Marco Simoncelli
Marco Simoncelli, nado o 20 de xaneiro de 1987 en Cattolica (Italia) e finado o 23 de outubro de 2011 en Sepang (Malaisia), foi un piloto de motociclismo italiano. Pilotaba unha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini Team no Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade de MotoGP, ata o momento do seu falecemento, no Circuíto de Sepang, en Malaisia.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1987 Cattolica, Italia |
Morte | 23 de outubro de 2011 (24 anos) Sepang, Malaisia (pt) |
Causa da morte | caída atropelo |
Outros nomes | Sic |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo de velocidade |
Número deportivo | 58 |
Familia | |
Pai | Paolo Simoncelli |
Premios | |
| |
Páxina web | fondazionemarcosimoncelli.it |
Traxectoria
editarGañou o campionato de Europa de 125cc en 2002, facendo tamén 6 aparicións no campionato do mundo de 125cc. O seguinte ano competiu en todas as carreiras de 125cc. O seu mellor posto ese ano foi un 4º posto no Gran Premio de Valencia, acabando o campionato en 21º posición con 31 puntos. En 2004 seguiu en 125cc, conseguindo a súa primeira vitoria no Gran Premio de España, con choiva. En 2005 gañou outra vez en Jerez, esta vez con tempo seco.
En 2006, trasladouse ao campionato de 250cc co equipo Gilera. O seu mellor resultado ese ano foi un 6º posto na China. Acabou 10º no campionato. En 2007 continuou co mesmo equipo, acabando outra vez 10º o campionato. O 1 de xuño de 2008, no Gran Premio de Italia disputado no Circuíto de Mugello, conseguiu a súa primeira vitoria en 250cc en controvertidas circunstancias. Cando faltaba unha volta para o final, tocouse con Héctor Barberá, facendo que este se caese. O 8 de xuño conseguiu outra vitoria no Gran Premio de Cataluña adiantando a Álvaro Bautista na última volta. Na penúltima proba de 2008, en Malaisia, Simoncelli acabou 3º, proclamándose campión do mundo de 250cc[1] e pasando a ser desde a tempada 2010 piloto de MotoGP.[2]
Falecemento
editarO 23 de outubro de 2011 no circuíto de Sepang, sufriu unha caída tras a que, aínda aferrado á súa montura, foi atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi dun modo tan brutal que ata o seu casco saíu despedido. O piloto italiano sufriu traumatismos moi graves na cabeza, pescozo e peito, o que lle produciu un paro cardíaco. Os médicos da clínica do circuíto estiveron 45 minutos intentando reanimar ao piloto pero finalmente declarouse a súa morte ás 16:56 hora local.[3]
Fundación
editarEn decembro de 2011 construíuse oficialmente a "Marco Simoncelli Fondazione"[4] grazas ao impulso da súa familia, que encargarase de xestionala, asistidos por quen foi seu representante, Carlo Pernat e o periodista e amigo Paolo Beltrano. Terá como finalidade, en palabras de Paolo Simoncelli, pai de Marco:
A premisa básica é o soño de manter vivo o recordo de Marco para que poida contribuír a aliviar o sufrimento daqueles que están en peor situación que nós.
Estatísticas
editarPor tempada
editarTempada | Categoría | Moto | Carreiras | Vitorias | Podios | Poles | V.Rápida | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125cc | Aprilia | 6 | 0 | 0 | 0 | 0 | 3 | 33º |
2003 | 125cc | Aprilia | 15 | 0 | 0 | 0 | 0 | 31 | 21º |
2004 | 125cc | Aprilia | 13 | 1 | 1 | 2 | 0 | 79 | 11º |
2005 | 125cc | Aprilia | 16 | 1 | 6 | 1 | 1 | 177 | 5º |
2006 | 250cc | Gilera | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 92 | 10º |
2007 | 250cc | Gilera | 17 | 0 | 0 | 0 | 0 | 97 | 10º |
2008 | 250cc | Gilera | 16 | 6 | 12 | 7 | 4 | 281 | 1º |
2009 | 250cc | Gilera | 15 | 6 | 10 | 3 | 4 | 231 | 3º |
2010 | MotoGP | Honda | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 125 | 8º |
2011 | MotoGP | Honda | 16 | 0 | 2 | 2 | 0 | 139 | 6º |
Total | 148 | 14 | 31 | 15 | 9 | 1255 |
Carreiras por ano
editarAno | Cat. | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. Final | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125 cc | Aprilia | JPN |
SAF |
SPA |
FRA |
ITA |
CAT |
NED |
GBR |
GER |
CZE 27 |
POR 13 |
BRA 21 |
PAC |
MAL Ret |
AUS Ret |
VAL Ret |
33º | 3 | ||
2003 | 125 cc | Aprilia | JPN 21 |
SAF 20 |
SPA 14 |
FRA Ret |
ITA 17 |
CAT 16 |
NED 20 |
GBR 16 |
GER 12 |
CZE 14 |
POR Ret |
BRA 11 |
PAC 11 |
MAL Ret |
AUS 11 |
VAL 4 |
21º | 31 | ||
2004 | 125 cc | Aprilia | SAF Ret |
SPA 1 |
FRA Ret |
ITA Ret |
CAT 7 |
NED 7 |
BRA 6 |
GER 10 |
GBR Ret |
CZE 19 |
POR 6 |
JPN 6 |
QAT Ret |
MAL Ret |
AUS |
VAL |
11º | 71 | ||
2005 | 125 cc | Aprilia | SPA 1 |
POR 10 |
CHN 6 |
FRA 5 |
ITA Ret |
CAT 2 |
NED 20 |
GBR 4 |
GER 3 |
CZE 3 |
JPN Ret |
MAL 9 |
QAT 3 |
AUS 3 |
TUR 6 |
VAL 5 |
5º | 177 | ||
2006 | 250 cc | Gilera | SPA Ret |
QAT 8 |
TUR 7 |
CHN 6 |
FRA 8 |
ITA 7 |
CAT Ret |
NED 7 |
GBR 10 |
GER Ret |
CZE 9 |
MAL 8 |
AUS 10 |
JPN 9 |
POR 7 |
VAL Ret |
10º | 92 | ||
2007 | 250 cc | Gilera | QAT 9 |
SPA Ret |
TUR 9 |
CHN Ret |
FRA 6 |
ITA 9 |
CAT 9 |
GBR Ret |
NED 6 |
GER 7 |
CZE Ret |
SMR Ret |
POR 7 |
JPN 7 |
AUS 7 |
MAL 8 |
VAL 11 |
10º | 97 | |
2008 | 250 cc | Gilera | QAT Ret |
SPA Ret |
POR 2 |
CHN 4 |
FRA 2 |
ITA 1 |
CAT 1 |
GBR 2 |
NED 3 |
GER 1 |
CZE 3 |
SMR 6 |
IND |
JPN 1 |
AUS 1 |
MYS 3 |
VAL 1 |
1º | 281 | |
2009 | 250 cc | Gilera | QAT |
JPN 17 |
SPA 3 |
FRA 1 |
ITA 2 |
CAT Ret |
NED 3 |
GER 1 |
GBR 4 |
CZE 1 |
IND 1 |
RSM Ret |
POR 1 |
AUS 1 |
MYS 3 |
VAL Ret |
3º | 231 | ||
2010 | MotoGP | Honda | QAT 11 |
SPA 11 |
FRA 10 |
ITA 9 |
GBR 7 |
NED 9 |
CAT Ret |
GER 6 |
USA Ret |
CZE 11 |
IND 7 |
RSM 14 |
ARA 7 |
JPN 6 |
MYS 8 |
AUS 6 |
POR 4 |
VAL 6 |
8º | 125 |
2011 | MotoGP | Honda | QAT 5 |
SPA Ret |
POR Ret |
FRA 5 |
CAT 6 |
GBR Ret |
NED 9 |
ITA 5 |
GER 6 |
USA Ret |
CZE 3 |
IND 12 |
RSM 4 |
ARA 4 |
JPN 4 |
AUS 2 |
MYS C |
VAL |
6º | 139 |
Lenda: A letra grosa indica pole position.
Cor | Resultado |
---|---|
Ouro | Gañador |
Prata | Segundo posto |
Bronce | Terceiro posto |
Verde | Carreira finalizada dentro dos puntos |
Azul | Carreira finalizada fóra dos puntos |
Púrpura | Retirado |
Non clasificado (NC) | |
Vermello | Non cualificado (NQ) |
En negro | Descalificado (DES) |
Branco | Non iniciou (NIN) |
En branco | Non participou |
Retirado debido a lesión (LES) | |
Excluído (EX) | |
Carreira cancelada (C) |
Notas
editar- ↑ "Simoncelli proclámase Campión de 250cc en Malaisiaa pesar da vitoria de Bautista". 19 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "Un campión controvertido". 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "Morre Simoncelli". 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marco Simoncelli |