a buguina. Editorial Galaxia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Antonio |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Antonio |
Bibliografía
editar- Manuel Antonio: Embarcados nun cantar. Ed. A Nosa Terra, 1996 (colección A Nosa Cultura nº 16). ISSN 0213-3105.
- "Manuel Antonio Pérez Sánchez". Microsoft Encarta 2009 (DVD). Microsoft Corporation. 2008.
- "Pérez Sánchez, Manuel Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 97–98.
- Axeitos Agrelo, Xosé Luís (1993). A poética de Manuel Antonio. Criterio. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-87126-67-3. Archived from the original on 19 de outubro de 2020. Consultado o 02 de setembro de 2022.
- ——————, ed. (1993). Poesía galega completa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-142-6.
- ——————, ed. (2012). Manuel Antonio – Obra completa: Vol. I. Prosa. RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-063-8.
- ——————, ed. (2014). Manuel Antonio – Obra completa: Vol. II. Poesía. RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-111-6.
- ——————, ed. (2015). Manuel Antonio. Obra completa: Vol. III. Epistolario. RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-117-8.
- —————— (2017). Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-9121-188-4.
- —————— (2020). Aproximacións a Manoel Antonio. Rianxo: Axóuxere Editora. ISBN 978-84-948553-5-1.
- Castelao, Manuel (2010). Manoel-Antonio. De catro a catro. Ensaio. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-183-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 91.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 329. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Rei, Francisco (1999). Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o mar de Arousa. RAG. ISBN 84-87987-18-4.
- López Bernárdez, X. C. (1991). Guía de lectura de De catro a catro. Pontevedra: Edicións do Cumio.
- Losada, Xosé Ricardo (2018): Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. Galaxia, Vigo, ISBN 978-84-9151-162-5
- March, Kathleen (1979). "As invariantes creacionistas na obra de Manuel Antonio". Grial (Galaxia) (63): 1–17.
- —————— (1980). "Espacialidade e temporalidade na poesía de Manuel Antonio". Grial (Galaxia) (68): 129–143.
- —————— (2005). "Manuel Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2.
- Pena, Xosé Ramón (1979). A poesía de Manuel António nas literaturas galegas de vanguarda. La Voz de Galicia.
- —————— (1996). Manuel Antonio e a vangarda. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións.
- —————— (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. pp. 239–264. ISBN 978-84-9121-107-5.
- Vidal Pérez, Fidel (2010). O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio. A Coruña: Espiral Maior.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. pp. 450–453. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Manuel Antonio na Biblioteca Virtual Galega.
- Cordal, Xabier. "Unha nave en chamas, máis alá de Orión", El País, 19/11/2010 (en castelán).
- Salgado García, Daniel. "Manuel Antonio liberado", El País, 19/11/2010 (en castelán).