Carlos Casares

escritor e político galego

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[2][3]

Modelo:BiografíaCarlos Casares

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalCarlos Casares Mouriño
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Formación profesionalFiloloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritor, crítico literario [1]
Membro de
Xénero artísticoNarrativa
Influencias
Obra
Obras destacables
Véxase: "Obra"
Familia
CónxuxeKristina Berg Editar o valor en Wikidata
FillosHåkan Olof Casares Berg, Christian Casares Editar o valor en Wikidata
IrmánsXabier Casares Mouriño Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX853428 Bitraga: 103 AELG: 406 BUSC: casares-carlos-1941-2002 Dialnet: 183896

Traxectoria

editar
 
En Beiro pasaba os veráns, Carlos, de neno.

O pai de Carlos foi Francisco Casares Dacal, fillo de Herminio Casares e Francisca Dacal, e a nai Manuela Mouriño Pérez, filla de José Mouriño e Mercedes Pérez-Congil.[4] Carlos foi o segundo de tres irmáns. Naceu nunha casa da rúa Cardenal Quevedo de Ourense,[5] no seo dunha familia de clase media. Con tres anos de idade a familia trasladouse a Xinzo de Limia [3], onde seu pai exercía a profesión de mestre e onde naceu o seu irmán máis novo Xabier (1945). A infancia transcorreu entre Lamas, onde estaba a casa dos avós paternos, Sabucedo, na casa de Benito e Isolina, irmá da súa avoa materna, e Beiro, onde era abade o seu tío materno Xosé, na parroquia da que fora titular Basilio Álvarez.[4] Deste xeito, Carlos viviu no rural galego a súa primeira infancia, fortemente ligado á lingua do país, pois, aínda sendo a súa nai castelán-falante, na contorna o galego era a lingua absolutamente dominante.

Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos (con varios cregos, o arcebispo Enrique Pérez Serantes entre eles), Carlos será enviado ao seminario de Ourense onde cursou Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos viviu unha forte represión lingüística que espertou no autor un espírito inconformista, chegando a aparecer a súa primeira experiencia literaria, o xornal El averno, que difundía de forma clandestina.[6] Como consecuencia disto, abandonou o seminario e cursou os estudos de bacharelato por libre, o cal lle facilitou unha chea de horas de liberdade que investiu no que foron os comezos da súa creación literaria. Así, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad na capital ourensá, o que lle deu a posibilidade de coñecer o intelectual galeguista Vicente Risco,[3] e comezou a asistir ó seu faladoiro no café Parque.[1]

Rematados os estudos, instalouse en Santiago de Compostela onde comezou a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica,[3] entre os anos 1961 e 1967. Na universidade entrou en contacto con Arcadio López-Casanova, e grazas a el coñeceu a Ramón Piñeiro, que exerceu unha grande influencia sobre el, ligándose así no núcleo da cultura galega antifranquista. Porén, non todo se reducía ao labor cultural. Carlos Casares formou parte tamén de ADE (Asociación Democrática de Estudiantes) e FELIPE (Frente de Liberación Popular) onde, segundo o propio autor, “descubrín o marxismo, e sentíame marxista”. Nestes anos de universidade tampouco descoidou o eido literario. Publicou varios relatos na revista Grial no ano 1965, e en 1967 saíu do prelo a súa primeira obra, Vento ferido, publicada por Editorial Galaxia na colección «Illa Nova».[3]

 
Kristina na Fundación en 2012.

Rematada a carreira, regresou a Xinzo de Limia para agardar a convocatoria de oposicións. Mentres tanto, solicitou praza no Instituto de Ourense pero en 1969 comezou a traballar en Viana do Bolo como profesor auxiliar no Colegio Libre Asociado.[7] Nese mesmo ano publicou Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes técnicas vangardistas. Nese tempo tiña unha relación con Dolores Villarino, a quen lle dedica o libro.[8] Unha vez en Viana entrou en conflito coa dirección do centro ao realizar actividades que non gustaban ao réxime. O alcalde Neftalí Prieto deu queixas del e foi expulsado. Debido á intervención de Manuel García Garrido, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, foille prohibido exercer a docencia en toda Galiza.

En novembro foi a Bilbao a ocupar un posto de profesor que lle ofreceran por medio dun amigo. Ao chegar alí informouse de que o posto estaba baleiro porque viñan de expulsar por razóns políticas a unha profesora, sobriña de Joaquín Satrústegui. Todo o claustro estaba enfrontado co director do centro. Ao rematar o curso non lle renovaron o contrato a ningún.[8]

 
Casa de Casares en Nigrán.

Traballou por encargo de Ramón Piñeiro nunha edición crítica de Aires da miña terra de Curros Enríquez.[9] En setembro de 1971, cando ía levarlle a edición rematada, coñeceu no TER de Ourense a Santiago a Karin Anna Kristina Berg Casares (1948-2012),[10] unha rapaza de Halmstad, Suecia. Logo de casaren ese mesmo ano, foi a súa muller até a fin dos seus días.[8] Deste xeito, Carlos visitou con frecuencia Suecia, un país cunha sociedade aberta, democrática e avanzada, e alí naceron os seus fillos Håkan (1974) e Christian (1976).[11]

No 1974 presentouse ás oposicións convocadas, e conseguiu praza de profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas. Pero ao pouco tempo foi expedientado xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Francisco Rodríguez Sánchez por apoiar as reivindicacións do profesorado non numerario.[12]

Un ano despois gañou o premio Galaxia, conmemorando o 25 aniversario da editorial, coa obra Xoguetes para un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración. O certame levouno a ser recoñecido como unha das voces emerxentes máis renovadoras e significativas da narrativa galega. Isto, xunto aos estudos realizados sobre Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Curros, levárono a entrar na Real Academia Galega a proposta de Domingo García-Sabell Rivas, Ramón Piñeiro López e Marino Dónega Rozas, o 27 de maio de 1978 (sendo o membro numerario máis novo) co discurso de ingreso O desastre de 1898 e os escritores galegos[13] respondido por Francisco Fernández del Riego. Ocupou a cadeira que até 1975 fora de Xesús Ferro Couselo e na que Víctor Fernández Freixanes sucedeu a Casares en 2004.[14]

 
Casares (no centro) durante a presentación dunha escultura de Torrente Ballester.

A pesar do seu traballo como ensaísta, non esqueceu a narrativa, e seguiu publicando obras con boa acollida polo público, como Os escuros soños de Clío (1979); Ilustrísima (1980) e tras deixar a súa carreira parlamentaria Os mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002).

Casares participou da política galega nos anos de transición e comezos da democracia. Foi un dos 21 asinantes do manifesto Realidade Galega, nado co obxectivo de conseguir un estatuto galego á par do de Cataluña e o do País Vasco de 1979. Este feito púxoo, canda o seu compañeiro e amigo Ramón Piñeiro, en primeira liña da política galega daquel entón, o que levou a ambos os dous á súa participación nas eleccións do 20 de outubro como independentes nas listas do PSOE e a seren membros do primeiro parlamento de Galiza no ano 1981. Nel, cómpre salientar o esforzo que ambos os dous intelectuais farían para a redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística no 1983 e a creación do Consello da Cultura Galega, no mesmo ano. Mentres, a actividade política non remataba de convencer a Casares que, catro anos máis tarde, non se volvería presentar ás eleccións e pasaría a centrarse de novo no traballo cultural, chegando a presidir o Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a Editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.

 
Carlos Casares   1941 - 2002.[15]

Xa na década de 1990 dedicouse a viaxar por medio mundo participando en múltiples congresos e encontros, como os Congresos mundiais do PEN Internacional en Maastricht, Toronto e Compostela (xa que foi o presidente do PEN Clube de Galicia de 1996 a 1999) ou o Literarisches Kolloquium en Berlín. Deu tamén cursos de galego en cidades como Nova York.

A noite entre o 8 e o 9 de marzo do 2002, estando na súa casa da parroquia da Ramallosa, concello de Nigrán, sufriu unha crise cardíaca. Foi trasladado ao servizo de urxencias do hospital Xeral de Vigo e de aí ao hospital do Meixoeiro, onde faleceu.[16] Foi velado no tanatorio de Pereiró e inhumado no camposanto de San Fiz de Nigrán, concello no que residiu dende máis de vinte anos atrás.[17]

 
Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada de Vento ferido.[18]

Todas as obras de Casares están moi traballadas tecnicamente, e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ao meirande número de lectores.[3]

Publicacións periódicas

editar

Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre elas Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002, ano do seu falecemento. Casares publicou tamén en xornais coma La Región (dende 1968), El País e La Voz de Galicia. A este último estivo ligado toda a súa vida, chegando a publicar en diferentes seccións. Así, entre o ano 1975 e 1992 escribiu "Ledicia de ler", sección onde abordaba as novidades editoriais galegas, case con periodicidade semanal. Outra das súas publicacións foi "Á Marxe", especie de anecdotario que, con periodicidade irregular durante os primeiros anos, foi diaria dende xuño de 1992 até o mesmo día da seu finamento.

Narrativa

editar
 
Zwei Mädchen, 1911. Schiele era un dos pintores favoritos de Casares.[19] Coas súas obras ilustráronse as cubertas da «Biblioteca Carlos Casares». Esta é a portada de Os escuros soños de Clío.[20]

Ensaio

editar

Como biógrafo e ensaísta legou varios traballos sobre a vida e obra de Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Francisca Herrera Garrido, Fermín Bouza-Brey, Ramón Piñeiro, Xan da Coba e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galiza e de Galiza na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999).

O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

   
Agonía, Schiele, 1912, empregouse na cuberta de Ilustrísima [47] e Die Mutter des Künstlers, schlafend, 1911, ilustrou Os mortos daquel verán.[38]
 
Retrato de Johann Harms, Schiele, 1916, portada de Deus sentado nun sillón azul.[40]

Literatura infantil

editar
 
Albert Paris Gütersloh, Schiele, 1918, cuberta de O sol do verán.

Traducións

editar

Amais de levar obra propia ao castelán, Casares traduciu ao galego outras de varios autores, entre elas:[75]

  • O principiño (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry
  • Eu son un neno (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.[76]
  • Eu son un peixe (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
  • Eu son un paxaro (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
  • Bestiario fantástico (1983) do catalán Joan Manuel Gisbert, Ed. Argos Vergara. Col. Os libros da gata, nº 1. Barcelona. 1983.
  • Os escaravellos voan á tardiña (1989) da sueca Maria Gripe, SM.
  • O vello e o mar (1998) do norteamericano Ernest Hemingway, Ed. Galaxia.
  • Doménica (1999) e A bela Otero (2000), do galego Gonzalo Torrente Ballester, Espasa.

Obras colectivas

editar
 
CEIP Carlos Casares de Nigrán.

Premios

editar
 
Placa no parque de Carlos Casares da Coruña.

Recoñecementos

editar

Cinco centros educativos públicos levan o seu nome, repartidos polas provincias de Pontevedra e Ourense:

 
Placa na casa onde viviu en Xinzo de Limia.
 
Placa no IES Carlos Casares de Vigo.
 
Graffiti co seu nome e a súa imaxe no IES Carlos Casares de Vigo.

Así mesmo, un autocar do Castromil e varios xardíns, parques, rúas e prazas de Galiza levan o nome do escritor:[84]

En xullo de 2016 foi escollido pola Real Academia Galega para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2017. Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 1902 - Cambados, 1967) e Antonio Fernández Morales (Astorga, 1817 - Cacabelos, 1896).[86]

  1. 1,0 1,1 "Casares Mouriño, Carlos". EGU. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. Archived from the original on 12 de abril de 2013. Consultado o 02 de xullo de 2015. 
  2. O. Rodil (9/7/2016). "Carlos Casares, Letras 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 12/07/2016. Consultado o 09/07/2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares", RAG, 9/7/2016.
  4. 4,0 4,1 Riveiro Coello (2017). Carlos Casares. O neno que quería xogar co mundo. 
  5. Casares, Xabier (2004). "Os lugares da infancia". Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. 
  6. F. Freixanes, V. (1976). "Carlos Casares. Os dereitos do escritor". Unha ducia de galegos. pp. 273–294. 
  7. "O noso nome". IES Carlos Casares de Viana do Bolo. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Calvo, T. (2003). Carlos Casares. O conto da vida. 
  9. Aires da miña terra. Edición crítica, introducción e notas: Carlos Casares
  10. "Fallece Kristina Berg, viuda del escritor…" (en castelán). Europa Press. 3/7/2012. 
  11. "Múltiples actos no primeiro cabodano…" Culturagalega.org CCG 5/3/2002
  12. "Exalumnos de Carlos Casares en Rodeira recuerdan su labor docente en la villa". Faro de Vigo (en castelán). 27/11/2016. 
  13. O desastre de 1898 e os escritores galegos. Real Academia Galega. 2015. 
  14. "Membros da Academia. Carlos Casares Mouriño" Real Academia Galega.
  15. Redacción: "As Letras 2017, para Carlos Casares" Praza Pública, 9/7/2016.
  16. "Fallece de un infarto a los 60 años el escritor…". El País (en castelán). 9/3/2002. 
  17. "Enterrado en Nigrán entre el unánime reconocimiento". El País (en castelán). 10/3/2002. 
  18. Imaxe da portada dunha edición de Vento ferido de Galaxia.
  19. F. Freixanes, Víctor. "Memoria do compañeiro e amigo" Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Grial 196, 2013.
  20. Os escuros soños de Clio na colección «Biblioteca Carlos Casares»
  21. 21,0 21,1 Bermúdez, Teresa. «Ramón Piñeiro, Carlos Casares e a “Nova Narrativa”» Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Revista de Investigación en Educación 6, 2009.
  22. "Wounded Wind". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  23. "Viento herido". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  24. "Vundita vento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  25.   Fragmento de Xoguetes para un tempo prohibido lido polo autor
  26. "Xuguetes pa un tempu prohibíu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  27.   Os escuros soños de Clío. Fragmento lido por Tati Mancebo, 2008.
  28. "Los oscuros sueños de Clío". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  29. "Gli oscuri sogni di Clio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  30. "[Os escuros soños de Clío]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-16. 
  31. "[Os escuros soños de Clío]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-16. 
  32. "Los escuros sueños de Clío". Ediciones Trabe (en asturiano). Consultado o 2019-07-16. 
  33. Editado en castelán (1981) pola ed. Luis de Caralt (Barcelona). Tradución de Basilio Losada e prólogo de Torrente Ballester.
  34. "Ilustrísima, el maquillaje de un obispo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-15. 
  35. "Il·lustríssima". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 2019-07-15. 
  36. "Monseigneur ou L'affaire du cinématographe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-15. 
  37. "His Excellency". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-15. 
  38. 38,0 38,1 Os mortos daquel verán en Kindle.
  39. "Los muertos de aquel verano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  40. 40,0 40,1 Deus sentado nun sillón azul en Kindle.
  41. "Dios sentado en un sillón azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  42. "Déu assegut en una butaca blava". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  43. Casares entregou á editorial a versión definitiva da novela xustamente o día do seu pasamento. "A derradeira novela de Carlos Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 8/5/2002. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2016. Consultado o 16/12/2016. 
  44. "El sol del verano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  45. "El sol del verano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  46. "Libros del silencio - Narrativa breve completa". librosdelsilencio.com. Consultado o 2022-06-20. 
  47. Exemplar de Ilustrísima da colección «Biblioteca Carlos Casares»
  48. 48,0 48,1 48,2 "Obras catalogadas". Consello da Cultura Galega. 
  49. Garrido, Francisca Herrera; Casares, Carlos (1987-01-01). Francisca Herrera Garrido. Vida e obra. Real Academia Galega. ISBN 978-84-600-4996-8. 
  50. Trillo, Fermín Bouza-Brey; Casares, Carlos (1992-01-01). Fermín Bouza-Brey. Real Academia Galega. ISBN 978-84-604-2854-1. 
  51. Fole, Anxel; Casares, Carlos (1997-03-01). Ánxel Fole. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-07-6. 
  52. Hemingway en Galicia en Google Books.
  53. Vista previa de Biografía de Don Juan de la Coba en Google Books.
  54. Imaxe da portada de Olores e sabores do saber da UVi.
  55. ""‘A vida do padre Sarmiento’ de Carlos Casares (por Xosé Antón López Silva)"". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  56. É a edición nun só volume dos tres libros de 1980-81: Curros Enríquez, Otero Pedrayo e Vicente Risco.
  57. Á marxe: palabra de escritor: 2 de xaneiro-10 de marzo de 2002 en Google Books
  58. "Vigo lembra a súa relación con Carlos Casares coa edición dun relato" CCG, 3/5/2017.
  59. O expreso da literatura e outros ensaios na páxina de Galaxia
  60.   A galiña azul. Fragmento lido por Xavier Senín, 2011.
  61. 61,0 61,1 "A galiña azul. Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  62. "Hlopčyk, jakyj prynosyt' ščastja". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  63. Edición facsimilar do ano 2017 do Consello da Cultura Galega
  64. "El perro Rin y el lobo Crispín". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  65. "El gos Tupí i el llop Crispí". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  66. "Rin eta Krixpin". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-15. 
  67. "Toupi ar c'hi ha krispi ar bleiz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  68. "Su cane Rubinu e su lupu Crispinu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-15. 
  69. 69,0 69,1 69,2 69,3 69,4 Na colección "Árbore, primeiros lectores", con ilustracións de Penélope Ares.
  70. Presentación de «Contos do Castromil». Fundación Galicia Empresa Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 1993.
  71. "Lolo anda en bicicleta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-15. 
  72. "Lolo bizikletan dabil". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  73. "La bicicleta de Lolo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-07-15. 
  74.   Casares fala sobre a xénese e le o conto Un polbo xigante na RAG o 27/10/1999.
  75. Casares Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na Bitraga. Biblioteca de tradución galega. Universidade de Vigo.
  76. Pena Presas, Montse: "Carlos Casares: tradutor diverso e editor entregado de literatura infantil e xuvenil", Anuario Grial de Estudios Literarios Galegos, 2007. pp. 68-73.
  77. Imaxe da portada de Buciños (1997, Deputación de Ourense)
  78. "Ir Indo celebra su quince aniversario con la publicación de «Galicia 2020»". La Voz de Galicia (en castelán). 21/12/2000. 
  79. Páxina web do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
  80. Páxina web do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia
  81. Páxina web do IES Carlos Casares de Vigo
  82. Páxina web do CEIP Carlos Casares de Nigrán
  83. Páxina web do CEP Carlos Casares de Alxén
  84. "El Concello de Ourense se olvida de la memoria…" Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 23/11/2002 (en castelán).
  85. "El parque Carlos Casares rinde tributo…" Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 28/4/2007 (en castelán).
  86. "A RAG elixe este sábado o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017" RAG, 8/7/2016.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Fernández Freixanes, Víctor. "Memoria do compañeiro e amigo"
Basanta, Álgel. "A traxectoria narrativa de Carlos Casares"
Villanueva Gesteira, María Dolores. "Casares e Galaxia, Casares en Galaxia "
Luna Alonso, Ana e Galanes Santos, Iolanda. "As traducións inéditas de Carlos Casares"
Villalaín, Damián. "Fragmentos para un achegamento a Carlos Casares"
Vilavedra, Dolores. "Carlos Casares e Xóan González-Millán. Diálogo sen fronteiras"
González-Millán, Xoán. "Cartas a Carlos Casares"
Fernández Freixanes, Víctor. "Volver a Casares"
Monteagudo, Henrique. "2017, ano Casares"
Gurriarán. "Carlos Casares, anos de formación (1941-1969): do frío da Limia á calor de Ramón Piñeiro"
Quintana, X. R. "Compromisos de Carlos Casares: do antifranquismo á democracia"
Baamonde, Antón. "Casares bifronte"
Vilavedra, Dolores. "A singularidade literaria de Carlos Casares"
Parga, Grial. "O columnismo de Carlos Casares"
Fernández, Carlos. "Casares, Grial e outras ledicias"
Dahlgren, Marta. "Un galego nunha cidade de provincias de Suecia"
Casares, Carlos. "Cinco cartas desde Suecia"
Porteiro e Perozo. "Qué poden ler os rapaces de 15 ou 16 anos? (1980)"
Casares, Carlos. "Schuhmacher" (un inédito de)

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Vídeos externos
  Por amor á arte. Carlos Casares, o señor das palabras


Predecesor:
Xosé Filgueira Valverde
   Presidente do Consello da Cultura Galega   
1996 - 2002
Sucesor:
Alfonso Zulueta de Haz