Na mitoloxía grega, Príamo (en grego Πρίαμος Príamos), foi o rei mítico de Troia durante a Guerra de Troia, na que foi morto por Neoptólemo.

Modelo:BiografíaPríamo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Πρίαμος Editar o valor en Wikidata
Biografía
MorteTroia, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
King of Troy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
ConflitoGuerra de Troia Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDardanides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeArisbe
Laothoe
Hécuba
Alexirrhoe Editar o valor en Wikidata
ParellaCastianeira Editar o valor en Wikidata
FillosHeitor
 () Hécuba
Clonius
 ()
Hypeirochus
 ()
Lysimache
 ()
Deiopites
 ()
Philaemon
 ()
Chersidamas
 ()
Hyperion
 ()
Agavus
 ()
Aristodeme
 ()
Idomeneus
 ()
Dryops
 ()
Medesicaste
 ()
Laodocus
 ()
Echemmon
 ()
Armogaras
 ()
Phorbas
 ()
Polymedon
 ()
Mestor
 ()
Amycus
 ()
Antinoos
 ()
Dios
 ()
Demosthea
 ()
Demnosia
 ()
Dolon
 ()
Evagoras
 ()
Echephron
 ()
Medusa
 ()
Diores
 ()
Chrysolaus
 ()
Brissonius
 ()
Aristomache
 ()
Archemachus
 ()
Chaon
 ()
Astynomus
 ()
Axion
 ()
Astyoche
 () LaomedonteStrymo
Lysithous
 () valor descoñecido
Telestas
 ()
Lysianassa
 ()
Democoon
 ()
Agathon
 () Hécuba
Antifo
 () Hécuba
Esaco
 () Alexirrhoe
Héleno
 () Hécuba
Deífobo
 () Hécuba
Creúsa
 () Hécuba
Ilíone
 () Hécuba
Idaeus
 ()
Laódice
 () Hécuba
Casandra
 () Hécuba
Polidoro
 () Hécuba
Aegeoneus
 ()
Paris
 () Hécuba
Troilo
 () Hécuba
Polixena
 () Hécuba
Lycaon
 () Laothoe
Hipónoo
 () Hécuba
Melanippus
 ()
Cebrion
 ()
Aretus
 ()
Evander
 ()
Hippodamas
 ()
Ascanius
 ()
Atas
 ()
Astygonus
 ()
Bias
 ()
Polydorus
 () Laothoe
Glaucus
 ()
Pammon
 ()
Doryclus
 ()
Chromius
 ()
Isus
 ()
Gorgythion
 () Castianeira
Polites
 () Hécuba
Hippothous
 ()
Alastor
 () Hécuba Editar o valor en Wikidata
PaisLaomedonte Editar o valor en Wikidata  e Zeuxippe
Leucippe Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntigone of Troy
Titono
Cilla
Bucolion
Aethilla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Era o fillo máis novo do rei Laomedonte e da ninfa Estrimo, filla do río Escamandro. Apolodoro di que segundo algúns a nai de Príamo era Placia, filla de Otreo; e segundo outros era Leucipe[1].

Podarces

editar

Sábese pouco de Príamo antes dos acontecementos da Guerra de Troia. Sendo aínda meniño, Heracles conquistou Troia como vinganza contra Laomedonte xa que este non quixo darlle a recompensa prometida (uns cabalos inmortais que lle regalara Zeus) se acababa cun monstro enviado por Poseidón, ó que debía sacrificar á súa filla Hesíone. Non contento con conquistar a cidade, matou a Laomedonte e a tódolos seus fillos, agás a propia Hesíone e mais o fillo máis novo, Podarces.

Heracles ofreceu a Hesíone como esposa a Telamón, rei de Salamina[2], e ofreceulle como galano de voda o que ela quixera. Hesíone pediu ó seu irmán Podarces e Heracles accedeu, aínda que baixo a forma dunha venda simbólica. Por iso Podarces cambiou o seu nome polo de Príamo, que viría a significar comprado ou o que foi vendido[3].

E como se tratara do único fillo do rei, entregoulle o reino de Troia.

Matrimonio e descendencia

editar

Príamo casou con Arisbe, filla de Mérope (rei de Percote, unha cidade da Tróade), coa que tivo un fillo, Ésaco. Este fillo herdou do seu avó a capacidade de interpretar os soños e por iso entendeu o soño de Hécuba (segunda esposa de Príamo). Esta soñou que daba a luz un tizón ardendo que logo prendía lume a toda a cidade, e Ésaco advirtiu que o fillo que ía parir, que sería Paris, provocaría a destrución da cidade, polo que aconsellou a Príamo que o matara ó nacer. Pero Príamo non lle fixo caso[4].

Tras abandonar a Arisbe, Príamo casou con Hécuba, filla de Dimante, coa que tivo dezanove fillos, entre eles Heitor, Paris, Casandra, Deífobo, Héleno, Creúsa[5], etc[6]. Pero tamén tivo numerosos fillos con diferentes concubinas ata un total de cincuenta fillos e fillas, segundo contan os mitógrafos. Os diferentes autores dan cifras e nomes diferentes[7].

Incluso, da descrición do palacio de Príamo na Ilíada (libro VI, vv. 249-255) parece deducirse que tivo 50 fillos ("No seu interior había cincuenta estancias, dispostas a continuación unhas doutras, onde os fillos de Príamo dormían xunto ás súas lexítimas esposas ...") e doce fillas ("... mentres que ó outro lado, en fronte, as súas fillas tiñan no patio doce estancias de pedra puída, dispostas a continuación unhas doutras, onde os xenros de Príamo dormían xunto ás súas venerables esposas").

Príamo na guerra de Troia

editar

Cando se produciu a Guerra de Troia, Príamo xa contaba cunha idade avanzada, polo que non participou nos combates cos aqueos. Na Ilíada podémolo ver presidindo os consellos que decidían as accións de guerra, normalmente dirixida por Héitor. Si que queda claro que non considera a Helena responsable de nada senón ós deuses:

"Ti para min non es en absoluto culpable de nada. Os culpables son os deuses, que trouxeron contra min esta guerra, causa de bágoas, cos aqueos"
Ilíada, III, 164

E, de feito, Príamo rexeitou ós embaixadores enviados por Agamenón para reclamar a devolución de Helena ó seu marido Menelao, polo que os gregos comezaron coas accións bélicas. Nos primeiros momentos da guerra, Aquiles mata a Troilo, un fillo de Príamo[8] e, noutra incursión, capturou a Licaón, outro dos fillos de Príamo[9], e matou a Méstor, outro fillo.

Durante os distintos combates da guerra, os fillos de Príamo van morrendo un tras outro, pero a verdadeira reacción tivo lugar co gallo da morte de Heitor, o seu primoxénito e fillo preferido. Aquiles non só mata a Heitor en combate singular senón que logo arrastra o seu cadáver atado ó seu carro ó redor da muralle de Troia e logo lévao ata o campamento grego onde, durante varios días, segue profanando o cadáver. Este comportamento moveu a conciencia dos deuses que, coa oposición de Hera, Poseidón e Atenea, decidiron esixir a Aquiles que entregase o corpo, para o que mandaron a Tetis a convencer ó fillo. Simultaneamente, mandou a Iris onda Príamo para que fose, el só, recoller o cadáver de Heitor no campamento grego.

Os gregos crían que os mortos só podían descansar en paz nos Campos Elisios despois de recibir digna sepultura e celebradas os rituais e libacións de rigor[10]. E Príamo desexaba darlle esa homenaxe a Heitor. Por iso tivo que humillarse e acudir, ás agachadas, ata a tenda de Aquiles para pregarlle axeonllado ante el que lle devolvese o corpo do seu fillo. Aquiles accedeu, ben por admiración á valentía demostrada por Príamo, ben polo xeneroso rescate que este lle ofreceu. Homero detalla na Ilíada[11] a composición deste rescate: dez talentos de ouro, trípodes, copas, túnicas, peplos, etc. Tamén se di que o rescate consistiu no peso de Heitor en ouro, ou a promesa de casar con Aquiles a Polixena (unha filla de Príamo), ante o que Aquiles contestaría que rexeitaba o ouro se Príamo o casaba con Polixena.

"Como non quería entregarllo ó pai para que o sepultara, por orde de Xúpiter, Príamo chegou guiado por Mercurio ata o campamento dos dánaos, recibiu o corpo a cambio de ouro e sepultouno"
Hixino, Fábula 106 [12]

Príamo puido regresar a Troia co cadáver de Heitor sen que ninguén o impedise. Para que puidesen celebrarse sen problemas as honras fúnebres, Aquiles comprometeuse a respectar unha tregua de 12 días, tempo durante o que os gregos cesarían na súa loita[13].

Tampouco puxo Príamo ningún inconveniente a que se entrasen na cidadela o Cabalo de Troia deixado polos gregos, a pesar de que tanto Casandra como Laocoonte (un sacerdote de Apolo en Troia) advertíronlle de que era unha trampa dos gregos.

 
Morte de Príamo a mans de Neoptólemo, fillo de Aquiles (ánfora ática, c. 520-510 a. C., Museo do Louvre)

A Ilíada remata coa morte e as exequias de Heitor, pero na Odisea e na Eneida se describen os feitos seguintes. Nesta última, Eneas relata a Dido os últimos momentos de Troia e a morte de Príamo da que el mesmo fora testemuña[14]. Como xa se dixo, Príamo era neste momento demasiado vello para loitar, pero aínda así quixo coller a espada para defender o palacio cando os gregos entraron nel. Hécuba impediullo e levouno a un altar de Zeus no fondo do palacio, cuberto por un loureiro sagrado, para poñerse baixo a protección dos deuses e así sobrevivir ou morrer xuntos. Non lle serviu de nada porque Neoptólemo[15], despois de matar a Polites (outro fillo de Príamo), chegou onda el, arrancouno do altar polos pelos e degolouno, deixando o seu corpo decapitado e insepulto[16]. Noutra variante do mito, Neoptólemo arrastrou a Príamo ata a tumba de Aquiles, fóra da cidade, e alí degolouno[17].

"Agora, morre. Dicindo así ante o altar, arrastrouno, tremendo e esvarando no sangue do seu fillo, coa esquerda colleu o seu cabelo, desenvaiñando coa dereita a espada brillante afundiuna no seu costado ata a empuñadura. Este foi o fin dos fados de Príamo, esta morte lle coubo en sorte"
Eneida II, 550-554

Existe unha tradición alternativa segundo a cal Neoptolemo mata a Príamo golpeándoo co corpo de Astianacte, fillo de Heitor, co que se pretendía extinguir calquera liña sucesoria de Príamo[18].

Príamo na arte

editar

Galería de arte

editar

A figura de Príamo na iconografía creada ó redor da guerra de Troia é a dun personaxe secundario, eclipsado claramente por Aquiles, Heitor, Helena ou Paris. Pero o momento en que Príamo acode a suplicar a Aquiles que lle devolva o corpo do seu fillo constitúe unha excepción polo seu dramatismo e a dignidade dos dous protagonistas. A escena aparece pintada na cerámica grega xa no século VI a. C. (pintores de Brigos e Oltos). Continuará representándose en época romana, momento en que se observa unha insistencia nos regalos que ofrece Príamo, o que suxire a submisión de Oriente ó poder de Roma.

O tema deixa practicamente de tratarse na arte ata o século XIX, cando o retoman artistas como David, Fussli ou Thorvaldsen[19].

O segundo momento no que parece que Príamo desperta o interese dos artistas é o do seu asasinato sacrílego a mans de Neoptólemo, momento que se reflicte xa na cerámica antiga e se retoma no século XVIII, con artistas como Antonio Canova. Tamén se pode atopar o momento en que Neoptólemo lanza desde o alto da muralla a Astianacte e, por veces, ámbalas escenas se representan simultaneamente.

O tesouro de Príamo

editar
 
Diadema e pendentes do Tesouro de Príamo

No transcurso das escavacións realizadas polo arqueólogo (afeccionado) Heinrich Schliemann na costa occidental de Anatolia, nas inmediacións do estreito dos Dardanelos, este atopou en 1873 un importante conxunto de obxectos de ouro e outros metais preciosos que bautizou como o Tesouro de Príamo. En realidade, o nivel de ocupación no que estaba escavando nese momento non correspondía ós restos da cidade de Troia nos tempos de Príamo, hoxe identificada como Troia VII (cara ao ano 1000 a. C.), senón á que hoxe se coñece como Troia II (entre 3000 e 2000 a. C.). Esa identificación como Tesouro de Príamo obedecía máis ben ó seu entusiasmo ó crer que localizara a cidade descrita por Homero[20]

Schliemann levouse o tesouro a Grecia sen autorización das autoridades turcas. Aínda que foi demandado por estas, mantivo o tesouro no seu poder a cambio dunha multa. Legouno ó Museo de Artes e Oficios de Berlín e de aí pasou ó Museo de Etnoloxía. Co gallo da toma de Berlín polos rusos na Segunda guerra mundial, o tesouro desapareceu, pero en 1993 sóubose que estaba depositado no Museo Pushkin de Moscova, a onde fora levado en 1945 como botín de guerra[21]. Aínda que se chegaron a manifestar dúbidas sobre a autenticidade do tesouro, hoxe en día foron desbotadas polos expertos.

  1. Grimal, s. v. Príamo.
  2. E pai de Áiax o Grande e de Teucro.
  3. Julia García Moreno, tradutora da Biblioteca mitológica na edición de Alianza Editorial e autora das notas a rodapé, explica que "Apolodoro deriva o nome de "príamai", 'comprar', segundo a etimoloxía mencionada por Tzetzes e Hixino" (nota 101 a II, 6.4, px. 134).
  4. Grimal, s. v. Ésaco. Pero segundo Eurípides na traxedia Andrómaca foi Casandra, tamén adiviña, a que fixo esta profecía, lo cual resuta imposible se se ten en conta que Casandra naceu despois de Paris.
  5. Que casaría con Eneas.
  6. Esta cifra de dezanove fillos con Hécuba é a tradicionalmente aceptada (Grimal, s. v. Hécuba; Graves, px. 677), pero Pseudo-Apolodoro, que lista tódolos nomes da descendencia de Príamo, só nomea catorce.
  7. En Apolodoro (III, 12.5) pode consultarse a listaxe completa; tamén en Hixino (Fábula 90), que dá unha lista de 55 nomes.
  8. Dise que Aquiles se namorou de Troilo pero este o rexeitou, polo que terminou matándoo.
  9. Vendeuno como escravo a un fillo de Xasón pero pronto foi liberado e regresou a Troia, onde terminou morto a mans de Aquiles.
  10. "...coa mesma esperanza entérranse os restos do defunto, esperando que atope unha vida feliz nos Campos Elisios se se observan os rituais prescritos para a ocasión. Os insepultos carecían de tal esperanza" (Carmona, px. 178).
  11. Ilíada XXIV, 228-235.
  12. Lémbrese, Xúpiter e Mercurio son as denominacións latinas de Zeus e Hermes. O xentilicio dánaos designa colectivamente ó conxunto dos reinos gregos e dos habitantes da Hélade, como tamén o de arxivos (derivado da cidade de Argos.
  13. Ilíada XXIV, 671.
  14. Virxilio: Eneida, libro II. 507-558.
  15. Designado na Eneida polo nome de "Pirro" pois, cando Tetis pretendeu evitar que Aquiles fose á guerra de Troia agochouno na corte de Licomedes, vestido como muller e baixo o nome de "Pirra".
  16. Grimal, s. v. Príamo; Pseudo-Apolodoro: Epítome V. 21.
  17. Pausanias X, 27.2: "Príamo non morreu no hogar de Herceo [sobrenome de Zeus, protector da casa] senón que, arrancado do altar, foi morto de paso por Neoptólemo, xunto ás portas da súa casa"; Graves, px. 755-756.
  18. Píxide de figuras negras, de 560-550 a. C. (Museo de Antigüidades de Berlín).
  19. Elvira Barba, px. 465.
  20. Poucos anos despois, Schliemann escavou nas ruínas de Micenas e atopou un conxunto de tumbas e diversos obxectos de ouro. Entre eles unha máscara de ouro que non dubidou e identificar como a Máscara de Agamenón, atribuíndoa ó mítico rei que conquistaría Troia. Tampouco acertou neste caso, pois terminou datándose entre 1550 y 1500 a. C., é dicir, uns 300 anos antes do tempo de Agamenón.
  21. "Aparece en Moscú el Tesoro de Troya, oculto desde la Segunda Guerra Mundial", en La Voz de Galicia 27.08.1993.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar