Os eslavos son un pobo indoeuropeo que habita a rexión da Europa central e oriental hai preto de cinco mil anos, cuxos descendentes actuais son os rusos, belarusos, ucraínos (póla oriental), búlgaros, serbios, croatas, macedonios, eslovenos (póla meridional), checos, eslovacos, polacos e lusacios (póla occidental). A idea de que os pobos eslavos teñen moito en común canto ás súas orixes, a orixe das súas linguas e dalgúns aspectos culturais son derivados do nacionalismo romántico, do paneslavismo e da noción de raza como unha base biolóxica para as nacións, aínda que moitas semellanzas histórico-xenéticas, xeo-culturais e fonético-idiomáticas sexan comprobadas por moitos estudos sobre os pobos protoindoeuropeos.

Linguas eslavas - Distribución

Xurdimento do protoeslavo

editar

O idioma protoeslavo ramificouse a partir dun lugar incerto nunha época aínda descoñecida a partir do protoindoeuropeo, volvéndose unha lingua indoeuropea separada. O protoeslavo é unha lingua hipotética (reconstruída) a partir da cal xurdiu o eslavo.

Debate sobre a rexión de orixe do eslavo

editar

Argumento xeral

editar

Unha teoría común é que os protoindoeuropeos, e tamén os posteriores protoeslavos, son orixinarios das estepas da Ucraína e do sur da Rusia (ver hipóteses de Kurgan). De calquera forma, outros académicos cren que os protoeslavos se estableceron no nordeste da Europa Central desde tempos inmemoriais, sendo portadores da cultura lusaciana e da posterior cultura de Przeworsk (e tamén de parte da cultura Chernyakhov). Porén, esta última teoría non contradí a hipótese de Kurgan.

Hai entón dúas teorías principais canto ás orixes dos eslavos:

  1. A teoría autoctónica supón que os eslavos vivían ao norte dos Cárpatos desde a cultura lusaciana (antes de -1000).
  2. A teoría aloctónica supón que os eslavos chegaron por volta dos séculos V ou VI da nosa era.

Os alemáns e algunhas nacións eslavas están utilizando esas teorías como ferramentas de propaganda política, resultando en confusión xeral. Algúns científicos (tales como Kazimierz Godlowski ou Zdenek Vana) consideran ambas as teorías absurdas: eles cren que os eslavos apareceron e se diferenciaran a partir doutras tribos nalgún momento tras o século I.

Varias rexións están sendo propostas como o lugar de orixe dos eslavos. As suxestións inclúen a actual Polonia, os pantanos da Polesia, Volhynia, áreas ao redor de río Dniépr e mesmo na Asia Central. Os eslavos son citados historicamente por primeira vez habitando os pantanos Pinsk (Pripyat) na Polesia, Belarús.

Teorías diversas

editar

Por volta do ano -500, tribos celtas establecéronse no alto río Oder, e tribos xermanas no baixo Vístula e no baixo Oder. As terras das rexións dos ríos Elba, Oder e Vístula, pasaron tamén a seren coñecidas como Magna Germania por volta do ano 100. Non hai rexistro de calquera tribo eslava establecida nesas rexións ata esa época.

Unha teoría suxire que existiron dúas ondas de eslavos: os protoeslavos (chamados por eses teóricos vénedos ou "wenets"), e os eslavos propiamente ditos; e que eses dous grupos se mesturaron converténdose nos pobos eslavos actuais. Así e todo, a declaración que os vénedos eran un pobo eslavo ou ata mesmo protoeslavo é moi discutíbel, e moitos académicos cren que os vénedos pertencían a outra rama indoeuropea non eslava.

A cultura chernoles é ás veces retratada como un dos dous estadios no desenvolvemento das linguas eslavas ou polo unha forma do indoeuropeo tardío ancestral á evolución das linguas eslavas [1].

Outra teoría recente apóiase na hipótese da orixe multirrexional afirmando unha orixe eslava autóctona anterior á última glaciación. A rexión de orixe dos eslavos incluiría entón as áreas descritas por Publio Cornelio Tácito1Tácito como Germania. Esa teoría ten pouco apoio en medio científico.

Aínda máis confusión acontece do feito de que algúns pobos eslavos se orixinasen como resultado da completa asimilación de pobos non eslavos.

Teoría "ucraínos como arianos"

editar

Por último, varias novas teorías sobre a orixe dos pobos eslavos foron publicadas, e atoparon un gran número de seguidores, na década de 1990 e de 2000, alimentadas polo crecemento do nacionalismo na Ucraína. A maioría delas intenta establecer unha conexión directa entre os eslavos e os arianos. Algunhas ata afirman que os eslavos xa existían como pobo no sétimo ou quinto milenio antes de Cristo e foron os devanceiros dos sumerios. Esas teorías afirman que a cidade ficticia de Aratta estaba localizada en Ucraína.

Hai abundancia de evidencias arqueolóxicas de asentamentos no norte de Ucraína e Polonia do 3º milenio antes de Cristo (culturas tripiliana, de Tishnets, de Peshevor, de Zaburinets). Os pobos que vivían nestas rexións sustentábanse sobre todo a través da agricultura; algúns deses pobos dominaron o uso do metal no século -VIII A ausencia de linguas escritas deixa aberto o debate se estes pobos estaban dalgunha forma relacionados cos modernos eslavos.

Etnónimos aplicados aos eslavos

editar

Os pobos que agora coñecemos como eslavos aparecen na historia antiga como "vénedos", pero como se di arriba, as súas conexións cos vénedos mencionadas por Tácito, Tolomeo e Plinio aínda son dubidosas, e o uso do termo "vénedos" ou "wends" para os eslavos pode ter vindo por un camiño de erro de identificación dos eslavos cos antigos vénedos.

Algúns escritores posteriores referíronse aos eslavos como sclavenos, sclovene e ants. Xordanes menciona que os vénedos se subdividiron en tres grupos: os vénedos, os ants e os sclavenos. Tradicionalmente o nome "vénedos" está sendo asociado aos eslavos occidentais, "sclavenos" aos eslavos do sur e "ants" (ou "antes") aos eslavos orientais.

Etimoloxía de 'eslavo'

editar

Mesmo a orixe da palabra "eslavo" é discutíbel. En eslavo antigo a palabra que se refire a eslavo é slovene. Hai unha similitude obvia coa palabra slovo, que significa "palabra, conversa". Desa forma, slovene significaría "pobo que fala (a mesma lingua)", "pobos que se entenden mutuamente", en oposición á palabra eslava para "xermanos", nemtsi, que significa "pobo mudo, calado" (do eslavo nemi - mudo, calado, parvo), comparado á forma grega do termo: "bárbaro".

Outra similitude obvia liga "eslavo" á palabra slava, que significa "gloria" ou "eloxio, enaltecemento". A palabra deriva do verbo slyti, "ser coñecido", derivada do correspondente verbo causativo slaviti.

Ás veces "eslavo" é indicado como derivado da forma slov- polo fenómeno claramente ruso da acania (pronuncia da letra "o" como un "a"). Case todas as nacións eslavas que reteñen o seu nome inicial para "eslavo" usan a palabra slovene para ese significado.

Algúns lingüistas cren, con todo, que esa conexión obvia engana, porque, por exemplo, na lingua rusa, o sufixo -yane (como en slavyane) ocorre só nos adxectivos formados por nomes de sitios. Exemplo: anglichane.

Nas linguas románicas e xermanas existe unha evidente similitude entre o termo 'eslavo' e o termos asociado con servo ou escravo. En galego e portugués escravo, en castelán esclavo e en inglés slave teñen parecido con eslavo en galego, portugués e castelán e con Slav en inglés.

Eslavos nos tempos históricos

editar

Os eslavos emerxeron da escuridade cando os xermanos e celtas se desprazaron para o occidente nos séculos V e VI (causado polos ataques e invasións dos pobos da Siberia e da Europa Oriental, sobre todo hunos, ávaros, búlgaros e maxiares), iniciando a gran migración dos eslavos, que seguiran a senda dos xermanos: desprazamento para oeste entre o río Oder e a liña Elba-Saale; desprazamento para o sur na Bohemia, Moravia, boa parte da actual Austria, da planicie de Pannonia e dos Balcáns. E desprazamento para o norte ao longo do alto río Dniépr.

Cando os movementos migratorios chegaron ao fin, apareceron entre os eslavos os primeiros rudimentos de organizacións de estado, cada un liderado por un príncipe cun tesouro e unha forza de defensa; e o inicio das diferenciacións de clases, coa nobreza xurando lealdade aos emperadores francos e do Sacro Imperio Romano.

No século VII o nobre franco Samo, que apoiou os eslavos na guerra contra os seus dominadores ávaros, volveuse o gobernante do primeiro estado eslavo na Europa Central. A Corintia, situada onde hoxe están Austria e Eslovenia era un estado eslavo; moi antigos tamén son o Principado de Nitra e o Principado de Moravia. Nese período existiron grupos e estados eslavos centrais, tal como o Principado de Balaton (ou Panoniano ou Transdanubiano), pero a subsecuente expansión dos maxiares e romaneses, así como a xermanización de Austria, separaron os eslavos do norte dos do sur.

Ao principio da historia dos eslavos, e continuando na escuridade da Idade Media, grupos non eslavos eran lentamente asimilados polas poboacións falantes de idiomas eslavos: os búlgaros eslavizáronse e o seu idioma turco desapareceu; noutros casos, os eslavos foran asimilados por outros grupos, tales como romaneses, maxiares, gregos etc. Os croatas e serbios mesturáronse probabelmente cos alanos e/ou cos ilirios.

Dificilmente se desenvolveu calquera tipo de unidade entre os varios pobos eslavos na Antigüidade, aínda que algúns fráxiles trazos de cooperación aparezan. Por mor da amplitude e diversidade dos territorios ocupados polos pobos eslavos, había varios centros de consolidación eslavos, un proceso que nunca foi completado por moitas razóns. No século XIX, o Paneslavismo desenvolveuse como un movemento entre intelectuais, académicos e poetas, pero que raramente influenciaba as accións políticas. A Rusia tsarista usou o paneslavismo como ideoloxía para xustificar as súas conquistas territoriais en Europa Central e, desa forma, a ideoloxía pasou a ser asociada ao imperialismo ruso. A experiencia eslava común do comunismo combinada co repetido uso da ideoloxía pola propaganda soviética tras a Segunda Guerra Mundial dentro do Bloque Oriental (Pacto de Varsovia) era unha forza de nivelamento obrigatoria económica e política da hexemonía da Unión Soviética dominada polos rusos, e desa forma desprezada polas demais nacións conquistadas. Unha unión política notábel do século XX que abrangueu varios pobos eslavos do sur foi a Iugoslavia, que hoxe está desfeita.

A Alemaña Nazi, que propuxo unha reivindicada superioridade racial para os pobos xermanos, particularmente en relación aos pobos eslavos e semitas, emprendeu unha escravización dos pobos eslavos, e a baixada do seu número polo asasinato da maioría da poboación. Como resultado, un gran número de eslavos foi asasinado polos nazis na Segunda Guerra Mundial.

Relixión e alfabeto

editar

Na relixión, os eslavos tradicionalmente dividíronse en dous grupos principais:

  1. Aqueles asociados ás Igrexas Ortodoxas Orientais: a maioría dos rusos, ucraínos, belarusos, serbios, búlgaros e macedonios, e algúns cárpato-rutenios (rusyns).
  2. Aqueles asociados á Igrexa católica e Grega: polacos, algúns sorabos, algúns checos, a maioría dos eslovacos, croatas, eslovenos, algúns ucraínos, poucos serbios, poucos macedonios e algúns búlgaros.

Algúns sorabos profesan o protestantismo, como tamén algúns eslovacos, e uns poucos checos e eslovenos. A maioría dos bosniaks (musulmáns bosníacos), pomaks (musulmáns búlgaros), gorani (grupo étnico do Kosovo) e torbesh (musulmáns macedonios) profesan o islamismo.

As divisións relixiosas entre católicos e ortodoxos exacerbáronse polo uso do alfabeto cirílico polos ortodoxos e católicos gregos e do alfabeto latino polos católicos romanos. De calquera forma, a lingua serbia pode ser escrita en ambos os alfabetos. Hai tamén unha forma escrita latina para o belaruso, chamada alfabeto lacinka. A lingua bosníaca escribiuse no alfabeto árabe ata o principio do século XX.

Con todo, un factor unificador foi o antigo eslavo eclesiástico (ou eslavón) como lingua litúrxica fosilizada (semellante ó uso que se fixo do latín por parte da Igrexa Católica).

Linguas

editar

Divídense en tres grupos, os eslavos occidentais, orientais e meridionais; xeograficamente, lingüisticamente, culturalmente e xeneticamente son distintos, no entanto posúen afinidades entre si que os volve eslavos, pero o principal motivo de seren denominados eslavos está en ter saído dun tronco racial común que posuía unha mesma lingua.

  1. (James P. MALLORY, "Chernoles Culture", Encyclopedia of Indo-European Culture, Fitzroy Dearborn, 1997)

Véxase tamén

editar