Pobo bosníaco
Os bosníacos[8] (en bosníaco: Bošnjaci, singular masculino: Bošnjak, feminino: Bošnjakinja) son unha nación e grupo étnico eslavo que habita principalmente en Bosnia e Hercegovina. Unha minoría nativa de bosníacos vive noutros países dos Balcáns, especialmente na rexión de Sandžak de Serbia e en Montenegro (onde os bosníacos forman unha maioría rexional), así como en Croacia e Kosovo. Os bosníacos caracterízanse pola súa adherencia á relixión musulmá dende os séculos XV e XVI, pola súa cultura común e pola lingua bosníaca.
Pobo bosníaco | |
---|---|
Rapazas bailando o kolo, unha danza tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 3 millóns (est ) | |
Rexións principais: | |
Bosnia e Hercegovina | 1 769 592[1] |
Estados Unidos | 350 000[2] |
Alemaña | 158 158[3] |
Serbia | 145 278[4] |
Austria | 128 047 |
Suecia | 80 000[5] |
Montenegro | 53 605[6] |
Suíza | 46 773[7] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua bosníaca |
Relixión | islam sunní |
Grupos relacionados | Pobos eslavos |
Arredor de dous millóns de bosníacos viven nos Balcáns, cunha poboación dun millón máis de bosníacos noutras partes do mundo. O xenocidio e limpeza étnica durante a Guerra de Bosnia (1991–95) tivo un forte efecto na distribución territorial da poboación. En parte por mor disto[9] existe unha significativa diáspora bosníaca en varios países, incluíndo Austria, Alemaña, Turquía, Australia, Suecia, o Canadá e os Estados Unidos de América.
Notas
editar- ↑ "popis2013.ba" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ Bureau, U.S. Census. "American FactFinder – Results". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Germans and foreigners with an immigrant background". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 04 de maio de 2009.
- ↑ "Попис становништва, домаћинстава и станова 2011. у Републици Србији: НАЦИОНАЛНА ПРИПАДНОСТ" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ "Sveriges förbindelser med Bosnien och Hercegovina". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 1 de maio de 2016.
- ↑ "Census of Population, Households and Dwellings in Montenegro 2011" (PDF). 12 de xullo de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2011.
- ↑ "Pub_Auslaender_D.pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2012.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bosníaco.
- ↑ Committee on Foreign Relations, US Senate, The Ethnic Cleansing of Bosnia-Hercegovina, (US Government Printing Office, 1992)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo bosníaco |
Bibliografía
editar- Allworth, Edward (1994). Muslim Communities Reemerge: Historical Perspectives on Nationality, Politics, and Opposition in the Former Soviet Union and Yugoslavia. Duke University Press. ISBN 0-8223-1490-8.