Orraca de Portugal

raíña consorte de León e Galicia polo seu matrimonio co rei Fernando II

Orraca de Portugal[1], tamén coñecida coa variante Urraca de Portugal, ou tamén Orraca de Borgoña e Orraca Henriques, nada en Coímbra en 1150,[2] e finada en 1211 en Valladolid, [3] [4] foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de León e Galicia polo seu matrimonio co rei Fernando II de León e Galicia.

Modelo:BiografíaOrraca de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Urraca de Portugal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1148 Editar o valor en Wikidata
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1211 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Saint Mary, Wamba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLista de rainhas de Leão (pt) Traducir
Infanta de Portugal (pt) Traducir
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFernando II de Galiza e León (1165 (Gregoriano), 1165 (Gregoriano)–1175 (Gregoriano)), nulidade matrimonial Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso VIII de León e Galicia Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Mafalda de Savoia Editar o valor en Wikidata
IrmánsSancho I de Portugal
Fernando Afonso de Portugal, Grão-mestre do Hospital
Tareixa de Portugal
Mafalda de Portugal
Sancha de Portugal I
Pedro Afonso de Portugal
Henrique de Portugal
Urraca Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bourgogne-239

Era filla de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, e da súa esposa, a raíña Mafalda de Savoia. Foi irmá, entre outros, do rei Sancho I de Portugal.

Foi a nai do rei Afonso IX de León e Galicia e avoa de Fernando o Santo, rei de Castela e León.

Traxectoria

editar

Urraca naceu en Coímbra, no ano 1150. Antes do nacemento de Urraca, os reis tiveran un fillo varón, Henrique, que morreu moi novo, con 10 anos de idade.[5]

Na época na que Urraca naceu, a atribución dos nomes dos infantes era feita segundo unha norma. O usual era que se o primoxénito fora un neno recibise o nome do avó paterno, mentres que se era unha nena recibía o da avoa. Cos segundos fillos o criterio era o mesmo, apenas coa diferenza de seren os nomes dos avós maternos.

A pesar diso, a primeira filla de Mafalda e Afonso recibiu o nome da irmá deste último, Urraca Henriques, infanta de Portugal, casada co nobre galego Vermudo Pérez de Traba.

 
Estatua de Urraca na Porta da Catedral de Tui.

Urraca casou en maio ou xuño de 1165, aos 15 anos de idade, con Fernando II de León e Galicia, de 28 anos, fillo de Afonso VII, rei de Galicia, León, Castela e Toledo, o Emperador, e Berenguela de Barcelona, que era seu primo en segundo grao, xa que os seus pais, Afonso I Henriques e Afonso VII, respetivamente, eran primos carnais e as súas avoas paternas, Tareixa de León e Urraca de León, medias irmás.

Este casamento inaugurou os varios enlaces matrimoniais que o reino de Portugal estableceria cos restantes reinos ibéricos, seus veciños.

O matrimonio tivo un único fillo, o infante Afonso, futuro Afonso VII de Galicia e León, nacido en Zamora o 15 de agosto de l171,[6] cuxa lexitimidade foi cuastionada cando o casamento dos pais foi disolvido polo papa Alexandre III en 1175, e os contraentes foron forzados a separarse. Esta anulación debeuse á proximidade de parentesco entre o matrimonio.

Despois de anularse o matrmonio, Urraca fíxose freira, na Orde de San Xoán de Xerusalén, e pasou a vivir nos municipios zamoranos que o seu esposo o rei lle concedeu cando casaran. Retiraríse máis tarde no Mosteiro de Santa María, en Wamba, Valladolid, que pertencía a esa orde relixiosa.[7]

O 25 de maio de 1176, Urraca doou varias terras e vilas á dita Orde de San Xoán onde ingresara, probabelmente coincidindo co seu ingreso. Entre elas estaban Castroverde de Campos e Mansilla en León, e Salas e San Andrés (en Samartín del Rei Aurelio en Asturias.[8]

O 22 de xaneiro de 1188, o seu exmarido Fernando falece, e foi sucedido polo fillo de Urraca, Afonso. Xeralmente os fillos concibidos de unións disolvidas eran considerados ilexítimos e, por tanto, incapacitados para suceder no trono, pero o papa foi condescendente na lexitimidade deste fillo.

Urraca asistiu á coroació do seu fillo Afonso como Afonxo IX de Galicia e León, e o 4 de maio dse ano xa confirmaban xuntos os privilexios concedidos polo defunto rei á Orde de Santiago.[7] Isto podería probar o seu regreso á Corte, despois de anos afastada pola disolucón do seu matrimonio.[9] Urraca aparece por última vez nun documento de 1211, cando doou a vila de Castrotorafe á catedral de Zamora, tamén parte do dote que seu o marido lle dera cando casaran en 1165.[3] [4]

Descendencia

editar
 
Capella de Dona Urraca na Igrexa de Santa María de Wamba onde recibiu sepultura.

Froito do seu matrimonio co rei Fernando II de Galicia e León, fillo de Afonso VII o Emperador, naceu un fillo:

Sepultura

editar

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura no Mosteirio de Santa María de Wamba, que pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén.[7]

No interior da igrexa de Santa María de Wamba, que formou parte dun mosteiro desaparecido na actualidade, encóntrase a chamada "Capela da Raíña" onde se colocou un epitafio, posterior á defunción da raíña, no que se relata que a raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura en dita igrexa.[10]

Predecesor:
Riquilda de Polonia
   
Raíña consorte de León e Galicia

1165 - ¿1171/1172?
Sucesor:
Tareixa Fernández de Traba

Antepasados

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roberto I, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Helie de Semur
 
 
 
 
 
 
 
4. Henrique de Borgoña, conde de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Fernando I de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
10. Afonso VI de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Sancha de León
 
 
 
 
 
 
 
5. Tareixa de León, condesa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Ximena Muñoz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Urraca de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Amedeo II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
12. Humberto II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xoana de Xénova
 
 
 
 
 
 
 
6. Amedeo III de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cguillerme I, conde de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
13. Xisela de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Estefanía
 
 
 
 
 
 
 
3. Mafalda de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Guigues II de Albon
 
 
 
 
 
 
 
14. Guigues III de Albon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Adelaida de Royans
 
 
 
 
 
 
 
7. Mahaut de Albon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Matilda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  1. "Orraca na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. Mattoso 2014, p. 226.
  3. 3,0 3,1 Gross 1998, pp. 1226-227.
  4. 4,0 4,1 Rodrigues Oliveira 2010, p. 79.
  5. Caetano de Sousa 1735, p. 51 e ss, do Livro I, Cap. II.
  6. Arco y Garay 1954, p. 167, capítulo XII.
  7. 7,0 7,1 7,2 Arco y Garay 1954, p. 168, capítulo XII.
  8. García Tato, 2004 & pp 133-134, doc. 31.
  9. Cassotti 2009, pp. 37.
  10. Elorza et al. 1990, p. 57.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar