Pedro Feijoo
Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1975 (49 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos[2] como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade.[3] En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego.
En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011. En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica.[4][5] En 2017 sae Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de "Os fillos do mar", se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.[6] Para o autor está a cabalo entre a novela histórica e o suspense.[7] En 2018 publica Sen piedade, un libro terrible e dolorosamente persoal, segundo o autor.[8] Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas.[9]
Obras
editarNarrativa
editar- Os fillos do mar (2012). Xerais. 432 páxs. (En 2019 ía pola 11ª edición). ISBN 978-84-9914-346-0. ePub: ISBN 978-84-9914-475-7.[10] En castelán: Los hijos del mar (2013). Espasa Libros. 432 páxs. ISBN 9788467031119.[11]
- A memoria da choiva (2013). Xerais.[12]. 472 paxs. (En 2019 ía pola 8ª edición). ISBN 978-84-9914-570-9. Epub: 978-84-9914-556-3. En castelán: La memoria de la lluvia (2016). Versátil Ediciones. ISBN 9788416580248.[13]
- Morena, perigosa e románica (2015). Xerais. 432 páxs. ISBN: 978-84-9914-919-6. ePub: ISBN 978-84-9914-922-6.[14] En castelán: Morena, peligrosa y románica: ¡Una comedia dantesca! (2015). Versátil Ediciones. ISBN 978-84-943582-9-6.[15]
- Os fillos do lume (2017). Xerais. 504 páxs. ISBN 978-84-9121-231-7. ePub: ISBN 978-84-9121-232-4.[16] En castelán Los hijos del fuego (2017). Ediciones B. 512 páxs. ISBN 9788466661225.[17][18]
- Sen piedade (2018). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-400-7. ePub: ISBN 978-84-9121-376-5.[19]
- Un lume azul (2019). Xerais. 576 páxs. ISBN 978-84-9121-615-5.[20] ePub: ISBN 978-84-9121-603-2. En castelán Un fuego azul (2020). Ediciones B. 528 páxs. ISBN 9788466667128.
- Ninguén contará a verdade (2023). Vigo: Xerais. Premio Xerais de novela.[21] 640 páxs. ISBN 978-84-1110-432-6. ePub: ISBN 978-84-1110-434-0. En castelán Nadie contará la verdad (2023). Ediciones B. 544 páxs. ISBN 9788466675789.
Ensaio
editar- Cousas do "Galicia", por Castelao (1997). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-847-8.
- Viva o Fu Remol! (2005) Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-9782-352-4.[22]
- Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade (2018). Xerais. (2ª ed. en 2019). 184 páxs. ISBN 978-84-9121-326-0.[23]
Libros colectivos
editar- O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[24]
Premios
editar- Certame de Relatos Curtos Os Viadutos por "O segredo do viaduto".
- Premio Xerais no 2023 por Ninguén contará a verdade. Xa fora finalista no 2011, por Os fillos do mar.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2013, por Os fillos do mar.[25]
- Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva.[26]
- 2023: XL Premio Xerais de novela por Ninguén contará a verdade.[21]
Notas
editar- ↑ "PEDRO FEIJOO. Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "Pedro Feijoo. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Lecturafilia (2015-11-10). "Morena, perigosa e románica". Lecturafilia. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "Crítica sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo en Trafegando ronseis. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "Unha novela que engancha: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Xosé Manuel Eyré. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "Pedro Feijoo: «’Os filos do lume’ está a cabalo entre a novela histórica e o thriller». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Ávila, Gabriel Romero de. ""«Sen piedade» é un libro terrible e dolorosamente persoal" - Vigoe.es". www.vigoe.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ "camiñar_o_vigo_vello. Blog Xerais". blog.xerais.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Os fillos do mar na páxina web de Xerais.
- ↑ "Entrevista a Pedro Feijoo, autor de "Los hijos del mar". Revista de Letras" (en castelán). Consultado o 2019-06-01.
- ↑ A memoria da choiva na páxina web de Xerais.
- ↑ Francisco (2016-07-14). "Un Lector Indiscreto: La memoria de la lluvia, de Pedro Feijoo". Un Lector Indiscreto. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Morena, perigosa e románica na páxina web de Xerais.
- ↑ "Morena, peligrosa, y romántica, de Pedro Feijoo". Culturamas, la revista de información cultural. 2015-12-04. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Os fillos do lume na páxina web de Xerais.
- ↑ "LOS HIJOS DEL FUEGO. PEDRO FEIJOO". casadellibro (en castelán). 2017-06-14. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Laky (2017-07-13). "Libros que hay que leer: “Los hijos del fuego” -Pedro Feijoo". Libros que hay que leer. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Sen piedade na páxina web de Xerais.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ 21,0 21,1 "Pedro Feijoo, Premio Xerais de novela 2023". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2023-06-17. Consultado o 2023-06-18.
- ↑ Nogueira, Olga (2006-04-18). "Viva o Fu Remol. Crítica positiva.". aCentral Folque 2004 - 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01.
- ↑ Camiñar o Vigo vello na páxina web de Xerais.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ Bragado. "Onte 649: «Os fillos do mar», premio San Clemente – Brétemas". Consultado o 2019-06-01.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo, por Manuel Bragado. Axenda cultural AELG::". Consultado o 2019-06-01.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Feijoo |
Ligazóns externas
editar- "Quero usar a ficción para reflexionar sobre a historia" El País, 10/5/2012.
- Itinerario Camiñar o Vigo vello, por Pedro Feijoo. 2018, YouTube.
- Presentación de Sen piedade. Libraría Cartabón, 2018, YouTube.