Mercado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O mercado, en economía, é calquera conxunto de transaccións, acordos ou intercambios de mercadorías (bens e/ou servizos) entre compradores e vendedores. En contraposición cunha simple venda, o mercado implica a existencia dun comercio regular e regulado, dándose unha certa competencia entre os participantes. O mercado xorde desde o intre en que se unen grupos de vendedores e compradores (concorrencia), e permite que se articule o mecanismo da oferta e da procura; de feito, mercado é tamén o lugar onde se compran e venden bens. Os primeiros mercados da historia funcionaban mediante o troque. Tras a aparición do diñeiro, empezáronse a desenvolver códigos de comercio que, finalmente, deron lugar ás modernas empresas nacionais e internacionais. Á medida que a produción aumentaba, as comunicacións e os intermediarios empezaron a desempeñar un papel máis importante nos mercados.
Entre as distintas clases de mercados podemos distinguir os mercados polo miúdo ou retallistas, os mercados por xunto ou distribuidores, os mercados de produtos intermedios, de materias primas e os mercados de accións (bolsas de valores).
O termo mercado tamén se emprega para se referir á demanda de consumo potencial ou estimada.
O concepto clásico de mercado de libre competencia, define un tipo de mercado ideal, no cal é tal a cantidade de axentes económicos interrelacionados, tanto compradores como vendedores, que ningún deles é quen de interferir no prezo final do ben ou servizo intercambiado. Polo tanto existen tensións neste sistema cando se dan casos de monopolios ou oligopolios
Mercado, en mercadotecnia
editarEn mercadotecnia, mercado é o conxunto de persoas ou empresas dispostas a gastar o seu diñeiro en satisfacer as súas necesidades, requirimentos e desexos.
É importante salientar que esta definición non se corresponde coa definición de economía. En palabras sinxelas, mentres na mercadotecnia o mercado é só o grupo de "compradores", e o grupo de "vendedores" é a industria, en economía ambos os grupos son o mercado.