Primeira Intifada
A Primeira Intifada, tamén coñecida simplemente como intifada[1], foi un levantamento palestino contra a ocupación israelí dos Territorios Palestinos[2] que durou dende decembro de 1987 a 1993. O levantamento comezou no campo de refuxiados de Jabalia e estendeuse rapidamente por Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste.[3]
Ao comezo, as accións palestinas baseábanse principalmente en actos de desobediencia civil non-violentos e de resistencia[4], o que foi percibido como a primeira vez que o pobo palestino actuaba unido como nación[5]. Non houbo folgas xerais, boicots aos produtos isrelís, negativa a pagar impostos, graffitis nin barricadas, pero as manifestacións palestinas incluían o lanzamento de pedras ás Forzas de Seguridade de Israel.[6]
A violencia entre palestinos foi unha característica da Primeira Intifada, con execucións xeneralizadas de presuntos colaboradores israelís. Mentres que as Forzas israelís mataron uns 1100 palestinos, os palestinos mataron uns 165 israelís e uns 1000 palestinos, presuntos colaboradores, aínda que menos da metade tiñan un contacto probado co goberno israelí.[7]
A Segunda Intifada durou dende setembro de 2000 a 2005.
Notas
editar- ↑ "intifada". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ Lockman; Beinin (1989), p. 5.
- ↑ The Intifada - An Overview: The First Two Years Arquivado 12 de xullo de 2009 en Wayback Machine.Collaborators , One Year Al-Aqsa Intifada, Fact Sheets And Figures Arquivado 06 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Roberts; Garton Ash (2009), p. 37.
- ↑ McDowall (1989), p. 2.
- ↑ BBC: A History of Conflict
- ↑ Lockman; Beinin (1989), p. 38.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primeira Intifada |